Centro de Documentación da AELG
Memorias dun Neno Labrego, análisis e interpretación, 1/2
xullo de 1975
Xosé Laxe
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Grial

MEMORIAS DUN NENO GALEGO: ANÀLISIS E INTERPRETACIÓN

"No corazón de Balbino latexa sempre Galícia", dí a adicatoria persoal de Neira Vilas no exemplar. das MEMORIAS DUN NENO LABREGO que eu teño. E moi ben. podíamos decir que "no corazón de Neira latexa. sempre Galicia". Coido que é a mellor presentación de un home que non percisa ser presentado. Decir que nacéu en Grés en 1928, que en 1948 emigróu a Buenos Aires, que en 1957 fundóu alí "Follas novas, mostra permanente do livro galego", ou. que en 1960 escribíu o seu primeiro libro -"Dende lonxe"- e no ano seguinte as Memorias dun neno labrego, ou despóis publicóu  outros non menos importantes està dabondo. Pero decir que Neira Vilas, despóis de moitos anos trasterrado, escribe unha prosa galega enxebre, coma se sempre vivise en Galicia, si que é importante e dí moito no seu favor.
 
Imos, pois, a meternos nese mundo galego de Neira a través das pàxinas das  Memorias dun neno labrego. E, pra mellor escomenzar, é xusto  non esquecernos de canto sobre él se tén ditó xa e doutros datos de interés.

Según as noticias dadas por X Alonso Montero, -confirmadas pola nosa investigación en canto nos foi posible- o libro ten xa cinco edicións; a primeira en Buenos Aires (Edic.-:Follas=-.Novas, 1961) as outras catro en Sada-Coruña (Edicións do Castro, 1968, 69, 71-72) As Memorias foron traducidas ao castelán polo propió autor; ao chino -dende o castelán- por Jan-Chen-Jao en 1966; ao ruso por Oleg Ostrovsky, en 1968 (Traballo de doutorado); ao checo por Miloslav Pluhar, en 1968.

No campo dos estudios non tivo tanta fortuna. Alonso Montero dá noticia de unhas pàxinas adicadas na tesina inédita de María do Camiño Noya Campos: Nova narrativa galega, xunio, 1968. Tamén sinala a semblanza de V. Luis Molinari  no seu libro " Latitud Finisterre", Buenos Aires, 1961; e o derradeiro traballo coonocido é Relato y teoria social de una novela de NeiraVilas, de Concha Castroviejo en "CHAN", Madrid, nº 8, Xunio, 1969. Tamén dá noticia Alonso Montero de catro traballos "saídos de grupos mozos" que eu non conozo i el non cita. Se lle engadimos o prólogo do propio Alonso Montero à 2ª edición a as tres reseñas ás distintas edicións mailas oito de Buenos Aires eí se acaba todo, que non é moito desde logo dada a importancia e o valor da libro:

 

ESTRUTURA DAS "MEMORIAS DUN NENO  LABREGO": TÉCNICA NARRATIVA 

Durante os derradeiros tempos estase producindo na narraitva mundial unha verdadeira revolución formal que atinxe á estrutura das obras. Nótase na derradeira narrativa o predominio dee técnicas hastra agora inexistentes ou, pouco desenvoltas. E todas elas mostran os cambios de posición do narrador frente ao mundo que crea. Antre estas técnicas està a "narración en primeira persoa", "o monólogo interior" e as "narracións obxetivas" (1).

No século pasado a narrativa era analítica e andaba dominada polo autor, pola "superioridade" do autor. Esta "superioridade" é a que se creba nas derradeiras décadas, porque se desfan os modos naturais da relación antre narrador-narración-leitor-mundo. Dase, entón, un claro proceso de obxetivación que ten como màis extremado representante a escola de Alain Robbe-Grillet que dà toda a autonomía aos obxetos, suprimindo toda psicoloxía.

