Votación final para os Premios da Crítica
13/4/2009

A reunión da Sección de Crítica será o luns 13 de abril ás 11:00 na sala 103 da facultade de Filoloxía da USC (Burgo das Nacións).
Amais da asemblea de membros, levarase a cabo o debate e a votación para os Premios de narrativa e poesía galegas 2008 da AECL. Daranse a coñecer os correos co voto dos que residen fóra de Galicia.
O resultado será comunicado á prensa en Galicia, e levado a Santander, onde se ditaminarán todos os premios da AECL o sábado 18 de abril.
A COMISIÓN XESTORA