Centro de Documentación da AELG
Banzados - Aquí aínda hai homes que desvisten as sobreiras
Vázquez Pintor, Xosé

Aquí aínda hai homes que desvisten as sobreiras
e esfolan as maus no corredor de moitas noites
que non cesan de cadrar a mentira e a espera

Aquí aínda hai mulleres que zurcen todo o río
antigo da consolación e aman a esperanza
cos andares fermosos da mañá de xaneiro

toda friaxe e nova luz que conta as horas antes
sen despois posible á reflexión por tanta perda