III. O MUNDO DOS GRANDES = OUTRA LIMITACIÓN PRA OS NENOS
A visión que Balbino ten dos grandes é negativa e crítica. Os nenos, ven a decir, pelexan e arrabúñanse, pero de seguida voltan a ser amigos. Pero os grandes métense nas súas pelexas, "fan de xueces e soscan a quen cadra e como cadra, sin averiguacións. As nosas mans son pequenas e non magóan... Se adeprendesen dos nenos non irían à guerra. Na guerra màtanse uns aos outros sin saber as mais das veces polo qué... Semella un xogo. Pero un xogo con sangue e morte. E despóis falan de educar ós rapaces"...
Deixando de lado o tema da guerra -Neira pensa sin dúbida na guerra de 1936-, ao criticar a postura dos maores Balbino pón ao descuberto o problema da educación dos nenos nas aldeias. "Nós vimos ó mundo cunha alforxa de perguntas". Pero os maores fan calar aos nenos, non se queren comprometer coeles e arrédanos con estrucia. "Calamos. Porque é perigroso non calar a tempo. E calquera día, en calquer logar, facémoslle a pergunta a calquera. O que debían decirnos nosos pais dínolo un alleo. Un alleo que tal vez nos guíe mal. E irà levedando a nosa vida con fermento de fora, emprestado "Os grandes esquecéronse de cando eles eran pequenos".
É defecto xeral -indica oxe- a pouca preocupación dos pais polos problemas dos nenos. Falta confianza, falta contacto verdadeiro, falta... un montón de cousas. Pero no agro o problema e mór pola incultura e pola necesidade da axuda dos nenos nos traballos. Cando xa se pode ter de pe, o neno labrego vai pra o monte co gando, vai sachar os eidos, ...convírtese nunha màquina ,mais de sacar cartiños da terra, ou pan. Faise home moi a presa, sin deixar de ser neno. Esíxeselle coma home e tràtase coma neno. E como os pais se fixeron maores así, tratan igoal aos fillos. Non hai agarimo, non hai intimidade. "Nunca souberon meus pais o que eu sofro hastra polas cousas mais cativas... Non saben que me doi que sexamos probes. Non por min que penso gañar moito cando medre, senón por eles". O neno fíxase en todo, e sabe se os pais se levan ben, se "à mamai lle senta mal a broa, pero non podemos mercar pantrigo"... "Eu calo, engrúñome, pero esas cousas chéganme ó corazón"...
E, sobre todo, doille "ter que amostrar cara de risa ó señor, coma se non abondase con darlle a mitade do que collemos". A pobreza non é cousa boa, pero a escravitude, o asoballamento por culpa dun anaco de pan... Ter que facerlle boa cara a quen os asoballa e a quen exerce sobreles a màis forte represión, a quen os explota... Por eso Balbino, que é tamén un rapaz que se fai home apresa, cavila na forma de "maldizoar a pobreza" e reconoce que tal vez o "que acontecéu despóis (a pedrada e as suas consecuencias), cuase sin pensar, fose madurecendo paseniñamente dentro de min, logo daquelas cavilaciós" sobre a probeza, a diferencia de castes, a explotación de que eran obxeto, a represión feudal, a inxusticia...
A preocupación de Balbino por ser grande ten como raiz todos estes fautores. Quere ser grande pra arranxar as cousas. Pero é neno e sinte a limitación do tempo que ten que pasar; e sinte que os maores non fagan nada pola súa reivindicación.
iii) Pra os grandes é tamén a posibilidade da emigración. Os nenos non poden marchar pra as Américas a gañar cartos pra matar a probeza. É unha limitación màis desde o punto de vista dos nenos. ¡A EMIGRACIÓN!. A Balbino ofréceselle como unha solución. Quería que o seu irmàn se fora e ir el cando fose grande. iMaldita solución a da emigración!. Neira Vilas, emigrante el, expón as duas teorías màis comúns sobre o tema. O pai de Balbino defende a postura positiva e o padrino a negativa. Un en favor e o outro en contra.
O pai pensa que emigrar, ir a América, é a solución do problema do agro galego. Pero dà razóns moi probes: "Pode ún chegar a rico se ten cachola e sabe aforrar un peso". "Veñen dalà con diñeiro e botan por ela mercando casas e de canto hai". "Se a xente non marchase, aquí non se cabería".
