A REALIDADE DOS POBOS GALEGO E CEARENSE A TRAVÉS DAS SÚAS RESPECTIVAS LITERATURAS (1)
Cleudene de Oliveira Aragào (2)
Sabemos que Galicia e Cearà tenen moito en común: as súas xentes son traballadeiras e hospitaleiras,- a agricultura e maila pesca constitúen as súas principais actividades económicas; o cancioneiro popular é impresionante em àmbalas terras, con manifestacións moi parecidas como a "regueifa" e o "repente"; hai centros de peregrinaxes moi importantes nos dous lugares; tenen tamén un léxico semellante; as súas literaturas presentan grandes representantes a nivel nacional; ademais de outros aspectos que poderiamos aínda mencionar.
Para este traballo, eliximos un outro tema que tamén pode unir eses dous pobos: as dificultades da vida na súa terra e a necesidade de emigrar, vistas por unha perspectiva literaria. Buscamo-las relacións entre a imaxe do galego que sufre e ten que marchar, coa imaxe do cearense que tamén ve as transformacións do seu chan e ten que deixa-lo seu fogar na busca dunha vida mellor. Como algúns autores retratan a traxectoria da súa xente? Pode a Literatura mostra-la realidade dun pobo?
Walter Benjamin, estudiando a figura do narrador, afirma que el pode sela voz ou as moitas voces da experiencia dunha comunidade:
"O grande narrador tem sempre suas raízes no povo, principalmente nas camadas artesanais. Contudo, assim como essas camadasabrangem o estrato camponés, marítimo e urbana, nos múltiplos estágios do seu desenvolvimento económico e técnico, assim também se estratificam de múltiplasmaneiras os conceitos em que o acervo de experiéncias dessas camadas se manifesta para nós(...) Comum a todos os grandes narradores é a facilidade com que se movem para cima e para baixo nos degraus de sua experiéncia, como numa escada. Uma escada que chega até o centro da terra e que se perde nas nuvens é a imagem de uma experiéncia coletiva... " (1996:214-215)
Coa axuda da Teoría da Literatura Comparada, desexamos descubri-los puntos de aproximación entre as literaturas galega e cearense, canto à función dos seus narradores como representantes do seu pobo. Non é o caso de reducir toda a producción literaria dun escritor ó único papel de retrata-ía realidade dunha nación ou rexión, mais de atopar, dentro da súa obra, algúns textos que se ocupan desa temàtica, e comparalos ós textos de outro autor que traballa os mesmos problemas, para analiza-las semellanzas e as diferencias entre as dúas culturas, segundo as propostas de Tània Carvalhal, grande especialista nos estudios comparativos de literatura:
"Qualquer estudo comparatista parte, sem dúvida, de uma hipótese de aproximaçào, ou seja, a(s) identidade(s) são pontos de partida, a sugestão de análise a desenvolver. Não obstante, são as diferenças que se convertem nos verdadeiros pontos de chegada..." (1988:371)
"... a situação mais recente da Literatura Comparada alia a reflexão sobre o texto com a indagação sobre o cruzamento das culturas. É neste contexto que os estudos comparatistas ultrapassam o simples mapeamento de identidades e diferenças e consegue captar a ampla rede de relações conflituadas que subjaz à produção literaria." (1988:373)
¿Que autor galego trata na súa obra da Galicia interior e emigrante? ¿Que autor cearense desenvolve os mesmos temas con relación ó Ceara ? Non podemos dicir que hai un só representante en cada literatura, mais eliximo-lo galego Xosé Neira Vilas e a cearense Rachel de Queiroz, polas características das súas vidas e do conxunto das súas obras, onde aparece o retrato das terras en que naceron.
Neira Vilas, nado na aldea de Gres, Pontevedra, en 1928, coñeceu dende cedo as dificuldades do mundo rural, e foi el mesmo un emigrante, xa que ós vinte anos tivo que deixa-los "logares da miña nenez" e partir para América. Polo xeral, segundo os manuais de Literatura Galega, aplicaselle a denominación de representante da Nova Narrativa Galega, pois comenza a publicar na década de 60, aínda que non se identifique totalmente coa estética do grupo. Empregando múltiples técnicas narrativas, produciu unha obra impresionante que é clasificada en dous grandes ciclos: a Galicia interior e a Galicia emigrante.