A narrativa, pois, xa non "comenta" nin "explica", senon que "mostra", "presenta" e "costrúe". (A idea non é nova, porque Ortega nas suas Ideas sobre la novela -1925- sinalóu xa este proceso de obxetivación). Neste xénero de cousas, Sartre pretendía chegar a crear unha novela na que o leitor non fose xamàis dirixido polo autor.

As principàis técnicas de obxetivación, como xa deixamos dito, son "os relatos en primeira persoa", o "monólogo interior" e "as narracións obxetivas". Agora ben, é evidente que no fondo de todas estas técnicas e desta revolución formal e estrutural està o modelo joyceano do "Ulyses".

Pois ben, nesta liña de novas formas -de novo realismo temos que colocar a Neira Vilas. A visión do mundo das Memorias é a do propio autor, quen, ao afrontar o problema da obxetivación desa visión resólvese polo empleo da forma do "diario", das Memorias. Deste xeito, manexa a perspectiva do "narrador-protagonista-observador" descartando a do "narrador-sabeotodo". Se Neira quería mostrar unha realidade en distintas facetas, é lóxico que elixira un "EU" que conte a súa existencia, a súa experencia e o seu papel dentro desa realidade, pechada, neste caso, -a aldeia-. E, se quere obxetivar, a elección dun neno como narrador- protagonista-observador é un acerto de feito porque relatarà os acontecementos e mostrarà os acontecementos desde cerca, pero tamén desde a obxetivación propia do que nonos entende e polo tanto "mostra" sin "comentar". Con este "narrador-protagonista-observador" logra unha "estrutura persoal" e polo mismo relàtanse os feitos sin màis. Ademàis ten outra ventaxa: o autor pode seleccionar cun sentido funcional os feitos da narración e praticar cortes temporais e espaciais na secuencia. Non fai falta a linalidade cronolóxica representativa da novelística decimonónica, senon que a técnica narrativa adoptada por Neira Vilas permítelle presentar cadros distintos e representativos da realidade rural galega.

Un caso concreto -o màis claro quizàis- de distorsión temporal témolo no cuarto capítulo -O loito-. Comenza a secuencia referíndose à morte do tío do Balbino: "Meu tío Braulio morréu de disgracia...". Pero enseguida se dí: "Pasaron xa tres anos e inda se fala del con moita aquela". Sigue o relato e na pàxina seguinte comenza Balbino a lembrarse do tío denantes de contar a súa morte esmagado por un carro. A narración sigue ca descripción do entroido. Pra o autor era esencial mostrarnos o costume do loito e das esaxeracións a que leva moitas veces, sobor de todo nas aldeias; pero ten que aludir à causa do loito do protagonista-narrador e, entón, aproveita as posibilidades da técnica "narrador-protagonista-observador" pra mostrar (sin comentar) a absurda actuaciòn da xusticia, velando o cadavre e facéndolle a autopsia pra saber de qué morrera, anque ben se sabía que morrera esmagado polo carro: "Se hastra tiña o cabezote do eixo espetado na barriga!".

Tràtase de relacións breves pero intensas, co que podemos afirmar que o tratamento do tempo nas Memorias é un aspecto màis da "actitude narrativa" que vai moi ligada à da "anticipación".

Falando en términos de linguaxe, a gràfica das Memorias podémola fixar antre os pólos do "cambio" e da "estrutura" (2). O "cambio" enrola as categorías do "proceso" e da "fala", da "diacronía"; a "estrutura", as do "sistema" e a "lingua", da "sincronía". A intersección de todas as categorías é a "palabra", que liga a "diacronía" coa "sincronía", a "fala" coa "língua" a través do "discurso" e o "proceso" co "sistema" a través do "evento" e o "evento" co "discurso" entre sí. É decir:

 

Nestes términos, a estrutura das Memorias é idéntica a todo o que as precede na existencia. Esas preexistencias estruturais son distintas: unha lingua anterior aos persoaxes e ao relato que revela a natureza inmóvile dunha sociedade arcaica, anacrónica e marxinada: o feudalismo galego. O "sistema" e a "lingua" informan sobre a persistencia dos estados do "sistema". No pólo oposto, o do "cambio", a "fala" cobra un xeito revolucionario, oponendo dramàticamente mundos e personaxes: o mundo do labrego, probe, e o do dono, rico; o Balbino e o Manolito. Deste modo leva a un proceso dinàmico: a acción do relato con técnica de friso donde se atopan labradas as estampas da realidade rural.