Por contra o padriño de Balbino -que estivo en América e refrexa o verdadeiro pensamento de Neira Vilas- ten unha visión negativa da emigración. Pensa que non é solución algunha. E dà razóns de peso: "Primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando, as màis das veces, por perdelo todo". E eso de voltar ricos é un conto, pois moitos màis son "os que non poden voltar, e pra morrer probe màis vale pechar os ollos onde ún nacéu" (non é cita textual). Logo arremete contra os que voltan dando risa e noxo "co seu falar, a cadeíña de ouro darredor do bandullo, e un coche que queren meter polas corredoiras". E oxe dà noxo e risa ver os nosos emigrantes, os que fan as américa sen Alemania, Francia, Suiza..., vir presumindo do seu falar francés ou alemàn (dos que conocen soio unhas poucas palabras pra asombrar aos que quedaron na súa casa) e lucindo coches de fantesía nas nosas estradas -de desenrolo. Son os "ananos" de oxe.
Outra razón do padriño de Balbino: "Traballan màis da conta... O que traballan de màis os emigrantes axuda a medrar ós outros. E embrutéceos a eles, que coidan ter chegado ao mundo pra turrar día e noite dun xugo... Aquí escoitaban o bombo en calquera souto e deixaban todo pra irse à troula, e alí traballan arreo, sin saber moitas veces nin cando é domingo. Eu paseino. Con igoal esforzo houberan estado millor na propia terra. E vivirían no seu sin botarse a perder". Neira fala da emigración a América, pero outro tanto acontece na emigración actual a Europa. Càntos emigrantes de oxe, se lles ofreceran o mesmo traballo -fregar platos todo o día e outros oficios baixos- aquí e gañando o mesmo aceptarían ese traballo?.
Pero o màis malo é que sexa a xente nova a que emigra. "Ogallá se tratase dunha tolemia de vellos, porque os vellos dan perda, pero vaise a xente que traballa e o país està cheo de vellos e nenos". A man de obra de Galicia aprovéitana outros, porque a emigración fana os novos. E o màis malo é que despóis volve de vellos, cando xa non poden dar rendimento ao país, ao seu país. Dà pena ver oxe as aldeias galegas cheas soio de vellos e nenos. ¿Cómo se vai a desenrolar o país se soio temos vellos e nenos que non poden traballar?
¿Que se a xente non marchase non se cabería?. -"A xente ben cabe... O país està sin explotar. Se da noite pra a mañán non deixaran sair a ninguén, faríamos unha revolución que é o que compre, e todos viviríamos como se merece, sin andar esmiñatando en terras alleas". É decir, a emigración é unha forma moi poderosa de represión. Mentras a xente pense en emigrar, non pensara en revolucións, nin can que lle ladre.
É curioso que Neira sintetice aquí as duas etapas do pensamento de outro noso ilustre emigrante respeito à emigración. Refírome a Celso Emilio Ferreiro, quen en 1959, infruido polas "falaces versiós que en col da emigración se facían a cotío, coidaba que alén do mar nas Américas, latexaba o corazón dunha Galicia viva, activa e ceibe, dona dunha baril concencia de pobo en marcha. ¿Qué millor que incorporarse a esa Galicia do ésodo, na que un galego libre, sin estorbos nin coaciós, podería vencellarse às tarefas de recobrar a patria'?" (Nota ao poema Carta a Fuco Buxán en Autoescolla poética. Edic. Razâo Actual. Porto, 1972, p. 139). Desa data é o poema "Carta a Fuco Buxàn" que resume a súa, teoría, e que termina:
Mentras o tempo da patria non chega,
mentras non pase o tempo que denigra,
deixa ise escuro afàn que te atafega,
Fuco Buxàn, ¡emigra!.
No ano 1966, levado pola súa propia teoría, convértese en emigrante. É precisamente entón cando, según propia confesión, reconoce o seu error: "a pretendida Galicia da diàspora non existía" (loc. cit. p. L40). Naturalmente desde entón non soio non comparte e refuga a súa trabucada teoría, senón que sostén a contraria: "os pobos, cando teñen concencia de sí mesmos, non emigran; enfréntanse barilmente coa adeversidà e véncena colectivamente. Non foi un chiste o que Castelao quixo facer, cando ,dixo que "a protesta dos galegos é a emigración", senón un amargo e dorido reproche" (loc. cit. p. 140).
Así no ano 1968, no poema "A xeito de S. O. S.", incluido no libro "Viaxe ao país dos ananos", exclama:
Pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia".
