AELG lamenta a perda de Ramiro Fonte
14/10/2008

COMUNICADO DA AELG NO PASAMENTO DE RAMIRO FONTE

 

 

 

(A Coruña, 13 outubro 2008).- A Asociación de Escritores en Lingua Galega lamenta profundamente a grande perda do escritor Ramiro Fonte Crespo, valor indiscutíbel na Literatura Galega actual, cuxa obra pasará sen dúbida a ser considerada un fito literario da cultura contemporánea.

 

A AELG desexa anunciar tamén a súa vontade de promover unha homenaxe nacional ao escritor de Pontedeume, coa intención de recoñecer publicamente os seus incalculábeis valores humanos e literarios.