A Aelg pide o inventariado e catalogación do patrimonio documental do IGI
23/1/2008
A Aelg pide o inventariado e catalogación do patrimonio documental do IGI, para a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural

A AELG PIDE O INVENTARIADO E CATALOGACIÓN DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DO INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN

 

 

 

 

(A Coruña, 22 xaneiro 2008).- A Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg) pide á administración competente o inventariado e catalogación do patrimonio documental do Instituto Galego de Información, para a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural.

 

A declaración como Ben de Interese Cultural do rico patrimonio documental depositado no seu día no Laboratorio de Formas, suporía a salvagarda, garante e preserva do ideario fundacional dun proxecto nacional, testemuña dun tempo histórico de cuxas fontes se alimentan moitos proxectos actuais, no que se implicaron Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, os nosos exiliados e os traballadores da cultura da nosa emigración.