Centro de Documentación da AELG
Na Galicia profunda aínda quedan algúns Balbinos, salvando a distancia
30 de decembro de 2002
Concha Pino
Autores/as relacionados/as:
Fonte: La Voz de Galicia


«Na Galicia profunda aínda quedan
algúns Balbinos, salvando a distancia»

O autor de "Memorias dun neno labrego» coida que se a súa primeira obra de ficción segue a ser un referente, débese a que ten autenticidade"

Documentar a memoria e contala a través de personaxes de ficción foi o que levou a Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), a escribir a súa primeira obra de narrativa, Memorias dun neno labrego, a máis editada da historia da literatura galega.

-¿Como éxplica vostede este fenómeno?
-Foi unha grande sorpresa, porque non me imaxinaba que tivese esa audiencia. Traduciuse a unha chea de idiomas, incluindo linguas tan distantes como a maia, precolombina, e o chinés. O libro tivo moita acollida. Á parte de que se segue a utilizar nas estolas galegas como texto de lectura, tamén se utilizou nas estolas de Cantabria en castelán. Ata o 31 de agosto de 1998 tíñanse vendido, nas diferentes linguas, 312.000 exernplares.

-Ten rexeitado que a historia sexa autobiográfica, pero sen dúbida é o mundo da súa infancia.
-Diríalle máis, non é a memoria do rapaz que eu fun, senón a suma de moitos rapaces de toda Galicia, de cómo vivía un rapaz campesiño dos anos 40 nunha aldea de Galicia. A anécdota do que lle pasou ó protagonista do libro non é miña, pero é meu o escenario, porque hai un río que é o Ulla, á beira do cal vivo, hai uns xeitos de traballar a terra, os nomes dunhas ferramentas, uns costumes nos ciclos agrícolas, unhas relacións...

-O mundo de Balbino, o neno protagonista, xa non existe. ¿Que valor ten hoxe o libro?
-Non, aquel mundo cambiou. Agora vémolo como historia. É curioso, porque o libro segue utilízándose, en parte porque os avós aínda lles contan ós rapaces, historias que se parecen moito a ésta. O libro é unha referencia de dúas xeracións para atrás, e ten o valor de memoria dunha época que é válida para rapaces e para adultos. E diría que na Galicia profunda aínda quedan algúns Balbinos, que comen e visten algo mellor, que teñen luz eléctrica nas súas casas e auga corrente, ó mellor. Pero polo que vexo, agora que vivo outra vez na aldea logo de 40 anos facéndoo en grandes cidades de América, algúns rapaces, salvando algunhas cousas porque sen dúbida a vida cambiou moito,aínda perduran certos aspectos dos que viviu Balbino.

-A súa é unha obra que xorde na emigración e para a emigración.
-Si, porque dalgunha maneira sinto a necesidade de contar a outra. realidade de Galicia. Anisia Miranda, a miña muller, e mais en, creamos en 1957 en Bos Aires, ós poucos meses de casar, a organización Follas Novas, para a distribución e a promoción do libro galego en América. Un ano despois creamos unha editorial co mesmo nome, na que Anisia e en publicamos un poemaria cada un, Esta es Cuba, hermano e Dende Lonxe, e en xaneiro do 1961 Memorias dun neno labrego, con debuxos de Luís Seoane. Pero cando o libro ten verdadeira repercusión é coa súa publicación en Galicia, por Ediciós do Castro, en 1967, con debuxos de Isaac Díaz Pardo.

-Escribiu varios libros sobre o mundo rural que deixara atrás. ¿A literatura salvagarda mellor a memoria?
-Todo escritor debe ser algo así como un notario de seu tempo. Nós sabemos de moitas cousas pola obra de Galdós, de Carpentier e de tantos outros escritores que nos dan memoria da época que viviron. Este libro, lineal e escrito dunha forma sinxela, non achega ningunha innovación ás técnicas literarias, pero é auténtico, diso dou fe, e en literatura o que permanece é a autenticidade.

-¿Por iso os seus temas globais son a Galicia rural e a emigración en América?             
-Cada un debe escribir do que viviu, do que coñece. Eu escribín literatura rural, de tema campesiño, en canto que foi a época da infancia e da adolescencia que eu vivín en Galicia. A miña experiencia en América é urbana, porque vivir en dúas grandes cidades como Bos Aires e A Habana, por iso é que escribín libros de ficción, a través de personaxes galegos, da vida da emigración.

-Sobre a diáspora tamén ten escrito varias obras de investigación.

-Si, ensaios sobre historia e de testumuño vivo de xente con nome e apelidos. Investiguei moito para documentar feitos que desaparecen coas persoas, como sucedeu con Galegos no Golfo de México, que hoxe, 25 anos despois, non sería posible porque xa morreron todos eles

Moitos países europeos están volvendo á literatura rural»

A fructífera carreira de Neira Vila segue a producir novidades, e seguirá, como el di, mentras lle queden «folgos e cabeza».

-¿Está traballando en algun libro novo?
-Teño en imprenta un libro de contos, Relatos mariñeiros, ambientados en América, e traballo noutras posibles obras, porque cando escribo artigos xornalísticos fágoos para que sexan un breve capítulo dun futuro libro. Hoxe por hoxe teño
gañas e vontade, e moitos proxectos, porque hai moito que contar e dicir.

-En Galicia, ¿imponse a literatura urbana?
-Esa dicotomía que se prantexaba hai uns anos de facer unha literatura urbana e non tan aldeana é tonto. Hoxe son moitos os países europeos que están volvendo á literatura rural. E en Galicia está case todo por facer, hai moito que abordar sobre o drama do campesiño que traballa a terra e ó mesmo tempo busca un traballo asalariado na cidade, problemas novos, diferentes dos de hai 50 anos, pero que hai que tratar. A aldea e a cidade en Galicia conflúen. Non hai porque contrapoñer unha literatura segundo a vida da sociedade.

-¿Tratará esa realidade?
-Habería que facelo, falar da emigración interior. Pero a que máis me interesa revelar é a de América, porque foi outra cousa e agora xa é historia.