A técnica de friso (eminentemente brechtiana e épica é un acerto narrativo dentro do marco social, e da realidade rural galega. As estampas sucédense con xeito dende o "Eu son..." hastra o "Destino" que remata o libro en progresivo adentramento na realidade rural desde a perspectiva do neno-narrador. Son 16 cadros que forman un todo. E non é soio o protagonista-narradorobservador o que lle dà unidade, senón a niesma realidade social e vital. As 16 estampas hai que recorrelas ao xeito en que se pasan as follas dun album de fotos ou se ollan os paneis dun friso histórico.

Esta técnica épico-brechtiana convírtese, entón, en ritual do proceso no que a "diacronía" apenas si conta porque a sociedade é pechada e sincrónica en xeral. Así o mundo das Memorias é un mundo ritual no màis profundo sentido que Levi-Strauss dà ao termo: o rito entre mundo estótico e mundo dinàmico, antre donos das fincas e caseiros ou criados. Pero, si ao principio do relato se trata dun rito de iniciación coa "mostración" de dous mundos, duas clases sociais, duas castes de xentes e duas línguas (o Manolito fala en castelàn), ao final, convírtese en rito de xusticia e rebelión, pola significativa "pedrada" que Balbino lle guindóu ao fillo do amo.

 Pero o xogo da xusticia é un xogo inútil -"os probes de cote perdemos: A xusticia non està da nosa banda"- (pàx., 119) ; e a rebelión convírtese en fuxida -"...collín un cantazo e guindeillo con moita forza... Tan ben lle afitei que Manolito caeu rebaldado sin dar chío... Eu boteime a correr"- (p. 121). Nin xiquera alcontra continuidade nin axuda: à tía de Balbino, a quen el se acolle, soio se lle ocurre escramar amedrentada: "Ai Nosa Señora nos valla!"; os da aldeia ollàbano ao voltar éla "con mal carís"; e o pai dalle unha somanta diante do señor. Sin embargo, a rebelión leva a Balbino a cuspirlle na cara ao señor e ao seu pai que se rebaixa como escravo castigàndoo diante do señor pra contentalo. A Balbino xa non lle doía o corpo "doíame que o señor levase a mitade do que collemos, e enriba, amais de pagarmos as curas de Manolito, ter que castigarme diante dos seus fuciños pra andar ben coel" (p. 124).

A rebelión de Balbino fracasóu por falta de complicidade e continuidade, pero el anque a fuxida significaba soio cambiar de servidume -non había outra saída na sociedade feudal galega- fuxe da casa, manifestando a súa disconformidade coa sociedade feudal e sendo consecuente coa revolución escomenzada. Vai a parar a casa do Landeiro: "O que son as cousas... Todo por haberlle afitado coa pedra a Manolito. Por haberme arreposto unha vez" (126). Pero Balbino, se ben cumplíu coa súa parte -"Vin a parar à casa do Landeiro porque quixen. Certo é que algo empurróume Manolito e a pedra que lle guindéi, e meus pais, pero na derradeira nacéu de mín a idea de fuxir, e trouxéronme as miñas pernas"-, reconoce e xustifica o fracaso: "Noutra daríame vergoña andar a servir. Oxe, non. Se ben se pensa todos somos criados de todos, menos os amos. Hai xente de duas castes: a que manda e a que é mandada" (128).

