De novo, véxome na obriga -tan gasalleira e que tanto me honra- de prologar este fermoso e lúcido relato de Xosé Neira Vilas. Escribo, unha vez màis, sobre as Memorias cando, ó seu modo, xa é un clcísico da nosa narrativa.
1. Trinta e oito anos despois
Teño diante de min un exemplar da primeira edición destas Memorias, un relato que ten engaiolado a ducias de miles de lectores do noso país. Leo no colofón que o libro saíu do prelo o 5 de xaneiro de 1961, hai xusto trinta e oito anos. Foi nese ano, ou quizais en 1962, cando o libro chegou às minas mans, e, desde aquela primeira lectura a hoxe, é un dos libros que levo no corazón.
Recoñezo que son un lector unha miguiña privilexiado, pois fun, como Balbino (o protagonista e o «autor» das Memorias), un neno da aldea con zocos e co pantalón remendado nas mesmas datas en que Balbino carrexaba feixes de xestas e botaba o gando antes de ir, às nove da mañá, á escola pública da parroquia. Teño os mesmos anos que Neira Vilas, o creador de Balbino, e coñecín e padecín, como Balbino e Neira Vilas, o precario uriverso rural galego de hai sesenta anos. Quizais eu, en 1940, tiña un estatus menos duro, un pouco menos abafado có de Balbino. En realidade. os meus tres irmàns e mais eu traballabarnos no noso, nas viñas de nosos pais, e Balbino e os seus traballaban no alleo, nas terras do «señor», o pai de Manolito. Eu era menos labrego ca Balhino. Se soubese, eu escribiría as Memorias dun neno campesiño, menos «labregas», por tanto, cás que escribiu Neira Vilas.
Gardo, con agarimo e grutitude, esta primeira edición das Memorias, impresa en Buenos Aires no mes de xaneiro de 1961, hai, xusto, trinta e oito anos. Gárdoo con gratitude porque foi para min un catón literario que me axudou a entende-la aldea, a mina aldea, e, polo tanto, a miña nenez. Gárdoo con agarimo porque un contemporáneo meu conta, con palabras de arte, un pouco da miña historia. Por se fose pouco, conta na cuberta do libro, nesta primeira edición, un debuxo de Luís Seoane, un mestre do xénero xa daquela. Aínda hai máis. O libro foi publicado pola Editorial Follas Novas, fundada catro anos antes, en 1957, por Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda (escritora, cubana, f illa de galegos).
Follas Novas, nome ben signifïcativo para todos nós, foi tantén distribuidora do libro galego para todo o mundo, empresa que só dous espíritos moi comprometidos podían protagonizar en tempos tan problemàticos para a causa do espallamento da literatura galega. Pero en Buenos Aires Anisia Miranda e Neira Vilas, ademais de compromiso, tiñan paixón.
Follas Novas xa publicara, antes de xaneiro de 1961, catro libros: o Itinerario gallego de Víctor Luis Molinari (coa versión galega de Neira Vilas); Terra aluciada, de José Conde; Esta es Cuba, hermano, de Anisia Miranda, e Dende lonxe, o primeiro libro de versos de Xosé Neira Vilas. Nun dos seus poemas, «Laio do vello emigrante», lemos:
E se máis regalía merecese,
tiña vinte anos.
Vinte espadas xusticieiras e honradas pra esixir,
pra loitar.
Foi ós vinte anos cando Neira Vilas deixou a súa aldea natal, Gres, e embarcou rumbo a Buenos Aires: no fondo, rompe con aquel mísero horizonte económico e espiritual. Daquela, quizais, era a única forma de rebeldía.
Neira Vilas, sen título universitario, sen estudios secundarios, vai aprender, na universidade da vida, cousas que xa sospeitaba. Neira Vilas, que leva a Balbino dentro, fai o que xa Balbino facía na aldea: preguntar, cavilar, cuestionar. Por sorte súa, vive no Buenos Aires onde exerceron o seu maxisterio, ademais da sombra de Castelao, espíritos tan altos como Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Antonio Baltar..., espíritos coa cabeza, claramente, no lado do corazón. Balbino -Neira Vilas- xa sabe por- qué o mundo está mal feito. Se os seus «mestres» estan con Galicia, coa nación, Neira Viles fará seu ese compromiso, e, como os seus «mestres», porá o acento na nación sociolóxica na que os Balbinos do noso país traballaban, padecían e soñaban.