Escribe utilizando varios xéneros, así podemos atopar narrativas, narrativas para nenos, poesía, testemuñas, investigacións, lembranzas, ademais de traduccións e outros libros en castelàn. A súa obra máis famosa é Memorias dun neno labrego, publicada en 1961, que foi moi ben recebido polos intelectuais e moi lido polo pobo galego, que se recoñeceu naquel neno que sofría os problemas dos pobres sometidos ós caciques da aldea. Problemas que seran presentados nos outros libros en que fala da sociedade campesiña con toda a súa degradación : Xente no rodicio (1965); A muller de ferro (1969); e Querido Tomás (1980). Algúns dos outros libros tefien como temática a triste vida dos galegos que emigraron. A dificil adaptación á nova terra, e o necesario e progresivo esquecemento dos seus costumes tan lonxanos. En Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968), Remuíño de sombras (1973) e Tempo novo (1987), podemos coñece-lo sufrimento do galego lonxe das súas raíces. A división desas obras ( e de moitas que non mencionamos ) entre eses dous temas é só un recurso didáctico, pois cando Neira Vilas fala do galego aínda na súa terra, xa podemos percibi-lo desexo de emigrar para ter unha vida màis digna, e cando mostra o galego xa na nación estranxeira, trae unha serie de reflexións sobre os motivos da súa partida, como o afirma María Lucas, que estudiou a súa obra na década de 70:
"...podemos decir que hacer semejante división resulta un tanto arbitrario. Efectivamente, los dos hechos están íntimamente ligados y es difícil hablar de Galicia sin nombrar el éxodo de los gallegos y viceversa. "(1977:15)
Analizaremos os seus contos A seca, do libro Xente no Rodicio, que fala da vida do pobo galego nunha perspectiva realista, situando as accións nunha aldea e mostrando personaxes propios daquela realidade, e Formigas, de A muller de ferro que presenta a problematica dos galegos cunha visión mais uníversal e moitas veces alegórica.
Rachel de Queiroz, naceu en 1910, en Fortaleza, pero despois de vivir en outras cidades, foi para Quixadà, vila campesiña do Cearà. Hoxe, vive fóra da súa provincia, pois tamén saiu da súa terra para vencer no seu labor literario. Clasificàrona como representante da Literatura Rexional da década de 30. Desenvolveu a temàtica da vida do cearense e criou mulleres moi fortes en seus libros, ademais de tratar de temas brasileiros e universais nas súas crónicas diarias.
Practica tamén a escritura en varios xéneros: narrativa, poesía, teatro, "historias", traduccións e crónicas para xornais ( que segue escribindo ata hoxe ). O quinze (1930), que trata dos sufrimentos causados ós cearenses pola seca de 1915, que foi unha das mais terribles, pero só màis unha das inúmeras secas que xa tivemos, e João Miguel (1932) son libros que falan directamente da realidade do pobo cearense. Ten outras grandes novelas, como As tres Marias (1939), Dora, Doralina (1975), e Memorial de Maria Moura (1992), que lle tomaron moito tempo para estar listas, xa que considera o nacemento dunha novela coma dun neno:
" Romance é como gravidez. Aquilo fica dentro de vocé, crescendo, incomodando, até sair. Quando falo que meus livros saem em intervalos de quinze anos, não estou fazendo charme. Esse é o meu tempo..." (Veja, 02/10/96)
Nas súas obras teatrais tamén desenvolve a temàtica rexional e folclórica. Nas súas crónicas, non se limita ós temas rexionalistas, mais fala das dificultades dos outros brasileiros. É do conxunto de historias e crónicas chamado O Brasileiro Perplexo (1963) que sacamos os obxectos da nosa anàlise: Terra e Terra Nova.
