A Asociación de Escritores en Lingua Galega ten en marcha un programa mediante o que os seus socios/as dispoñen dunha achega da Asociación de 60€ ao ano por socio/a, para axudar a pagar os gastos nos conceptos de Asesoría Fiscal (isto inclúe a declaración da renda) e Xurídica (neste caso na que conste que o servizo requirido ten que ver coa vosa condición de escritores/as)
Para gozardes desta axuda, deberedes enviarnos a factura para que, a fin de ano, vos liquidemos os custes de asesoría até ese máximo de 60€ e vola devolvamos.
O prazo para a recepción das facturas (orixinais) remata o próximo 15 de outubro.