A xusticia nunca se pon de parte dos probes, dos marxinados e asoballados labregos galegos. É un feito histórico. E a revolución social dos labregos, namentras non sexa organizada e con miras a evolución, sempre deixa as cousas peor do que estaban, se esto for posible: O señor non botóu aos pais do Balbino, pero subíulles a renda da casa e puxo como condición que Balbino non voltase à aldeia.

 

COMPOSICION TEMATICA E VISION DO MUNDO

Oito grandes temas e oito subtemas compón a estrutura temàtica das Memorias:

I.     CONCIENCIA DE CLASE. Doble realidade:a da aldeia e a da vila; o Balbino e o Manolito, fillo do dono das fincas que traballan os pais do Balbino.
        i) Mostra da conciencia de clases: A somanta que recibe Balbino por culpa do Manolito.

II.    A RELIXIÓN NAS ALDEIAS LABREGAS: A procesión  e o Xudío.
        ii) A relixión e os costumes: o loito e o entroido.

II.  O MUNDO Dos GRANDES. Unha limitación pra os nenos.
        iii). A emigración. Pra os grandes.

IV.  O MUNDO DOS NENOS. O can.
        iv)  As ilusións do neno. Romaría e rebusque.

V.  A ENSINANZA NAS ALDEIAS.
        v) A amistade. O Lelo.

VI.  A MORTE E O VELORIO. Trascendencia e costume
        vi) Tradieión e folklore. O Fumazo.

VII.  A MADUREZ DO NENO LABREGO. O primeiro empleo. Sacristàn,
         vii) O futuro. Xuramento de ser algo e alguén.

VIII. A REBELIÓN SOCIAL DOS PROBES. A Pedrada.
         viii) O destino do que se rebela.

Todolos temas relaciónanse antre sí por medio do factor "realidade social do pobo labrego en Galicia", e os subtemas relaciónanse cos temas dunha maneira directa, pero non necesariamente de dependencia, por culpa da discontinuidade temporal, un elemento esencial da técnica narrativa e da estrutura das Memorias,

 

I. CONCIENCIA DE CLASE

"Eu son... BALBINO. Un rapaz da aldeia, un ninguén. E ademàis probe. Porque da aldeia tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa...". Fríos, calores, traballos, erguerse cedo, probeza... "Qué saben desto os nenos da vila!".

Balbino é un rapaz e tropeza con unhas barreiras sociàis que lle impiden percurar a súa felicidade de neno. Olla a realidade dende a fiestra da conciencia social. Sabe que existen castes de homes e que na sociedade rural galega son duas: a caste dos que mandan, dos "donos" e a caste da "xente mandada". Dende estes supostos, olla a realidade e o mundo pechado da aldeia corro mostra do mundo galego en xeral.

Dentro da mesma comunidade en que vive Balbino hai duas castes: a caste do Manolito e a caste do Balbino; a caste dos donos e a caste dos caseiros. Pero fora dela existe tamén a realidade clasista e feudal: os da aldeia e os da vila; os que teñen como sinal a probeza (Catecismo do Labrego, 10ª edic. pàx. 6) e a dos que comen "pantrigo" e beben "leite con café"; a dos que se erguen antes ca o sol e a dos que despóis; a caste dos marxinados e oprimidos, é a caste dos "ananos", que diría Celso Emilio Ferreiro.