Foi este un libro que nos meus anos de Lugo emprestei a amigos, a alumnos e a lectores varios, persoas que axiña se constituíron en devotos do singular relato de Neira Vilas. Vai ser en 1968 cundo Isaac Díaz Pardo e mais eu acordamos publica-la segunda edición, non sen un certo temor á Censura. O meu prólogo para esa edición, a primeira feita en Galicia, data de abril dese ano, e por esas datas Díaz Pardo xa debuxara a tapa e as catro ilustracións que enriquececn o libro. Ediciós do Castro publibou a esperada noveliña «o 17 de maio de 1968, Fía das Letras Galegas, adicado iste ano ó Arqueólogo Florentino L. Cuevillas... ».
2. Hai dezaoito anos
O éxito cuantitativo das Mernorias foi extraordinario, único, ata entón, na narrativa galega. Repárese na elocuencia destes datos: 1968 (2ª edición), 1969 (3ª), 1971 (4ª), 1972 (5ª), 1976 (6ª), 1977 (7ª), 1979 (8ª), 1980 (9ª) e 1981 (10ª).
Requerido para prologar esta edición, a décima, de 1981, aceptei con gusto a honra, que aproveitei para prontniciarme sobre as razóns dun éxito editorial tan asombroso. Reproduzo, no apartardo seguinte, retocándoas minimamente, as palabras de 1981.
3. Unha victoria do Espírito
Tes nas mans, lector, o relato galego màis lido de tódolos tempos. En vinte anos, de 1961 a 1981, reeditouse, na nosa lingua, unha e outra vez. Sen contármo-las edicións en castelán (en España e en Cuba) e, sen termos en conta a versión portuguesa, de 1968 a hoxe téñense publicado en idioma galego uns cen mil exemplares, lidos, case todos eles, con fruición, e ningún con indiferencia. Este espallamento -en números e en emocións artísticas- non é o resultado dunhas campañas publicitarias ou de montaxes propagandísticas.
O libro, el soíño, empurrudo pola adhesión cordial e polo agarimo «propagandista» de centos de lectores, foi chegando ás aulas, ós traballadores das fábricars, ós galegos de Francia e Suíza, ás manss campesiñas, a certos departamentos universitarios... Para miles de lectores-culturalizados noutro idioma e na autosubestimación lingüística- foi unha revelación, unha «revolucionaria» revelación.- xa lido o fermoso relato, centos e centos de persoas da xente do común descubriron que con dúas realidades desestimadas a lingua galega e a aldea- podía construírse un relato que xeraba nos lectores, ademais de emocións, clara conciencia de dignidade.
En trece anos (1968-1981), pois, uns cen mil exemplares camiñan, sobrios e luminosos, polo mapa adiante de Galicia e penetran en fogares nunca visitados por outras páxinas nosas. Libro sen premios rechamantes, relato nunca promocionudo desde a Televisión, noveliña allea a campañas publicitarias, é hoxe alimento estético e ético de miles e miles de lectores pola súa valía, pola súa calidade intrínseca, esa dimensión da historia do Espírito que, ás veces (poucas), medra e avanza aínda nas paisaxes máis contaminadas, aínda nas sociedades máis lixadas e munipuladas.
4. Balbino: un rapaz enxebre e, intuitivamente, de esquerdas
Balbino, «un rapaz da aldea», «un ninguén», escribe nun caderno o que lle acontece e o que cavila, unha forma de desafogar, de fuxir dun medio tan pechado, tan mísero, tan abafante. Así eran as aldeas de hai 60 anos para os aldeáns pobres, e Balbino era da aldea e moi pobre: «un ninguén», como se define nas piimeiras liñas das Memorias.
Da aldea e moi pobre, certamente, pero aplicado na escola, cavilador e preguntón, unha especie de neno intelectual que, pola súa conta, pregunta e responde, respostas, ás veces, que cuestionan costumes, ditos e situacións. Sempre pensei que Balbino, no esencial, é un rapaz de Gres que se chamaba Xosé Neira Vilas.
