1
Dentro dunhos meses Xosé Neira Vilas fará cincuenta anos, e como escritor, dentro dos límites do noso acontecer literario, e xa un clásico. É clásico por mestre no arte de contar, é clásico pola precisión do seu decir, é clásico por revelador de eidos moi nosos e moi entrañables. Como certos clásicos, inventóu historias e personaxes que xa están no territorio das nosas lembranzas, das nosas citas e das nosas comparanzas. Certamente Balbín, Toño, o espantallo amigo, a marela taravela e outras xentes da súa narrativa son xa substancia do país, obligada e doada referencia cultural.
Alá polo Renacemento Europa estaba tan engaiolada cos autores gregos e romanos que se convertiron axiña en autores pra estudiar en “clase”, en textos de clase: en clásicos. Dende fai anos non poucas escolas e algús outros centros de ensino, cando sinten a necesidade pedagóxica de achegaren ós seus alumnos ó galego escrito, propoñen como lectura de clase, como texto clásico, algunha páxina de Neira Vilas. Centos e centos de exemplares de «Memorias dun neno labrego» teñen protagonizado este alto e garimeiro honor. ¿Qué libro de hoxe ten gañado máis xente prá causa da lectura en galego? Si se ten en conta algo tan certo como duro -o galego nos derradeiros anos era nas escolas unha práctica, á súa maneira, clandestina- decatarémonos decontado da valía dun libro como as “Memorias”, un libro que, escrito nun idioma que non é de clas, entra na clase e gaña emoción e corazós prá causa da nosa fala. Unha razón máis, e non a máis cativa, pra afirmarmos que Neira Vilas e un clásico.
2
Neira Vilas é un trasterrado, un galego que vive dende fai tres décadas baixo oulros ceos. Neira Vilas fuxiu, coma tantos galegos, de estreituras e de brétemas nun tempo, o ano 49, pecho e bretemoso. ¿Qué podiá facer pola súa promoción persoal nunha aldea pequena e remota e no seo dunha humilde familia labrega? Intelixente, cavilador, cismón, disciplinado e preguntón, ós 20 anos emigra a Buenos Aires. Xa alí, quen percuraba a promoción, o que vai perseguir, ó pouco tempo, é a súa realización. Como esta realización foi planteada con seriedade, e hasta con ascética gravedade, tal realización contiña compromisos importantes coa súas ociedade, mellor aínda, coa patria castigada e coa xente da súa clase.
En Buenos Aires atópase con signos concienciadores daquela prohibidos na patria deixada, rnensaxes de Castelao cheos de auteticidade, versos alporizados de Luis Seoa ne, poemas cálidos de Lorenzo Varela, o verbo afevoado de Suárez Picallo, as palabras de Eduardo Blanco Amor... Son informaciós i emociós. ditas coa voz da autoridade moral, ás que todos nós, en 1949, estabamos alleos na Galicia do exilio interior.
Neira Vilas, xa concienciado, comprometeuse co país, e, dun xeilo especial, coa súa lingua e coa súa cultura. Entre nós sábese moito do Neira Vilas escritor pero sábese moi pouco, ou nada, do Neira Vilas espallador e promocionador do libro galego. En 1957 fondóu unha gran empresa: a distribuidora Follas Novas. A nosa literatura, sempre de mercado cativo cando non amical, vai chegar a mares nunca de antes navegados”. Mesmo libros galegos publicados nas Américas chegarán a Galicia non sin odisea .A empresa duróu porque Neira Vilas ten unha fonda -e sobria- pasión polos causas nas que cre, e porque puxo ó seu servicio unha vontade rexa e unha admirable capacidade organizativa.
3
En 1961 viaxa coa sua muller, Anisia Miranda, a Cuba, e alí siguen. Dende aquela Neira Vilas gaña o pan -o pouco pan que lle compre- en postos alleos, ben alleos, á literatura Nembargantes nas horas libres -que son moitas non home da súa calada pasión e da súa disciplina- exerce como galego: organiza actos, crea arquivos de información galega, espalla as nosas cousas, fai o inventario das aportaciós da nosa emigración en Cuba, etc.
Neira Vilas tamén escribe. Escribe de vagar –engordiño, como din no Courel-, escribe unhas lineas cada día, cavila moito, repasa e remoe o escrito, volve a repasar... Cada ano, máis ou menos, ofrécenos unha obriña que o público galego, cada vez máis amplio e máis devoto (hai devotos de Neira Vilas) agarda sempre.
Trinta anos despóis do seu 'desterro', Neira Vilas, afía o seu galego, enfiao con abelencia e sabidurla, enriquéceo, matízao. Estamos dediante dun prodixioso utiliztador do idioma. Lonxe do sea berce lingüístico, lonxe anos e anos da súa patria idiomática, o galego de Neira Vilas é rico, vivo, quente, enxebre... Lingua potenciada na lonxania e na lembranza. enguiola pola súa riqueza, pola súa quentura, polo seu enxebrismo. ¿Quén, en prosa, o superóu? Hai un escritor, en verso, de virtudes próximas. Foi Curros Enriquez, semellante tamén na andadura filolóxica:: lonxe, dende novo, do seu berce idiomático e trasterrado, como Neira, a Cuba.
4
O volume que edita hoxe a colección Arealonga contén tres novelas que, de algún xeito, constitúen unha triloxía. Trátase, por decilo de algunha maneira, do ciclo do neno dentro da novelística de Neira Vilas. Aínda a risco de simplificarmos unha mriguiña, na narrativa de Neira Vilas hai dous eixes: o da aldea natal e o da infancia.. Neira Vilas, trasterrado na Arxentina ou en Cuba, retorna unha e outra vez ó seu corruncho natal e á súa nenez. De tódolos xeitos nalgún relato soio hai un eixe xa que o retorno á infancia implica o retorno á aldea, á súa aldea.
Algún lector botará de menos outro eixe: a emigración, os labregos e atafegos dos nosos emigrantes. E certo si se convén que Ioxe o máis e o mellor do noso narrador son as páxinas que vimos de sinalar (nenos e aldea). No presente volume, ,nesta «triloxia”, e así tamén. Das tres novelas, dúas ("Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo") foron escritas por nenos. O autor da primeira (1961) é Balbino, e o da segunda (1971), Toño; un rapaz, Moncho, é o protagonista da terceira (1977).
Estas tres fabulaciós, cheas do celme da realidade, son, ademáis dunhas entrañables pezas de arte e dunhos admirables exercicios de galego, un documeno social que reflexa con precisión o mundo e o vivir de certas aldeas galegas no tempo da Guerra Civil e nos primeiros anos da posguerra. Partindo destas páxinas unha investigadora francesa, María Lucas, fixo unha boa lectura da Galicia campesina, unha Galici,. digámolo tamén, que non coincide inteiramente coa de hoxe.
Pensamos que pagaba a pena, intelectualmente falando, xuntar nun soio volume estos tres relatos, verdadeira novela do neno labrego. Pra máis sorte o lector ten dediante o primeiro e o derradeiro relato (1961, 1977) dun escritor teimoso na honradez e na perfección.
Vigo. abril 1978