Descrición da foto
21 de marzo de 2025
Intervención de Ana López no recital poético Cerimonia de gaivotas por Palestina.
Fernando Barbeyto Nistal
abe destacar a obra homónima do poeta danés de orixe palestino Yahya Hassam que está a ler Ana Lopez.
Yahya Hassam é un poeta do desarraigo a que se viu sometida a poboación palestina.
Yahya Hassam tivo unha vida dificil en Dinamarca, foi crítico coa xeración dos seus pais que os acusaba de non querer integrase na vida danesa, e cos daneses polo rexeitamento que recibía, todo iso levouno a ter problemas coa xustiza e a unha estancia nun sanatorio psiquiatrico.
Triunfou universalmente moi novo aos 19 anos, e morreu aos 24 na súa casa en circunstancias pouco claras.
Tras o seu éxito os daneses presentábano como un poeta danés, ao que el respondía con sorna:
- Ah, agora son danés!
A autora decidiu escoller este escritor porque a situación dos primeiros refuxiados en Europa ten consecuencias persoais e colectivas pouco coñecidas. Yahya Hassam é unha testemuña desa situación.