Nas seguintes ligazóns, que son complementarias, pódese consultar obras editadas no 2008:
http://gl.www.mcu.es/libro/CE/AgenciaISBN/BBDDLibros/Sobre.html (Axencia do ISBN -só mostra aquelas obras que as editoriais comunicaron ao ISBN)
http://www.editoresgalegos.org/gl/editoriais (Recensión da maioría das editoras, con indicación de cadansúa páxina web)
http://www.editoresgalegos.org/gl/biblioteca/downloadAsset/id/7 (Número de maio de 2008 da revista Novas de libros, editada pola Asociación Galega de Editores)
http://www.editoresgalegos.org/gl/biblioteca/downloadAsset/id/8 (Número de decembro de 2008 da revista Novas de libros, editada pola Asociación Galega de Editores)
http://catalogo.bne.es/uhtbin/webcat (Buscador de títulos no catálogo da Biblioteca Nacional de España)
http://www.culturagalega.org/lg3/lg3_resultados_prdccn_ano.php?ano=2008 (Catálogo do Soportal da Literatura Galega do Consello da Cultura que contén 294 obras editadas no 2008)
Mecánica de participación.
Fase 1: Proposta de candidatos/as
As socias e socios da Aelg están convocados para que antes do vindeiro 15 DE MARZO nos remitan unha única proposta por categoría (non é preciso facer propostas en todas) para a mellor obra de literatura infanto-xuvenil, poética, narrativa, teatral, ensaística e de tradución publicada en 2008, así como a persoa coa mellor traxectoria de xornalismo cultural e mais o mellor blog literario do ano pasado aos seguintes contactos (sempre indicando o/a remitente):
AELG. Avenida de Alfonso Molina, s/n, Edif. Sindicatos, 8º andar
15.008 - A Coruña
oficina@aelg.org
Fax: 981 133 233
Convócase tamén os socios/as de Gálix na categoría de Literatura infanto-xuvenil, os colexiados/as do Colexio de Xornalistas de Galicia no caso do premio á Mellor Traxectoria de Xornalismo Cultural.
Co conxunto das propostas elaborarase a listaxe de finalistas, que se fará pública o día 17 DE MARZO na web da Aelg, do Colexio de Xornalistas e na de Gálix, así como a través dos medios de comunicación, abríndose ese mesmo día a segunda fase do proceso de elección.
Fase 2: Elección de gañadoras/es
Votación por Correo Postal:
Aos socios/as que non teñan enderezo electrónico a 16 de marzo enviaráselles por correo postal un cartón de votación, que cumprimentará e enviará de volta á oficina da Aelg. As persoas que se encontren neste caso quedarán automaticamente excluídas do censo para a votación vía web. Contabilizaranse os votos recibidos antes do 5 DE MAIO.
Votación vía Internet:
Os socios/as que conten con enderezo electrónico na base de datos da Aelg, recibirán no mesmo unha mensaxe que remitirá a un formulario de votación. A votación por este medio rematará o 5 DE MAIO.
Levantarase acta do conxunto de votos recibidos en presenza dun notario.
O fallo darase a coñecer no marco da Cea das Letras, que terá lugar o día 9 de maio no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela, e materializaranse nunha pluma estilográfica e nunha peza escultórica da creadora Ana Pillado.