En breve verá a luz "Uxío Novoneyra: a emoción da terra", un volume que acada as 200 páxinas. Coordinado por Henrique Rabuñal e Cesáreo Sánchez Iglesias, conta con estudos de Bernardino Graña, Manuel Rico Verea, Antón Patiño, Antonia López, Armando Requeixo , Emilio Araúxo, Emilio Ínsua, Francisco Sampedro, Pilar García Negro, Teresa Seara, Xulio Cobas e Xulio López Valcárcel.
O monográfico recolle as colaboracións literarias dos seguintes socios e socias da Aelg: Alberte Momán, Andrés Pociña, Antón Cortizas, Baldo Ramos, David Otero, Francisco Álvarez-Koki, Francisco Brives, Francisco Castro, Henrique Rabuñal, Isidro Novo, Lino Braxe, Lois Diéguez, Lourdes Maceiras, Lucía Novas, Marilar Aleixandre, Olga Patiño, Rafa Villar, Ramón Caride, Raúl Gómez Pato, Román Raña, Rosa Enríquez, Rosa Méndez, Vicente Piñeiro, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Lama, Xavier Queipo, Xavier Seoane, Xoán Neira, Xosé Carlos Domínguez Alberte, Xosé Leira López, Xosé Luís Martínez Pereiro, Xosé Vázquez Pintor e Yolanda López.
Asimesmo, achéganos abundante material gráfico, cuxa cesión a Aelg agradece enormemente á familia do poeta.