Comezaremos pola comparación entre historias de temàtica relativa às vicisitudes dos habitantes dunha terra que presenta condicións climàticas totalmente adversas: a Galicia e o Cearà interior. A seca, de Neira Vilas, é un conto de ton realista, que mostra os ciclos de transformación da terra: da total falta de auga, ata unha enchenta que destrúe todo o que plantaron e ata as súas casas... En Terra, Rachel se pregunta a razón do amor por aquel chan tan sufrido polas secas e as enchentas, mostrando tamén como é dura a vida no Cearà. Àmbalas historias parten da imaxe da terra sufriendo coa seca, xa que àmbalas rexións son penalizadas polos mesmos problemas ( aínda que a seca no Cearà sexa moito màis forte que en Galicia, pois dura anos e non meses ): a pouca auga que transforma a paisaxe, vento sofocante, animais desesperados, xente sen perspectiva, tristura sen fin... Moitas pasaxes revelan esa semellanza entre os dous sitios. Podemos percibir na descrición de Neira vilas, que a Galicia seca aseméllase ò Cearà seco:
" Había tres meses que non chovía. Secaran os regueiros e algunhas fontes; o río nunca tan pouca auga levara. Langreaba o gando na corte e fóra dela; todo estaba chamuscado, sen miga de verde por ningures. As pitas esgarabellaban en valuto na morriada enxoita. Agoniada os cans, amostrando a lingua con desespero. A terra erguíase e voaba coma foula; perdera o derradeiro folgo de lentura. Todo estaba morto. Mortas as fontenlas, os paxaros, as herbas. A lapra do sol queimara canto había, e a face do mundo volveuse amarela. O sangue da xente tamén secara, e con el fórase a esperanza. Perderíanse as anadas. A fame axexaba (...) ¿Cando choverà... ?
Era a pregunta sen resposta, de todos. A pregunta colectiva que abrollaba nos beizos resecos..." (1994:63-64)
"A lapra do sol queimaba a màis non dar. Coma se un verdadeiro inferno se pousase derriba do mundo..." (1994:65)
Rachel de Queiroz fala do Cearà, do clima que maltrata a súa paisaxe, dos poucos recursos que a ten a xente, e retrata unha realidade tan dificil coma en Galicia:
"... quando não é espanto pelo menos é estranheza: que é que nos prendera nesta secura e nesta rusticidade? (...) Aqui, a gente tem apenas o mínimo e até esse mínimo é chorado.
Nem paisagem tem, no sentido tradicional de paisagem. Agora, por exemplo, fins d'àguas e começos de agosto, o mato já está todo zarolho. E o que não é zarolho é porque já secou. Folha que resta é vermelha..." (1963:07)
"E a água, a própria água, não da impressão de fresca: nos pratos-d'àgua espelhantes ela tem reflexos de aço, que dói nos olhos." (1963:08)
... Aqui não hà encantos. Pode-se afirmar com segurança que isto não chega sequer a ser campo. É apenas sertão e catinga (...)
E ainda não se falou no povo. Que não tem celeiros nem gordos rebanhos; só o parco feijão e as mãos de milho séco para virar o ano..."(1963:08-09)
Aínda que teñan o mesmo tema, as dúas historias presentan un nivel diferente de participación dos personaxes. Mentres as persoas en A Seca estan totalmente afectadas polos fenómenos da seca e da enchenta, o narrador en Terra só reflexiona sobre a dificultade de vivir alí. No conto de Neira Vilas està presente a relación entre a fe relixiosa, representada polas rogativas que fan os habitantes; e o desexo de domina-la natureza a través da ciencia, representado polo velliño descrente. Na historia de Rachel atopamos unha relación entre o campo e a cidade, e entre o amor polo Nordeste e o amor por Israel, mestura de fe e misterio.