................................
"Nunca virà de fora
remedio ou espranza".
Ahí está a verdade. De fora non virá nunca a solución dos problemas galgos. O sinxelo feito de que uns emigrantes veñan con uns miles de marcos ou francos pra mercar un piso na vila ou nas cibdades, fuxindo do pobo e da aldea, ou poñan unha taberna, non é remedio. Veñen cando xa deixaron fora o mellor da vida e do seu rendemento, e resultan inútiles pra o desenrolo social e económico de Galicia. Non ten xeito. E eso sin meternos coa política bancaria de explotación dos aforros dos emigrantes galegos sabe Deus onde.
IV. O MUNDO DOS NENOS
Despóis do tema da emigración, exposto breve pero intensamente, Neira coida que é necesario darlle un respiro ao leitor e métese no mundo dos nenos. A sensibilidade, as ilusións, o amor aos animàis, o sentimentalismo infantil. E de paso aproveita pra tratar do tema da amistade dende a perspectiva do neno. Balbino fala de Pachín, o seu can, coma dun amigo, do único amigo hastra que en vi trabe amistade co Lelo.
En todo caso estamos nunha etapa do libro que ven ser de remanso e descanso.
iv) Na misma liña sigue a descripción da romaría coa obxetivación propia dun neno que, ademàis, vea dende a fiestra. O tema do "Rebusque" sería moi importants pra un anàlisis da psicoloxía infantil, sobor de todo, pola refundición que Neira fai do conto da leiteira, coa caixa misteriosa no canto da barrena do leite. Pero non nos imos deter neso.
V. A ENSINANZA NAS ALDEIAS LABREGAS
O capítulo detense màis nese sentimento que Balbino escomenza a sentir por Eladia, a mestra, sentimento normal na evolución psico-biolóxica do neno. É importante constatar a mestría de Neira en describir a través de todo o libro o mundo infantil, en xeral, e do neno labrego en particular. Pero realmente grave é a denuncia do estado lamentable do ensino nas aldeias galegas. Neira Vilas enfoca o problema desde distintos ángulos de denuncia.
O primeiro é o do ensino a paus. "A letra con sangue entra" era o lema do primeiro mestre de Balbino. "Explicaba pouco e soscaba arreo. Qué maneira de mallar e turrarnos das orellas. Claro que este era un mal xeral do ensino en España e inda o sigue sendo en algúns sitios, pero agravado no campo pola idea preconcebida da mala ralea do labrego.
Outro problema: "Van poucos rapaces. As veces non vai ninguén. 'Con que adeprendan a poñer o seu nome, pra fozar na terra abóndalle' dí a xente". Os nenos labregos iban pouco à escola, é certo; pero ¿podían ir?. Si desde os cinco anos se lles esixe ir pra o monte co gando e facer outras labores do campo ¿cómo pode extrañar que non fosen à escola?.
Afortunadamente oxe a cousa vai cambiando, pero tan paseniñamente que sigue sendo problema; un problema agravado pola falta de escolas, e mala distribución delas e a mal feita concentración escolar que se quere levar a cabo. Pero hai outra razón màis importante: Non ían à escola "porque non entendían o falar de don Alfonso: Dísque viñera de Andalucía... E1 tampouco entendía a nosa fala..." Ese si que é un problema: un mestre que non entende aos alumnos e que fala outro dialecto desconocido para e1es. iProbe lingua galega!. E probes galegos que temos que aguantar este conflicto psicolóxico represivo. ¿Qué fan os mestres andaluces ou castelans en Galicia? Por qué todolos cargos administrativos, educacionàis e... teñen que estar en mans de alleos,de xente que nin xiquera nos entende nin fai por entendernos acndo falamos?. ¿Cando chegaremos a poder ensinar en galego? Os por-qués podíanse multiplicar ao infindo. Qué razón tina o Xudío das Memorias: "Se non entende vàiase pra o seu país. Nós non imos trocar a lingua". E se en todas as aldeas e pobos galegos seguiran o exemplo que propón Neira, pronto as cousas se trocarían: "Firmaron xuntos un papel que non sei a onde mandaron, pedindo que levasen da aldeia a don Alfonso. E denantes de que pasara un mes xa se fora". Mandaron entón unha mestra nova que "falaba galego con-nosco". Pero non todos os mestres son así nin todos falan galego cos rapaces. Por disgracia son màis os que, inda sendo galegos, falan o castelàn e esíxenlle que o falen hastra no recreo!.
