Se vostede quere mostrar a súa adhesión á reivindicación do uso público e educativo das dependencias do IES de Celanova, envíe un correo electrónico a:
indicando:
Adhesións persoais:
Adhesións de institucións
A AELG convoca os escritores e escritoras galegas á participación activa no acto que se celebrará o vindeiro sábado 9 de abril no IES de Celanova.
Non é esta a primeira actuación de compromiso conxunto da AELG coa Plataforma en defensa do Poleiro, que constituíu unha proclama unánime no libro En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro de Celanova. Mais entendemos que é preciso continuarmos manifestando o noso apoio explícito coa sociedade e mais co ensino público galego, á vista do nulo avance neste tempo que garanta que o instituto de Celanova poida continuar no mesmo lugar: o mosteiro de Celanova.
Facemos saber que a corporación municipal —coa complicidade do goberno actual da Xunta de Galiza— pretende, aducindo vagas e contraditorias xustificacións, espoliar un ben senlleiro do patrimonio de todos, representado polas dependencias do mosteiro de Celanova que acollen as aulas do instituto.
Nas instalacións deste edificio, que é un dos emblemas da historia e da cultura de Galiza, fórmase o alumnado dunha ampla área xeográfica. Mercé ao investimento continuado de fondos públicos, é exemplo da adaptación dun edificio histórico aos máis modernos usos educativos, avalados tanto en resultados académicos como en acondicionamento arquitectónico e tecnolóxico, polo que a tentativa de pór en mans privadas un edificio de titularidade pública —destinado ao mellor uso que se lle pode dar, a formación de toda a mocidade da bisbarra— é un atentado perpetrado dende as premisas neoliberais.
Agora cómpre amosarmos novamente a nosa solidariedade con esta causa, que é de todos, participando no acto que se vai celebrar o 9 de abril nas aulas do instituto, co seguinte programa:
Encontro nacional de escritores e escritoras galegos no IES de Celanova
Sábado 9 de abril, ás 12.00, no Instituto de Celanova.
Organizan: IES de Celanova / Plataforma en defensa do uso público do mosteiro de Celanova / Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Programa:
12.00 Biblioteca:
12.45 Percorrido guiado polas dependencias do instituto.
13.15 Claustro do Poleiro:
13.30 Recitado de poesía galega, diante da entrada do instituto, perante o busto de Celso Emilio Ferreiro, a cargo de escritores e escritoras participantes no acto.