Arrinca a temporada das Polafías
11/5/2010
Cos patrocinios da Consellaría de Cultura e Turismo e das Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo.

 A Aelg, a través da súa sección de Literatura de Tradición Oral e coa coordinación de Antonio Reigosa, comeza neste mes de maio a temporada de polafías na vila de Ponteceso o vindeiro venres 21, ás 20.30, na Fundación Eduardo Pondal.

O día seguinte, sábado 22, terá lugar outra en Mesía, ás 21.00, na Praza do Concello (haberá carpa).

Durante 2010 organizaranse un total de seis polafías. Mantéñase informada/o nas sección "Actividades" da web da AELG.