E pra qué falar do outro problema que apunta Neira, é decir, o dos talentos que se perden por culpa da probeza: "Pra estudar na vila hai que ter cartos, e meus pais son probes". Por eso, Balbino, que era listo, quedóu sin estudar. ¿Càntos Balbinos hai nas nosas aldeias galegas, que teñen que quedar sin estudar por falla de recursos e de axuda!
v) Na estrutura temàtica sinalabamos o capítulo do "Fumazo" (tradición e folklore), como subtema do tema do ensino; pero, pódese ún perguntar, ¿Qué relación gardan entre sí os dous temas?. En principio, pouca, pois tràtase dunha descripción folklórica; pero si se profundiza, sí a ten en canto é unha forma de adeprender os nosos costumes, tradicións e lendas. O pai cóntalle a Balbino todas as tradicións do día de San Xoàn, ao voltar pra a casa despóis do "Fumazo". É o ensino do màis íntimo da nosa tradición e da nosa cultura popular. Coido que este é o pensamento de Neira ao colocalo despóis do tema do ensino. Aos nenos, ven a decir, hai que lles ensinar as tradicións, a nosa cultura popular pra que non se perda e pra que se empapen nela. Desde este punto de vista o capítulo é moi importante.
VI. O TEMA DA MORTE. O VELORIO
O tema da morte é un tema tan "vital" que non podía faltar unha mostra da realidade da aldeia. As cavilacións de Balbino sobor da morte escomenzan polo feito da morte do seu padriño. Aparecen así tódolos "tópicos,, sobor do tema.
'Balbino atópase ollando pra o río e lémbrase dos versos de Jorge Manrique: "Os ríos van dar ao mar, e da mesma maneira, con igoal presa, nós alancamos cara à morte". Logo olla pra a xente que traballa no campo e pensa que non lles afecta a morte do seu padriño, que a vida sigue. Un pensamento moi sartriano, existencialista.
Despóis das cavilacións sobor da morte métese coa descripción do velorio de día e do velorio de noite. É costume dos pobos galegos axudar aos do morto: "A morte é coma un vencello cordial. Diante dela sentímonos coma hirmaos". Os veciños fan e desfan: "Entran, saen, cociñan, acomodan o gando". Pero ao fin non lles afecta a morte do alleo: "De camiño remexen, saben o que temos e o que non temos, e despóis laretan pola aldeia adiante".
O día do velorio faise largo: "Tódalas horas do día... eran igoales, horas de "Padrenuestros" chorosos, de xente amiga que nos viña a dar o "pésame", coas maos entalecidas e o cansanzo da labra no rosto. Eran futuros cadavres. "Oxe por mín e mañàn por tí", como dí o outro".
O tópico -que non por ser tópico deixa de ser certo- da incertidume da morte: "A morte non avisa, nin escolle. Quen caia caeu, e abur". Neira mezcla cos costumes da aldeia nos casos de defunción os pensamentos trascendentes de Balbino que se ve parte do "eiquí" pra pensar no "aló". Por eso non falta a denuncia do velorio sin xeito e sin sentimento auténtico, sobor de todo, o velorio da noite. "Pouco a pouco foron vindo cuase todos pra cociñq. Primeiro comeron e beberon a embute, e alí se quedaron, sentados darredor da artesa, cos cóbados sobre a tampa. Hagía mozos e mozas que se beliscaban con desemulo. Alguén sacóu unha baraxa e comenzaron a xogar de a tres e catro parellas, a canta cousa hai. Cando se fartaron da xogueta déulles por contar contos. Ríanse a cachón. Eran os mesmos que bagoxaban e rezaban pola tarde. Eu non entendo as caras do mundo".
É a realidade. ¿Qué màis podemos decir?. Soio destacar a mestría de Neira pra combinala coas cavilacións do Balbino sobre a morte con todas as matizacións esenciàis ao tema.
vi) A amistade. É un subtema nas Memorias non porque non sexa importante senón porque Neira enlaza coel a través dunha situación de perigro de morte. Balbino traba amistade co Lelo percisamente cando éste o salva de morrer afogado.
A concepción da amistade està posta en boca do padriño de Balbino coa técnica da lembranza funcional. "Un amigo é o millor que hai neste mundo, si é de certo". "Val màis ter amigos ca ter cartos". "O amigo dache todo e non quere nada; e morre por tí se compre morrer".
