Prezada/o Socia/o,
A Asociación de Altas Capacidades de Galicia vén de facer público o fallo do seu Premio Alta Capacidade Galega 2009, que recaeu nas persoas de D. Ángel Carracedo Álvarez e D. Avelino Pousa Antelo.
O acto terá lugar o sábado 10 de outubro, ás 12h, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago (Campus Sur), e contará coa actuación musical de Emilio Cao e con presentación do Profesor Jorge Mira.
Prégase confirmar asistencia en
altacapacidadegz@gmail.com, 661 952 917
Desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega animámosvos a acudir a este acto de homenaxe ao noso querido Socio Avelino.
O Consello Directivo da Aelg.