O vindeiro xoves, 26 de agosto, rematan os roteiros literarios por Compostela
17/8/2011
En colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago

O vindeiro xoves 26 de agosto, a partir das 20:00 horas, e con saída na na Estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela, rematan os Roteiros literarios por Compostela, actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura de Santiago, aos que a cidadanía pode sumarse sen necesidade de anotarse, axudando a coñecer a Compostela literaria da man de escritoras e escritores. Será da man da escritora Inma López Silva.

O percorrido pasará pola rúa do Vilar, Catedral, Acibechería, Cervantes, Cinco Rúas, Belvís, Mazarelos e rematará na Praza da Quintana.

Máis info en:

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=223