IDADES: Entre 16 e 30 anos. PRAZO ENVÍO SOLICITUDES: Ata o 13 de xullo
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2007.
A solicitude dos/das participantes deberá facerse no impreso normalizado, e entregarase tamén a documentación xeral que se explicitan nas bases, así como, a documentación específica de cada modalidade. Para o ENVÍO DE SOLICITUDES o Prazo é ata o 13 de xullo, incluído.
Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade, establecendose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, audiovisual, Banda deseñada, graffiti, carteis, artes do movemento e composición para banda de música):
* Un primeiro premio de 3.000 euros
* Un segundo premio de 1.500 euros
* Un terceiro premio de 1.000 euros
Con carácter xeral, poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden calidade bastante. Así mesmo, poderanse conceder mencións de honra que carecerán de dotación económica, ás obras dos/as participantes menores de idade para os efectos de recoñecemento da súa participación.
Nas seguintes ligazóns está detallada toda a información: