Pode descargar aquí o programa en .pdf
Está aberto o prazo de matrícula para as I Xornadas de Literatura e Ensino, organizadas pola AELG e que terán lugar os días 18 e 19 de novembro de 2011 no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás) co lema “A literatura galega nas aulas. Os camiños do entusiasmo”. A asistencia é libre. Para o colectivo docente non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación por 10 horas, e a matrícula é preferente para socios/as da AELG e da AS-PG (por orde de inscrición). Para as persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación resérvanse o 25% das prazas. A matrícula, gratuíta, debe facerse desde hoxe até o 15 de novembro de 2011 exclusivamente a través da web: http://www.as-pg.com/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=332 Anexamos o programa. Obxectivos previstos: Contidos: 18 DE NOVEMBRO 16:30 Conferencia inaugural: Que vén sendo iso de ensinar literatura? Instrucións de uso para docentes nos biosbardos, por Xosé Miranda. 17:30 Mesa redonda: A literatura galega nas aulas do século XXI: estratexias de sedución Participan: Coordina: Mercedes Queixas Zas 19:00 Presentación do Espazo didáctico virtual da AELG, por Mercedes Queixas Zas 19 DE NOVEMBRO 10:30 Mesa redonda: A literatura infantil e xuvenil en Galicia: tópicos, prexuízos e puntos de fuga Participan: Coordina: Armando Requeixo 12:00-12:30: Pausa-café 12:30 Mesa redonda: Itinerarios lectores durante a adolescencia: criterios de selección Participan: Coordina: Marcos Sánchez Calveiro 16:30 Mesa redonda: Os “irmáns pequenos” no universo da aula: a poesía, o teatro e a literatura de tradición oral Participan: Coordina: Carlos Negro 18:00 Mesa redonda: A escola e as outras literaturas: álbum ilustrado, novela gráfica e banda deseñada Participan: Coordina: Francisco Castro