Balbino lémbrase das verbas do padriño e dase conta de que el non ten amigos. Mellor, non os tiña hastra que ocurríu o do río. A técnica é funcional. Soio cando se propón tratar do tensa da amistade pensa primeiro nas verbas do padrino, denantes de contar cómo se fixo con un amigo de certo.
Pero, unha vez comenzado o tema, vai moi lonxe e pensa nas relacións cos pais: "porque os da casa poden ou non ser amigos dun. Ser nai ou pai non ten que ver con ser amigo, penso eu. Disque don Leopoldo é amigo dos seus fillos, e falan a eito de canto hai. Pero na aldeia non se usa. Son costumes da vila".
Na aldeia os pais "non ten tempo" pra cultivar a amistade cos fillos. Pero desto xa falamos denantes e as causas estan ben claras.
VII. SACRISTÁN
O tema ten relación coa relixión e os costumes da Irexa, en tanto que Balbino desenrola un traballo dentro dela. É un empleado da Irexa. Pero o fundamento do capítulo quizàis non sexa iso. anque tamén é importante, nin tampouco a nova alusión ao tema da diferencia de castes ao falar de Manolito e do Pepe das Chouzas senón o tema da ilusión de Balbino que sinte que vài chegandoa a grande porque ten un empleo e gana unhos cartiños, e ten un traxe novo. Non oustante sigue sendo tratado coma neno e na casa péganlle por gastar os dous pesos que lle deron os curas nun enterro.
O oficio de sacristàn dalle bon pé pra obxetivar sobre os costumes dos curas, sobor de todo, nos enterros: as comilones que fan... E tamén pode cavilar sobre os Santos con unha visión crítico-obxetiva e sincera. "Matinaba no San Roque que mellor estaría con un médico poñéndolle unturas ca lambéndolle a frida un cadelo; e dàbame non sei qué ver dacabalo o Santiago Apóstol moi ben vestido, chouzando mouros. Eso non està ben nun santo, penso eu. Cando menos podía baixar do faco e pelexar coeles de home a home". As biografías dos Santos e as lendas en torno a eles son tan... pouco fiables e estan tan mal pensadas que en vez de exaltalos, as màis das veces rebàixanos. Hastra un neno se pode dar conta.
A crítica à relixión -à forma externa da relixión- é moi dura, anque nunca vai contra a doutrina ou contra o dogma, e dela non se salvan nin os curas nin os santos -sobor de todo a representación externa, imaxinería, lendas, etc.-. Así alcanza as representacións de tradicións e as biografías sacras moi mal arranxadas. O tema relaciónase, pois, co II e tamén co VI ao falar do enterro e ao rematar o capítulo cos cabosdano, onde se volta a lembrar a morte, lembranza que enlaza o VII co vii que ten Corro tema as cavilacións sobre a morte e a vida, a través da conversa de Balbino co enterrador.
vii) O tema da morte, tratado xa no VI e no VII volta aquí, como cavilacións sobre os efectos dela, primeiro, e despóis como o pensamento horaciano do "non omnis moriar", motivo do xuramento de Balbino.
En primeiro lugar, Balbino fala co enterrador a quen lle pergunta de súpeto "Qué é a morte?". Pero a pergunta é tal que o enterrador soio pode falar dos efectos da morte. Pero logo filosofa sobre a relación vida-morte, sobre o morrer e non morrer de todo. Soio os que na vida fan algo importante pra que os vivos lembren deles non morren de todo. Mentras exista a fonte todos se lembraràn de quén a fixo e dalgunha maneira seguirà vido.
Balbino fai, entón, un xuramento: "Xurei pra mín que cando chegue a grande faréi cousas de valemento, pra que non morra todo cando morra"... "Cumpriréi o xuramento". E Balbino quixo cumplir xa enseguida o seu xuramento, pero elexíu o camiño màis difícil: o de traballar pola xusticia, que é a cousa de máis valemento que podía intentar, pero a màis chamada tamén a fracasar. A rebelión pola xusticia trai consigo as màis das veces o "ser perseguido pola xusticia".
