Centro de Documentación da AELG
Aínda máis
Vázquez Pintor, Xosé
Autores/as relacionados/as:
Fonte: A Nosa Terra

     Tiña a intención de lles contar hoxe a historia do Tardepiaches e do Nuncacheghou, dous dos monicreques badocos que aínda animan as nosas furias no espectáculo do AAldraxe a Galiza A a bordo da morte do Prestige. Sexa, a súa aterraxe á cidade con-vencida de A Coruña ( a quen tanto quero e soñei ), a  derradeira viaxe á nosa Terramar. Aznar-Cascos, tanto me dá, non dan para un conto siquera ruín. O do bico inmóbile e o lercho viñeron para ofender, aínda máis.  E María Pita non está, nin Pepa A Loba, nin Rosalía ( lede unha e cen mil veces A A xustiza pola man A, lembrade os versos na voz de Maruxa Villanueva ). ( Acordemos nelas de vez !. Non, non están. Pero si en  nosoutras/os, na memoria e nos corazóns dos Voluntarios/as que chegan de lonxe contra a Maré. Eis os votos das mulleres e dos homes libres que nos queren vivos. Non son os cus dos cagharrosiños  deputados  galegos dos governos ( ) ? ) que sentan en Madrid e Santiago a relamber os ataques de inxuria e de desprezo deses A elementos A que arromban nas cadeiras de veludo da Capital ( esa Moncloa cova-refuxio ) para alzaren esta carnada de afrentas polo Mar Neghro Neghro. Veño de escoitar os telexornais das públicas e os de nós, tan diferentes de afecto e de verdade ( gracias Telecinco ). Angels Barceló, no directo desde a beiramar, avísanos que acaba  en Arcade o tempo da asemblea das Cofrarías Mariñeiras de Pontevedra para decidiren a confianza na empresa pública encargada da limpeza: TRAGSA. Os mariñeiros bravichos e insubornabeis das Cofrarías de Cangas, O Grove e A Pobra do Caramiñal dicen NON á farsa coas A ca-ghalletas A das praias, á limpeza con intermediarios da rapiña, cos voraces da usura, cos avóitres. Abonda (Non hai neghosio!@. Despídese Angels desde o peirao e paso a ler o titular que ofende cara ao ghómito, desde Bruxeles: correspondente/día 12 decembro 2002: A Madrid impide á Xunta acudir de oínte ao Consello de Pesca da UE A. Trouso, clamo, grito, vexo a noite pecha e vou. Cabo da Ría, enfronte a Vigo, aínda os ecos dos apupos e a malleira nos corpos dos feridos na alma pola presencia de Manuel Fraga, o relambido De Mesa e  a recua morosa e faltriqueira do Prestige. A (Arrincade esta morte neghra, librade o barco dunha puta veees !@. Quixen oír.