Que Galicia foi -e inda é- unha sociedade feudal en que a caste da xente mandada era moita màis que a caste dos donos, non é unha novedade. Pero o que era unha auténtica novedade en 1961 nas aldeias era o que existise conciencia de clase. Balbino tena, e olla a realidade dende o suposto de asoballado e oprimido, denunciando o asoballamento e opresión: "A aldeia é unha mestura de lama e fume, onde os cas oubean e a xente morre cando está de Deus como dí a madriña"... "Nascín e criéime na aldeia, pero agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo". A realidade é ésa, pero o acerto de Neira Vilas é sabela ver con ollos dun neno; un neno que é consciente de que a sociedade lle nega cousas que outros nenos teñen polo sinxelo feito de ser fillos do dono; un neno, ao cabo, que é consciente de que pertence à caste dos probes, dos labregos, dos caseiros; un neno que comprende que "os rapaces (da aldeia) somos tristes. Enredamos,  corremos tras dos foguetes e hastra rimos, pero somos tristes. Temos a probeza e os trafegos da terra aniñados nos    ollos ".

Sendo a sociedade galega eminentemente rural, este é o tipo do rapaz galego, do rapaz do agro galego. E ser labrego en Galicia é ser un "home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que mandan, ser a quen fan levar a cédula coma as persoas pra tratalo como aos cas, que leva faltriqueira por fantasía, boca na cara por bulra, que anda darrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que à somellanza dos burros de arrieiro que levan o viño e beben a auga, percuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven a ser considerado polos seus somellantes coma un ninguén que a todo chamar chàmanlle "Xan paisano".. "Unha caste de boi posto de pé, unha màquina de sacar cartiños à terra" (Catecismo do Labrego, p. 3).

O neno labrego ten que ser triste por necesidade, porque ten pechados todolos camiños como caste de probes e como nenos: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo"; un entendemento que non soio é de neno na edade dos porqués, senon de neno labrego, probe, marxinado que non pode entender a diferencia de castes.

i) A experiencia desa diferencia de castes faise vivencia no corpo do Balbino moi cedo: Escàpase da casa porque "na víspera dérame meu pai unha somanta por lle enfurruscar a cara con feluxe ao neno do señor. Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se ten que erguer cedo pra levar o gando a pacer. Meu pai non quixo saber o que o Manolito me fixera denantes a min, "é o fillo do señor e abonda".

Non entendo tomo Concha Castroviejo, no estudio denantes citado, pode soster que este pasaxe da tunda que o pai lle dà a Balbino por arreporse ao fillo do señor, non xurde real e naturalmente da urdime de cousas amasadas -opinión que parece compartir tamén X. Alonso Montero, según o prólogo-. Coido que é un feito clave nas Memorias. Abonda botar unha ollada à estrutura temàtica pra comprobar que concorda estruturalmente co penúltimo capítulo en que Balbino lle asenta unha pedrada ao Manolito, recibindo a correspondente somanta de parte de seu pai, e fuxe da casa. A obxeción de Concha Castroviejo é posible e previsible desde o momento en que califica a figura de Manolito de "realidade maniquea", calificación coa que tampouco poido estar dacordo. Todo nas Memorias cai dentro da realidade rural, e todo o que vivise esta realidade ten que reconocelo así. Eu vivina e poido afirmar que a figura de Manolito està sacada desa realidade. As diferencias de clase son evidentes: hai nenos "senoritos" que presumen e síntense superiores aos nenos labregos. E, por contra, sempre teñen razón, sempre teñen a ¿xusticia? de súa parte. iCàntas somantas recibimos os nenos labregos por culpa dos "señoritos"!.

Pero, voltando às Memorias, o episodio cai dentro da realidade e da lóxica estrutural. No segundo capítulo reponse a Manolito e recibe unha tunda de parte do seu pai, quen nin xiquera "quixo saber o que Manolito me fixera a min". "É o neno do senor e abonda". Inda que non teña razón, non importa. Hai que estar a ben co señor que nos come o noso sudor. E a escravitude do probe labrego que ten que traballar pra outros. Por eso Balbino fuxe da casa: "Meu pai soscàbame sin ter por qué e eu querialle demostrar que non teño medo. Por eso fuxía". E xa entón teimaba "irse pra lonxe" dando unha razón de peso: "Non queria aturar a Manolito".