VIII. A REBELION DOS PROBES
Desto xa falamos denantes, e pouco imos engadir. Balbino arreponse ao fillo de "señor" e guíndalle unha pedrada que o deixa tumbado, anque sabe que "os probes de cote perdemos. A xusticia non està da nosa banda". E coma se non quixese a cousa: "O cura decíanos na doutrina, que se nos dan unha labazada na fazula esquerda debemos cometer coa dereita; mais paréceme que non està ben. Algún día hai que arrepoñerse". Ven ser o mesmo que di o Catecismo do Labrego, obra que de seguro ten en conta Neira: Ao falar da sexta petición do "Padre Nuestro" -Non-os deixes cair na tentación-, contesta à pergunta de "¿Qué pedides coeso?". -"Que Deus nos teña da súa mau e que nos cate ben, porque tanto mallan en nós e tales cousas nos fan, e tan amoladiños andamos, que si nos deixamos levar polo xenio e caimos nunha mala tentación, o día que menos se pense non quedan nin os ratos na alcaldía".
Balbino deixóuse levar polo xenio e caíu na mala tentación de pedir xusticia, de arreporse ao "fillo do señor", a un xeito de cousas coas que non estaba dacordo -ao voltar do traballo sentía "cansanzo, sede, anguria de ver que a vida non é igoal pra tódolos rapaces"- e rebelóuse pola súa conta, soio, anque encirrado polos da outra caste. Tivo que fuxir. Despóis de guindarlle a pedrada a Manolito, nin xiquera se sinte revolucionario ou rebelde, senón que se sinte coma un "criminoso". Pensa que matóu a Manolito. Soña coel, coida que ao lado del el dà noxo: "màis noxo aínda porque agora camiñaba dentro de min un asasino"... "Tiven ganas de irme. Fuxir pra onde non me coñecese nadia. E tamén desexéi morrer"... "Erguía as maos e rezaba. Nunca me gostara rezar e facíao agora pedindo por Manolito. O que son as cousas!".
Balbino, atolondrado pola idea de que matara a Manolito, non sabe calibrar o alcance do seu feito, da pedrada; síntese coma un "asasino" e non coma un rebelde ou revolucionario. Soio cando se decata de que polo seu feito van a botar aos seus pais dos bés e que terían "que ir polas portas do mundo", amàis de apandar co que custase curar a Manolito; soio cando recibe a tunda do pai diante dos "fuciños do señor", pra estar a ben coel e non os botara; soio entón comprende o sentido do seu feito e convírteo en rebelión cando, despóis de ter caído varias veces polos fungueirazos do pai dinte do señor, "aínda tiven folgos pra correr a onde estaba aquel lobo chamado 'señor' e cuspirlle na cara. Despóis fixen o propio co meu pai". Agora sí que é un rebelde, un revolucionario que lle cuspe ao "señor" por "lobo" e ao seu pai por escravo. Nese momento é cando Balbino comprende verdadeiramente a súa condición de escravo, porque ve no seu pai ese rebaixamento de escravitude, unha escravitude à que se ven sometendo desde sabe Deus cando o probe labrador galego. Rebélase e cúspelle na cara a un por lobo asoballador e ao outro por escravo do asoballador, por deixarse asoballar. Por eso, despóis de recobrado o conocemento -a tunda que lle deu o seu pai diante do señor foi tan grande que o deixóu sin conocemento- sinte que "xa non me doía o corpo senón a alma. Doíame que o señor levase a mitade do que collemos, e enriba, amàis de pagarmos as curas de Manolito, ter que castigarme diante dos seus fuciños pra andar ben coel".
Pero a rebelión de Balbino sirve de pouco -serà esto o sino do probe labrador galego?-. Termina por convertirse en fuxida -"argallei a fuxida pra aquela mesma noite"-. E a fuxida en nova servidume: "Veño servir. Se hai quen me queira", dille a, sua irmà, despóis da fuxida.
viii) A servidume é o destino de Balbino, quen, por arreporñe, tivo que fuxir, pra cair noutra servidume. "Se ben se pensa todos somos criados. Todos menos os que son amos. Hai xente de duas castes: a que manda e a que é manda e a que é mandada".
Balbino pertenece por nacemento à segunda, por eso o seu destino é "ser mandado". ¿Non lle quedarà outro camiño ao probe abrador galego?. A vida de Balbino onde Landeiro, seu novo amo,é millor -hastra lle trai libros-, pero non deixa de ser un criado. ¿Cando serà o probe labrego galego capaz de arreporse de xeito que rache a barreira que divide en castes e deixe de pertencer à caste da xente que é mandada?.
XOSÉ LAXE
Madrid