As outras historias que compararemos, tratan do problema da migración; mostran persoas que deixan o lugar onde viven para intentar sobrevivir mellor noutra cidade màis avanzada, o que acaba revelàndose unha grande ilusión. Para o galego, esa ilusión é unha cidade noutro país; para o cearense, unha cidade noutra provincia ( como sucedeu cos propios autores). Formigas é un conto de sabor alegórico. Fala da saída dun home da sua nación, a cidade de Raíza ( de raíz) e a súa mudanza para Migral ( de migración ). Terra Nova, que poderiamos considerar como a continuación ou mesmo a consecuencia da historia anterior Terra, fala dunha familia cearense que marcha a São Paulo ( grande destino do cearense, como La Habana ou Buenos Aires para o galego ), onde xa vive un dos fillos.
Hai moitos puntos en común. De inicio, hai dificultades nas cidades de orixe; despois os primeiros que migran decàtanse de que a outra cidade non é mellor, pero non avisan ós que quedaron, e tratan de adaptarse à nova vida, ós novos costumes, como o demostra Neira Vilas
:
"...Por último, quedou en Migral. Non o pasaba mal nin ben. Había moita semellanza entre as dúas aldeas. Múis da que el coidaba. Coa desavantaxe, iso si, de que en Migral era un alleo. Procuraba non parecelo. Foi aprendendo tódolos costumes, xeitos e madías que atopou. Quería afacerse axifia. E semellarse ós de alí (...)
Despois mandoulle recado a un parente, dicindo que se atopaba moi ben en Migral." (1992:41)
O personaxe cearense de Rachel de Queiroz tamén convida os seus para vivir na terra allea, e mostra que intenta parecerse ós desa cidade:
"Queria escrever uma história gentil, contando a adaptação de uma família pau-de-arara que deixou as asperezas da catinga nativa pelas grandezas de São Paulo. Mas não saem flores, só sai miséria (...)
Foi Ribamar, o irmão, que numa loucura de generosidade mandou chamar atribo tóda, incluindo a mãe viúva, os irmãos casados, a mana solteira e os dois sobrinhos órfãos (... )
Afinal apareceu o Ribamar de óculos escuros, blusão de couro, quem visse dizia que era um aviador. Falando animado, mas sentia-se que estava um pouco tonto com aquéle povaréu todo que lhe cala assim às costas, nove pessoas!" (1963:47-49)
Os demais cando chegan ó novo sitio tamén se dan conta de que a súa vida non mellorarà, pero acomódanse e intentan adaptarse, repetindo a traxectoria doprimeiro que migrou:
"Así foron chegando màis. Turraban, coma quen di, uns polos outros. Unha cadea. Adicàbanse entre si a murmurar dos veciños de Migral, pero facían canto podían para semellarse a eles." (Neira Vilas,1992:41-42)
"E ainda se dava por feliz porque sendo éle o primeiro a se empregar, foi a bem dizer também o único. Os outros ainda estão na mão (...) Os pequenos precisam é de escola. A velha, quando arranja o quê, cozinha. E tudo comendo, vestindo, andando, gastando calçado e condução. E tirando de onde?
O Ribamar que o diga jà vendeu o blusão de duro, os óculos, e empenhou o relógio." (Queiroz,1963:50-51)
Enfin, só restalle-la desilusión co seu proxecto de vence-la pobreza e o desexo de voltar a súa terra, onde pensaban que aínda poderían evocar quen de verdaden eran:
"... Moitos tentaron voltar ó seu. Pero era tarde. Tiña pasado moito tempo. Contaron os anos e as engurras. Decataronse de que viñan morrendo pouco a pouco. Souberon que a aldea de Raíza xa non era a que eles deixaran.
De alí en diante sentiran que non estaban vencellados a ningures. Eran alleos en tódalas terras." (Neira Vilas: 1992:43)
"Ai, São Paulo é muito bom, mas cidade grande é fogo. E o Ceará tão longe! E ainda por cima ser tratado de baiano." (Queiroz:1963;51)
A migración parece remata-lo seu proceso coa criación dunha mascara sobre a identidade cultural, que queda oculta pola necesidade de integrarse ó novo modo de vivir. Deixa-la propia terra significa ter que muda-lo modo de relacionarse co ambiente, coa xente, e por conseguinte, oculta-las propias características no intento de semellarse ós demais. A identidade cultural non se perde, pero se somete as novas esixencias para sobrevivir.