Pero inda hai outra razón que xustifica este episodio ao comenzo das Memorias: Balbino, escondido antre o millo, e sabendo que o andaban buscando, fai unha promesa: "Fixen a promesa de fuxir pra sempre da casa, se meu pai me voltaba a soscar". E no penúltimo episodio, Balbino guíndalle unha pedrada a Manolito porque éste se metía coel; o pai dalle unha tunda "diante dos fuciños do señor pra andar a ben coel" e Balbino fuxe da casa e da aldeia. Estruturalmente os dous feitos correspóndense con unha relación de dependencia, pois o primeiro explica o segundo. Non alcontramos, pois, xustificación algunha para a ouxeción de Concha Castroviejo, toda vez que, tanto en canto a esa estrutura como en canto a "validez" a tunda do segundo capítulo ests dabondo xustificada e responde a unha realidade dentro da sociedade rural galega. É màis, o feito dalle validez ao soño de Balbino ao voltar à casa: "Soñéi con Manolito (o fillo do señor) e con meu pai. Os dous andaban a enredar un co outro e o señor adivertíase. Entramentras, eu choraba. Choraba e ninguén facía caso de min".

Se o pai lle pegaba sin xiquera saber se tiña razón polo sinxelo feito de ser Manolito o fillo do señor, é lóxico que o subconscente de Balbino se rebele pensando que o pai quere màis ao fillo do señor, e que esto se refrexe no soño. E1 non podía comprender as razóns do pai, e moito menos imaxinar a qué grado ten que chegar a humillación dos probes caseiros diante do señor. E esto era unha realidade na infancia de Neira Vilas, e en 1961, data en que aparecéu o libro, e oxe, se me apuran, anque en menor proporción, pois o labrego, anque probe, vai tomando conciencia da sua dignidade. Non cabe, pois, dubidar da "validez" (é moi difícil falar de verdades en Literatura) do episodio. É unha mostra da conciencia de clases que ten Balbino, e ten validez estrutural, temàtica e real.

 

II. A RELIXIÓN NAS ALDEIAS GALEGAS

Non fai falta ningún tratado teolóxico pra dar razón da relixión do pobo humilde e probe. Dentro da técnica épico-brechtiana de friso abonda con algúns datos, sin necesidade de buscarlle unha explicación. E Neira Vilas que nunca quere dar unha explicación, dà os datos dende os ollos dun neno, pra que sexan máis obxetivos. Así, Balbino describe a procesión desde a súa obxetividade de neno: A crus, o pendón e o estandarte que abren todas as procesións; despois os santos, o cura, as vellas pasando as doas do rosario; os rapaces que corren detràs da canabela dosfoguetes; as campàs; a nai que lle decía "Reza e mira prós santos". Unha procesión, ao fin, como todas as das aldeias, mesturanza de devoción e de superstición, de piedade e de festa. Por eso Neira xurde a primeira crítica coma quen non quere a cousa, desde a inocencia e a sinceridade de Balbino: "A Virxe do Carme ten un arco moi locido que lle regalóu Mosteiro dende Cuba. O Xudío tiña dito que o indiano faría millor dando eses cartos aos probes da parroquia ou mercando libros para a escola". Todo o que perteza ao pobo sinxelo sabe destes feitos de piedade equivocada ou falseada, según de quen veñan. Enumeralos non ten xeito e buscarlle as razóns levaríanos a un terreno moi perigroso. Abonda, pois, co dito, coido eu.

A segunda crítica chega enseguida, cando Balbino se escapa da procesión e vai parar à casa do Xudío: "Viñas roubar pexegos?" pergúntalle éste. "Non, señor, que a mín tenme dito que roubar é pecado"... "E qué sentiches na procesión?". -"Pensaba nos foguetes"... "Pois velai tés: a xente que vai rezando tampouco atende ao que fai".