O lector vai atopar neste relato a paisaxe moral e social dos anos trinta e corenta, unha paisaxe, hoxe, en parte, distinta. Era un entramado eticamente inharmónico e deficiente como tecido social, deficiencias e inharmonía que percibe Balbino, cronista dunhas peripecias (propias e alleas) que teñen como marco esa mísera paisaxe. Balbino -neno que ignora a existencia das ciencias sociolóxicas e que nunca sentiu falar de Carlos Marx- percibe con bastante claridade a limitación da súa vida -e doutras- nesa paisaxe de prexuízos, nese ceo de néboas e nese marco sen horizonxes. Balbino, o protagonista, é, en boa parte, trasunto de Neira Vilas, e, cando este, home adulto, pon na man de Balbino a súa pluma para que sexa o propio Balbino quen conte e quen comente o seu vivir, Balbino é un escritor libre: un rapaz que conta as súas peripecias e os seus atafegos sen que sobre el exerza coacción ideolóxica ningunha Xosé Neii-a Vilas, daquela un emigrante galego de 32 ou 33 anos cunha moi consciente concepción esquerdista das cousas.
Algún crítico ten suxerido que Balbino (de doce ou trece anos), às veces, fala coma un home, e coma un home que non é de dereitas. Eu creo que parte da grandeza literaria das Memorias està no feito de que as escribe Balbino, non Neira Vilas, un Balbino -cómpre sublinalo- que non é parvo, que anda pola vida cos ollos moi abertos e cun feixe de preguntas («Nós vimos ó mundo cunha alforxa de preguntas»). Cando eu era neno na aldea -eu son da quinta de Balbino- había rapaces desta feitura intelectual. Balbino, o protagonista e o narrador destas Memorias, era un rapaz de esquerdas, tan limpo, tan natural que non sabía, daquela, se había, entre os maiores, esquerdas e dereitas. Pàxinas hai moi reveladoras do esquerdismo de Balbino, sobre todo aquela na que, despois de afacer ó seu amigo «Lelo a cavilar », aclara: «Falabamos de cousas moi serias. Cousas de xente grande. Estivemos dacordo en que no mundo hai pobres e ricos e non debería ser así, a menos que os pobres sexan nugallaos».
A Balbino (leigo en teoría da plusvalía) dóelle que os seus pais e os seus irmàns teñan que segar trigos alleos, domear, moralmente, o lombo: «tamén me afrixe ter que amostrar cara de risa ó señor, coma se non abondase con darlle a mitade do que collemos». Aclara a explotación económica e pon o acento na dignidade ferida («mostrar cara de risa ó señor»). Ferido na súa dignidade, un día que o fillo do señor, Manolito, arroupado polos dous fillos do médico (don Leopoldo), o insulta e o hostiga, Balbino deféndese acantazándoos, con tal mala sorte que un croio deixou sen senticlo ó fillo do señor.
Neste capítulo, titulado «A pedra», o penúltimo do relato, està en abreviatura o conflicto social móis elemental- o pobre arrreponse a inxustiza dos que intentan converter en usos os abusos. Todo empezou cunhas palabras en castelàn de Manolito:
-¿Veis aquel harapiento? Es el hijo de nuestro casero. Un cagarolas. Un... [...] Vamos a correrlo.
Balbino non consente ser aldraxado por quen ten o diñeiro, o poder e a lei. Manolito posuía tamén a lingua destas instancias, unha lingua que para os Balbinos de Galícia connotaba, nestas circunstancias, asoballamento. O foro -físico e moral- que tivo que pagar Balbino por arrepoñerse (por defenderse) foi grande e grave: tivo que resignarse a ser golpeado polo seu propio pai cunha "corda encartada" diante da figura sorrinte do pai de Manolito, do amo. Rematado o acto clasista de xustiza, Balbino aínda tivo « folgos pra correr a onde estaba aquel lobo chamado «señor» e cuspirlle na cara. Despois fixen o propio con meu pai».
Ninguén, que eu saiba, ten feito obxeccións à reacción de Balbino (mesmo ó feito de cuspirlle ó seu propio pai), sen embargo, estráñame que os críticos das Memorias acepten como totalmente verosímil, na Galicia de 1940, a decisión e a actitude do pai de Manolito, que o autor amosa nestes termos: «O señor- alí estaba, no patio, entre chuchameles e nogueiras, sentado non banco de cantería. Cando escoitou os nosos pasos, revirouse e botoume unha ollada furente, chea de pezoña, que me puxo medo. Logo, sorreu con maldade, mentras lle entregaba a meu pai unha corda encartada. Non sei ben o que pasou por min e pechei os ollos. Meu pai xemía mentras me airreaba coa corda no lombo, nas pernas, onde cadrase».