Para Carmelo Distante, que trata da identidade relacionada à memoria, o home ten que loitar para non perde-lo seu maior tesouro:
"De fato, um povo é um povo e um homem é um homem, só se forem eles mesmos e se não forem confundíveis com nenhum outro. E não importa que seja mais ou menos poderoso; só o que importa é que seja realmente ele mesmo. Um povo ou uma pessoa que não sabem quem são, que não sabem de onde vém e não sabem para onde vão, isto é, que nào se sentem portadores e criadores de um destino, de um destino civil e de um destino cultural, nunca podem representar um papel realmente significativo no palpo do teatro da história do mundo." (1988:86)
Nan podemos dicir que tódalas posibilidades de anàlise das catro historias estan esgotadas. Elas ofrecen aínda moitos outros elementos a descubrir fóra do tema estudiado. Hai ademais moitos outros aspectos no conxunto da obra deses grandes autores, que aínda podemos relacíonar para realza-los lazos que unen eses dous pobos fortes de Galicia e Cearà, nos seus dilemas e vicisitudes. Pero esas terras non se semellan só na adversidade. Debemos tamén busca-las marabillas que teñen en común; e atopar, nas súas respectivas literaturas, a nova imaxe do galego e do cearense que aínda pelexa dentro e fóra da súa terra, mais que agora vence.
BIBLIOGRAFÍA
AGRELO, Ana Isabel Boullón et al. Diccionario escolar galego. 3. ed. Vigo: Galaxia, 1990.
BENJAMIN, Walter. Magia e técnica, arte e política: ensaios sobre literatura e história da cultura. Trad. Sérgio Paulo Rouanet. 7.ed. Sao Paulo: Brasilíense,1994. Obras escolhidas, v. 1.
CARVALHAL, Tania Franco. Literatura comparada: teoria e ensino. In: MARINHEIRO, Elizabeth (org.). Momentos de crítica literaria / V e VI. Campin Grande: FUNESC, 1988.v.1. p.369-375.
CID, Xosé G. Feixó. Diccionario galego-castelán/castelán-galego. Vigo: Ir Indo, 1988.
DISTANTE, Carmelo. Memória e identidade. Trad. Sérgio Mauro. Revista TB. Rio de Janeiro, n.95, p.77-86,out./dez. 1988.
IZQUIERDO, Ramón G., BLANCO, Gonzalo N., GÓMEZ, Luciano R. Literatura galega 3°BUP; Historia, antoloxía de textos. Vigo: Xerais de Galicia,1991.
LUCAS, María. La visión de Galicia en Xosé Neiras Vilas. La Coruña: Ediciones del Castro, 1977.
NEIRA VILAS, Xosé. A muller de ferro; contos. Vigo: Galaxia, 1992.
________________ .Lar. Madrid: Akal, 1973.
_________________.Memorias dun neno labrego. 18. ed. A Corufia: Ediciós do Castro, 1995.
_________________.Xente no rodicio. 1 I.ed. Vigo: Galaxia, 1994.
QUEIROZ, Rachel de. O brasileiro perplexo. Rio de Janeiro: Editora do Autor, 1963.
________________.100 crónicas escolhidas. 2.ed. Rio de Janeiro: José Olímpio, 1970.
VARELA, Anxo Tarrío. Literatura galega; aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Xerais de Galicia, 1994.
(1) Traballo presentado no Simpósio de Língua e lmigração Galegas na América Latina, realizado no Brasil, na cidade de Salvador da Bahia, de 17 a 19 de outubro de 1996.
(2) Profesora de Lingua e Literatura Españolas da Universidade Estadual do Ceará e alumna do Curso Master en Literatura Brasileira da Universidade Federal do Ceará, na arca de Literatura Comparada.