A relixión, ven a decir, é unha bulra a Deus tal como se practica, e rezar é tomo falar con Deus. "E se Deus é como dín, xa debe estar arranxando un inferno pra todolos que lle fan bulra desa maneira". Por falar desas cousas é polo que lle chaman xudío; pero el inda vai mais lonxe: "Cadaquén deulle a súa alma a gardar ao cura, e o cura non fai mais que estragarlla. Ninguén pensa pola súa conta. Pensar é pecado. Pedir xusticia, verdadeira xusticia, é pecado. E tamén é pecado ter ideas (propias) ou andar pola propia conta à percura da verdade". Sin comentarios. Oxe aos que piden xusticia, aos que pensan ou tenen ideas chàananlle comunistas. Cambia o nome pero non a condena.

A crítica à relixión que Neira fai non é unha crítica doutrinal, senón xeràrquica e clerical. Non se mete co dogma nin coa doutrina, senón co aparato externo da Eirexa e os curas. Por eso reconoce as excepcións: "Non todos son así. O cura de Ribàn esplícalle aos rapaces algo de catecismo. Algo, porque senón xa o arcebispo o tiña mandado sementar fabas. Pero tamén lles fai adeprender xeografía, historia, costumes das xentes doutros tempos e doutros países. E ademàis dilles cómo plantar bacelos, cal é o mellor tempo pra enxertar, e outras cousas..." Ven ser o modelo do que debería ser o cura de aldeia. A cultura non està pelexada coa relixión, e primeiro é comer ca filosofar. A relixión é pra homes, e un home é un complexo de moitas circunstancias e fautores. Teoría e pràtica. Ao fin, caridade. E a millor caridade pra cos probes labregos, pra os marxinados, é traballar pola xusticia e ensinarlles a traballar pra vivir millor, darlles o pan material e o pan da cultura pra que vexan mais aló da aldeia e poidan reclamar a súa dinidade. Facelos homes denantes que cristianos e non lles comer o que con tanto traballiño sacan da terra.

Pero o dominio, o feudalismo dos cregos é tan grande nas aldeias galegas, que se eles tachan a ún de Xudío (ou comunista) queda sinalado coma se tivera a peste ou a lepra... E todo porque, ao millor, dicen catro verdades mais grandes cas Eirexas dos pobos, e, ao pior, estràganlle o negocio, poñéndoos ao descuberto. Non é de extrañar, pois, a tunda que o pai lle dà a Balbino por ter estado co Xudío.

ii) Unha manifestación mais do espírito seudo-relixioso das aldeias é o costume do loito. Està ben que as persoas maores o leven se queren, pero facerllo levar tres anos a un neno... "Di meu pai que o loito non revive a ninguén, pero a madriña:...". "...Ela pensa que os botós negros da miña camisa fan mais levadeiro o purgatorio que seguramente atura o tío Braulio". 0 caso é que "encambáronme o loito fai tres anos e coel sigo, sin poder ir às foliadas, nin vestirme de vello no entroido".

O entroido e a coresma. Ese é outro tema: "Din que na coresma é tempo de poñerse tristes, porque nos fai lembrar a morte". Esta ben. Pero Balbino non entende "por qué hai xente que ten un tempo pra cada cousa. Tempo de tolear no entroido e logo facerse os chorós na coresma" ...e xente "que troca de carís según. o almanaque".

Logo describe o entroido, o que compón un cadro de costumes de gran valor. Pero a crítica vai mais lonxe: "Cando rematóu o entroido, unha mañàn foron todos à igrexa. Con caras de ferreiro...". A xente por dentro debe andar triste ou leda por outras cousas, pero non cando llo manda o almanaque. A troula da mascarada, igoal que a tristura da coresma, son pra vestir por fora, penso eu".


(1) Pódese ollar entre outros: Wolfang Kayser, Interpretación y análisis de la obra literaria, Madrid, 1958.

(2) Ollar: Carlos Fuentes, Nueva novela hispanoamericana, Joaquín Moritz, editor, Méxíco, 1973.