Centro de Documentación da AELG
Ortigas da memoria: a contemplación, o silencio
Valcárcel, Xulio L.
Autores/as relacionados/as:

ORTIGAS DA MEMORIA:A CONTEMPLACION,O SILENCIO.

Sen,apenas efusións sentimentais, e desde un estado de contemplación neutro, Cesáreo Sánchez fainos entrega dunha colla de poemas que baixo un título suxerente,"Ortigas da memoria", - porque a memoria tamén escoce desprega diante nosa a observación da natureza esencial que o rodea, as preguntas nunca respondidas.A morte e a inmortalidade, a inocencia e a súa perda, a vontade salvadora da poesía, atopan acollida en versos moi breves pero carregados de fondo significado.

Xa desde o principio o tema da morte e o seu oponente, comeza a tomar forma no poemario.A forza simbólica de referencias simplemente nomeadas abonda para expresar as dúbidas e as inquedanzas do poeta.0 sol e a lúa, arquetípicos, aparecen unidos como representación da totalidade, que equivale ao supremo ben na detención do tempo, unha totalidade que une día e noite, o activo e o pasivo, e que conduce, por tanto, á inmortalidade, ao "ovo de arxila" que conxuga,a plenitude e a dureza para representar esta perfecta duración do tempo pleno e detido.

Mais para que se produza a liberación da oscuridade será precisa a inmolación da mesma luz, o seu sacrificio, só desa maneira será posible que suceda á morte da sombra, do sen luz, sempre efímero na concepción do poeta, un novo ciclo, un renacer que enche á terra e aos homes dunha nova esperanza, dunha feraz primavera, eliminado xa o inverno, a sombra, como anuncia o merlo. (Poema XII)

A inmolación, necesaria para acadar a liberación, é un referente común en moitas mitoloxías, cando o individuo é ofrecido en sacrificio para salvar a colectividade, para recuperar a luz dos territorios da sombra. (Poema IX,LVII)

Inmolación que existe nos tránsitos circulares da natureza, nos combates entre o imperio da luz e a forza das sombras, entre a vida e a morte, que á súa vez contén no seu seo, na nódoa da súa destrucción a vida, novamente. "Espantallo amado nos combates máxicos para expulsar a morte" Por tanto a natureza como ser vivo, paradigmático, é depositaria dun sentir que se amosa a quen se para a escoitar e o sabe percebir.0 ser humano relaciónase coela nos feitos cíclicos e con diversos ritos tenta determinar ese sentir e acontecer.

A natureza permanece á marxe do ser humano. Sente, prespira déixase acompañar dos seres humanos, pero alenta coa ropia harmonía, palpita cos propios latexos.

A resposta ao desexo natura de pervivencia, de integración neses ciclos, acádase, por unha banda, no amor, ou sexa, a través da entrega ao outro:
"0 sol e a lúa.Os teus ollos /A inmortalidade".

O sol e a lúa son ollos dese outro que se configura como totalidade; na unión con ese ser tamén nós participamos,
aínda que sexa en pequena escala, da permanencia do Universo.

Pero a vía do amor non e a dominante en ""Ortigas da memoria".Outra, quizais non moi distinta, xorde como posible
garante desa permanencia tras a morte.E a poesía, cabal manifestación do poeta, que permanecerá na medida en que as palabras pervivan.O libro cobra entón unha dimensión metapoética na que se unen a natureza, a poesía e o home Sue contempla.Na busca desa permanencia, o poeta expresa o mais esencial e inmutable coas palabras móis sinxelas e firmes do idioma.Acaso os versos non aseguren nadat,pero a súa esperanza é suficiente para quen enfrenta as cuestions móis difíceis, a propia loita contra o fin, desde a serenidade:"Area son as minas palabras /escritas para ser amadas / polo mar".

A serenidade do poeta, a calma da palabra que nunca se perde, a pesar de todas as inquedanzas, é un dos motivos claves de "Ortigas da memoria".Pois todas as angustias e zozobras vense refreadas na quietude contemplativa do ser que se deixa envolver pola paisaxe e que só despois plantexa as súas coitas.Mesmo ás veces non hai móis que pura contemplación da natureza, dos elementos móis permanentes e afastados do devir humano e das suas pegadas.Nese mirar sinxelo xorde a esperanza e ilusión no futuro, sempre a traves dunha expresión xusta, precisa na súa brevidade, que chega a lembrar, como ten observado Anxo Tarrio, aos haiku xaponeses.Pensemos, por exemplo, en Basho, ou en Riokan1 que se deteñen ante acontecimentos mínimos, ou ante o ritmo das estacións e dos astros e a penas ousan a expresar o seu asombro móis que en tres versos, o haiku, a forma zen por excelencia, que deixou de ser un xogo da sociedade burguesa para se convertir no exercicio máis prestixioso da poesía xaponesa.O haiku final dá sempre esa impresión de vacio de onde xorde de súbito o acontecimento.Na súa brevidade o pouco di moito, o fundamental, daí esa aparente tenuidade e sinxeleza que busca ata o extremo a medida da subtileza escondida,secreta.

Cesáreo Sánchez busca esa sinxeleza para revelar o profundo da natureza e do ser, fuxindo da intelectualización e da abstracción.Os poemas son concretos, a materia está presente .0 básico, o primario, o elemental, amosa o sentido de tantas cousas... Nesa contemplación, nesa relación coa paisaxe vital, o poeta descobre harmonías ocultas, a esperanza dun intre gue se ve como mencer e que ofrece un futuro limpo ante os OllOS.

Un elemento clave que configura a brevidade, pero ao mesmo tempo a sensación de plenitude no poema, e a sintaxe, dunha enorme simplicidade, que reduce a expresión á concreción máxima.Cesáreo Sanchez, trata de recoller a esencia da idea, nun lóstrego,convertido en imaxe fixa: "lenta a nuven / murcha á lúa, á praia, ás gaivotas". En ocasións os poemas violentan a sintaxe ata convertírense en enigmas que se ofrecen ao lector, lector necesariamente activo, participativo, que haberá de reconstruir o poema facéndoo seu, incorporándoo ao seu propio ámbito de sensacións e de desexos, diríamos, á súa mitoloxia persoal.Os temas roáis urxentes e profundos están presentes cargando de tensión as palabras na procura da pervivencia ou nas dúbidas do ser ante a nada.

Noutras ocasións, en troques, o poeta logra remansar os versos nun intre de paz fixado, igualmente, en escasísimas palabras.Coido que é nestes casos onde os poemas se achegan mais aos haiku xaponeses, cunha permanencia do tempo, da acción mínima nunha mínima paisaxe, de íntimo ritmo e sentido profundo: "Urxente azul:A mar / Propicio ser para lúa máis branca. / Luz que virá nas estrelas que virán".Contención expresva, emparentada como xa se ten sinalado, coa vivencia mística e coa expresión aforística.

0 eu poético está ausente, ou por mellor dicir,,oculto, concentrado na contemplación do espacio, na frase mínima que o poida expresar precisa e poeticamente.A imaxe convértese en protagonista e o poeta é somente a testemuña do acontecer duns elementos que forman parte da natureza na que se integra:o sol1 a lúa, o mar a nube, a praia, o vento..., certezas antigas e inmutables que contemplamos desde a orixe dos tempos.A mesma contemplación tamén se converte, á sua vez, en tema, a visión que só permite dicir as palabras esenciais, nun xeito de regreso da linguaxe a zonas limítrofes co silencio.Revelación da paisaxe e das íntimas preocupacións do ser humano.

XULIO VALCARCEL