Por pouco máis fíxose unha revolución en 1917!
Moi poucos días despvis, Balbino foxe da casa e chega a Loxo, onde Celia, irmà súa, hai tempo que é criada de servir. En Loxo, na casa do Landeiro, que é tratante de gando, ponse a servir. O xateiro, que non é totalmente insensible, tráelle das feiras a Balbino, o seu criado, algún lihro. Nestas datas confesa Balbino a súa fortuna, o seu capitalciño: ten dezaoito libros!
Por esas datas consente que o Alberte, «sobrino do Landeiro, que estudia en Santiago e escribe libros», lle leve o caderno das Memorias tras xurar que «non llo amostraría a ninguén». Eu non sei cómo chegaron, logo, ás mans de Neira Vilas, que as publicou en Buenos Aires no mes de xaneiro de 1961.
5. Balbino e o pantrigo
Balbino, que sabe das opresións de clase, sabe de moitas outras opresións que se dan -conste- na súa clase. Balbino rebélase intimamente contra o loito que ten que gairdar, por un tío seu, durante tres anos, que son tres anos sen días de festa e sen días de troula. Interesa, dun xeito especial, a súa conciencia crítica (de neno) contra certas imposicións da Igrexa. Balbino, xa un mozote (ou moi próximo a esa idade) sente a primeira chumada do amor, un amor que se manifesta, desde o principio, como «un agurgullar no peito». A amada non é unha nena da súa andaina e do seu igual: é Eladia, a mestra, maior ca el, por tanto, e doutra condición intelectual e profesional. Tamén aquí, o feito universal do amor ten compoñentes de clase, de clase social. Aquel neno da aldea, intelectual ó seu modo, estña fascinado por Eladia porque é profesora, porque é muller que ten libros: tamén está engaiolado por ela porque Eladia ten os atributos da "clase alta": na súa habitación había «cadros, xerriñas, froles... roupas de seda». Nese ambiente, confesa, «sentír vergoña dos meus zocos e romendos». Balbino, que ten conciencia de clase, non ten a lucidez para non avergonzarse da súa clase. El, que noutras situacións, é lúcido, agora non o é, e non o é, quizais, porque o amor, aquel grande e primeiro amor, non o deixaa cavilar como cómpre. Porque foi un amor tan grande que, cando Balbino viu pasear de ganchete a Eladia co seu verdadeiro mozo -un home do seu igual-, ó outro día non se podía erguer da febre que tiña. Así amaba Balbino, en boa parte, porque era «un rapaz da aldea, un ninguén» engaiolado polo ouro e o ouropel de Eladia, a profesora. Por se fose pouco, Eladia, duns vinte anos, era de condición «garimosa» no trato e, fóra da aula, «falaba galego connosco», práctica nos experimentada por Balbino cos mestres anteriores. Non conta Balbino nas súas Memorias se outros rapaces da escola tolearon por Eladia. Non era para menos!
Balbino pertencía a unha familia tan pobre que na casa escaseaba sempre o compango e non ubundaba o pan, case sempre esa mistura pesada chanada broa. A súa nai, por certo, «sentáballe mal a broa», pero -aclarou BaIbino - «non podemos mercar pantrigo». Cando Balbino ten que curacterizar, na dimensión alimentia, á xente da «clase alta» -como dicían os sociólogos das silveiras- o pantrigo é un elemento esencial. De Manolito, o verdadeiro antagonista deste relato, dirá: «Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se ten que erguer cedo pra levar o gando a pacer».
O pantrigo é unha obsesió case un soño gastronómico; o pantrigo é citado e cobizado desde as premisas de estreitura nas que vivía aquela nena da aldea que nunha «Cousa da vida» de Castelao chega conclusión, despois de moito cavilar, de que «o Rei comerá... zucre». Do pantrigo, como experiencia illada, fala Balbino con esta fruición na súa etapa de sacristán. «Viñeron moitos curas e eu, no romate, axudeilles a comer o parva na sancristía. Larpei queixo e pantrigo a embute».
