Queremos Galego: 18 de outubro, 12:00, Alameda de Santiago de Compostela
2/10/2009
QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

A Aelg sumouse a esta plataforma e convida os seus Socios/as a participar da manifestación do vindeiro 18 de outubro.

Máis información en:

http://queremosgalego.org/