Prezada socia:
Prezado socio:
Sabedores do hábito que algúns medios de comunicación impresa practican á hora de trasladar ao público lector o contido dunha entrevista realizada a unha escritora ou escritor que se expresa durante a mesma en lingua galega na correspondente versión traducida ao español, sen consulta nin comunicación previa desta falta de respecto á palabra e lingua propia do/a entrevistado/a, propoñemos á nosa base asociativa que esixa o mantemento da transcrición da entrevista en lingua galega cando esta fose a canle comunicativa da mesma entre o/a xornalista e o escritor ou escritora.
Informamos, asemade, que por parte da AELG será remitido en breve un escrito con esta demanda de esixencia de respecto pola comunicación en galego e contra a súa invisibilización intencionada, tanto ao Colexio de Xornalistas de Galicia como ás direccións dos diferentes medios de comunicación.
O Consello directivo da AELG