Tamén nisto as aldeas galegas mudaron o seu. Os fillos dos Balbinos, se hoxe son médicos ou avogados, cando, por espírito folclórico, queren, algún día, xantar con boroa, encárgana nun restaurunte fino da cidade. Os fillos destes médicos, os escolares de hoxe, non saben o dramatismo das páxinas das Memorias -tres polo menos- en que aparece, protagonizándoas, o termo pantrigo, aquel cobizado manxar de 1940.
Ós escolares de hoxe xa haberíaque ofrecerlles edicións das Memorias anotadas en parte. Acontece o mesmo con Homeno, Dante, Cervantes, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, o que non cuestiona nin mingua a súa alta valía literaria. A propia Rosalía esixe unha nota no cuarto verso desta estrofa:
Unha muller sin home,
¡Santo bendito!,
é corpiño sin alma, festa sin trigo
O verso de Rosalía pode ilustrarse cun vello aforismo noso: «O pantrigo fíxoo Dios, a broa mandouna facer». Non sei se o Padre Sar-miento, bo paremiólogo, coñecía este aforismo, pero del é esta observación: «Los rústicos comen poco pan de trigo, lo más conmn que comen es pan de maíz».
Cando Castelao, no fragor du Guerra Civil española, traza o perfil da Galicia por el soñada, escribe unha liña que semella dictada por Balbino: «Vexo tres nenos, loiros e bonitos, a comeren pantrigo con mel e manteiga» (a Castelao, tan coidado, non se Ile esqueceu, nesta entrañable secuencia, a conxugación do infinitivo).
Aínda non hai moitos anos os Balbinos de Galicia chamaban ó pantrigo «pan de voda» ou «pan dos días de festa». Os Manolitos, que o comían sempre, non só os días en que había fume na igrexa, non lle chamaban, loxicamente, desta maneira.
6. Balbino, doutor honoris causa
Antes das Memorias, de 1961, Neira Vilas publicara só un opúsculo poético, Dende lonxe (1960), xénero que non define ó noso escritor. Neira Vilas é, fundamentalmente, un narrador, un narrador que se estreou, na miña opinión, coa súa obra mestra. Son abundantes as páxinas maxistrais noutros relatos seus, especialmente as protagonizadas por nenos que vivían no medio rural da súa infancia. En efecto, a aldea e a nenez son as mellores musas, creo, deste entrañable narrador. Por outra parte, non escasean as páxinas maxistrais nos relatos protagonizados por emigrantes.
Neira Vilas, que acaba de cumprir setenta anos, é autor dunha obra extensa e polifàcética na que sería inxusto non destaca-los estudios literarios sobre Rosalía e Castelao, entre outros. Como narrador, a súa máis importante dimensión literaria, hai tempo que a crítica lle ten dedicado valiosas páxinas de recoñecemento desde os libros de María Lucas (1977), Dolores Vilavedra (1990) e Xesús Rábade Paredes (1992).
En canto a Memorias dun neno labrego, cómpre facer referencia, nesta altura, ó súa presencia no mapa vivo dos lectores. Foron traducidas ó castelàn, ó portugués, ó alemàn, ó catalán, ó euskera, ó bable... Son varias as edicións castelás tanta en España como en Cuba, resultado de todo o cal son os trescentos mil exemplares que existen hoxe nas bibliotecas públicas e particulares de Europa e América. Desta aventura do Espírito os anos máis vivos e cálidos son os das primeiras edicións, precisamente aqueles en que certos lectores recibían o libro coa emoción con que se recibe un devocionario. Eran os anos en que a biografía de Balbino se instalaba na memoria e no corazón de centos de lectores. Moitos recitaban púxinas enteiras, mercé, en non pequena parte, ós modos lingüísticos cos que Neira Vilas transcribiu as palabras dictadas por Balbino. Foron -son- un prodixio de riqueza idiomatíca, de lingua axeitada para contar aquel universo rural desde os ollos, moi abertos, dun neno da aldea.
Por todo isto, a Universidade du Coruña, nun xesto insólito, outorgoulle a Balbino o seu loureiro máximo: o de doutor honoris causa. O 16 de xaneiro de 1998 recolleu o correspondente diploma, no nome de Balbino, Xosé Neira Vilas. Ninguén tería máis dereito.
X. A. M. Vigo, xaneiro, 1999