Centro de Documentación da AELG
Rotación violeta - .....houbo un tempo de miserable silencio
Vázquez Pintor, Xosé
.....houbo un tempo de miserable silencio
que adoraba as espadas:
nel nacín e foi tanto en serio o paso da infancia
que non souben do amor máis cá do instinto.
E nesto ameite na ausencia, lexitimando os espacios
ocultos, os lugares secos que espantan as raposas.
Era de día e de noite cando vareaba o corpo
contra a mística para non ser testemuña do meu sexo,
dos primeiros centímetros
que medraban na marabillosa distancia da mau
coma un prodixio de ave.
Daquela pechei os ollos e navegamos acaso
tantas noites de consumo que mareleei da febre
e a pouco vou cos tísicos
na fervenza dos desaucios: limpo o corazón e a morte
incauta e prematura.
Pero dei en regresar para que hoxe poidas á fin
facerma e que cha faga
A VIAXE INTEMPORAL QUE SUMA VIDA