ENTREVISTA A XOSE NEIRA VILAS
Acercámonos a falar co escritor Neira Vilas na súa casa da aldea de Grés e vos ofrecemos parte desta interesante conversa.
- Cóntamos algo sobre a túa etapa na emigración.
- En 1949 emigro a Arxentina e en Buenos Aires descubro Galicia, descubro a súa significación, a significación da súa lingua; eu falaba galego, naturalmente, xa fixeramos teatro en galego aquí pero sen ningunha premisa ideolóxica, simplemente porque así nos resultaba mosto mais espontáneo.
Emigro e alí tomo contacto inmediatamente con todos aqueles exiliados como Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo, Lorenzo Varela, Rafael Dieste... e outros que non eran propiamente exiliados pero como se o fosen como Eduardo Blanco Amor, Emilio Pica... e alí has unha actividade nos anos cincuenta intensisima a nivel cultural galego, e métome de cheo nela; así que teño que gañarme a vida por un lado, por outro superarme estudiando pola noite e por outro lado facer activismo cultural galego. Empezo a publicar os meus traballos, eu sempre fun un escritor unilingüe, como xornalista e como escritor, sempre escribín en galego.
Alí colaborei nas publicacións galegas da Arxentina, de Uruguai, e no ano 1953 fundamos "Mocedades Galeguistas" en Buenos Aires, e no ano 1956 participes na comisión organizadora do primeiro "Congreso da Emigración Galega en América".
As "Mocedades Galeguistas" eran de certa maneira unha rama xuvenil da "Irmandade talega", e a "Irmandade Galega" era unha denominación que lle dera Castelao ao Partido Galeguista no exilio. Era o Partido Galeguista pero non o chamaban "Partido" senón "Irmandade Galega" e publicaban o periódico "A Nosa Terra".
O ano 1957 eu caseime con Anisia Miranda, unha cubana filla de galegos que tamén pertence a nosa cultura, e logo os tres meses de casarmos fundamos "Follas Novas". "Follas Novas" era unha organización creada para difundir o libro galego en América, enviabamos libros a tódalas entidades galegas e ás persoas que lles interesaba, non só na Arxentina senón tamén fora.
Daquela existían editoras, como as creadas por Seoane, pero non había un canal para difundir eses libros, e entón nós creamos a organización "Follas Novas" que logo converteuse tamén en editora.
Catro anos despois de fundar "Follas Novas", no 1961, quixemos vivir a experiencia de Cuba, en Cuba fixérase unha revolución que nos atraía mosto, nós xa estabamos unidos ó "Movimiento 26 de Julio" en Buenos Aires antes do triunfo da revolución e inmediatamente quixemos vivir aquilo, liquidamos todo, deixamos a grandes amigos, pero fomos a Cuba e alá vivín trinta e un anos.
En Cuba incorporeime a actividades culturais, sociais, de todo tipo, pero paralelamente eu fundes (o ano 1969) a Sección Galega do Instituto de Literatura Lingüística que dirixín vintedous anos.
O meu traballo remunerado en Cuba era moi diverso, o pouco de chegar un amigo meu que estivera en Buenos Aires e que despois foi ministro díxome: ¿De que queres traballar aquí?, no periódico Revolución, na revista Bohemia, na televisión... e díxenlle que non quería ningún traballo que tivese que ver co superestructura, que eu quería estar na base; porque falar co palabra nun pais o que acababa de chegar pois non era tan doado, e entón dixo, ben... pois o "Che" acaba de nomearme a min director dunha empresa consolidada do ministerio de industria; se queres vente a traballar cornigo. E os poucos días tiña eu tamén un norneamento feito polo "Che" de xefe de intercambio dunha empresa estatal con mais de corenta persoas subordinadas, con seccións subordinadas a mi n, un montón de cousas das que nese momento sabía moi pouco ou nada. E ademais entrar nun país e entrar de xefe era un pouco... je, je... pero en fin, iso forma parte da aventura.
Logo especialiceime en organismos internacionais, estiven no ministerio de industria de director de organismos internacionais, e ó mesmo tempo dirixía a Sección Galega do Instituto de Literatura Lingüística e escribía os meus libros, e facía xornalismo literario.
- ¿Que organización tiñades os galegos en Cuba, e que apoio tiñades do goberno Cubano?
- Temos que partir de que a emigración galega a Cuba é unha emigración moi vella, rematou nos anos trinta, trinta e dous; polo tanto os que hai en Cuba son velliños galegos mais nada.
En realidade eu non pertencín en Cuba a ningunha sociedade galega porque as sociedades galegas xa estaban esmorecendo, non tiñan vida ningunha, salvo o "Centro Galego" que se funda no 187880, teñen un grande pato pero como entidade morreu. Non o matou ninguén, morreu só porque a razón de ser do Centro Galego fundamentalmente era un colexio e un sanatorio, mediante o pago dunha cota, era unha entidade mutualista.
Entón, despois do triunfo da revolución pois, a escola pasou a ser unha escota publica do ministerio de educación, polo tanto non tiña razón de ser o centro para soster esa escola; segundo, xa non había que pagar unha cota para ter atención médica, a atención médica é gratuíta, pois tampouco precisaban pagar ningunha cota. Todos seguían no mesmo centro, seguían seudo socios, pero ¿Que lle quedaba o Centro Galego naquel edificio?, pois un grande local e nada mais. Logo creouse a "Sociedad de Amistad Cubano-Española", creouse o "Liceo de La Habana vieja", pero non había como encher aquilo, ;é tan grande!... e logo pasou a ser "El Gran Teatro de La Habana", e aínda sobra espacio. Tanto é, que seguiron alí máis de trinta pequenas sociedades galegas, pero aquelas sociedades morreron por inanición, por vía biolóxica, non as matou ninguén.
O goberno Cubano apoia as sociedades de emigrantes, non só as .alegas, préstalles atención a través do "Instituto Cubano de Amistad con l\ Pueblos" e danlles prestacións moi diversas. O Estado a través do "Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos" realmente é quen os sostén, fas roáis o Estado moi posiblemente que os propios velliños que tratan de soster aquilo, porque os estimulan, incorporan os fillos, e dicir... tratan de que non morra. Agora e simbolicamente o Centro Galego, dispón duns locais grandes da Xunta e hai unha biblioteca; o que a atendía voluntariamente morreu o mes de xullo, Pepe García Antón, e teñen un bar, algunha exposición...
E por isto que cando eu creo a Sección Galega do Instituto de Literatura Lingüística o fago dende unha institución científica Cubana, porque o outro xa estaba esmorecendo.
- ¿Como empezas a escribir?
- O meu primeiro libriño foi de versos, chámase "Desde Lonxe e foi publicado o ano 1960, algúns poemas foran publicados xa nas colaboracións ' que eu facía na prensa de Buenos Aires, meses despois publiques "Memorias dun Neno Labrego" coa colaboración de Seoane que fixo a portada, e despois xa seguín escribindo outras cousas en Cuba. A maioría dos meus libros están escritos en Cuba, tanto obra de ficción para adultos, coma a obra de ficción para nenos, e libros de investigación,a investigación fundamentalmente ¿ referente os emigrantes.
Eu sempre procurei separar en Cuba a miña vocación literaria do meu medio de vida, e dicir, desenrolei a miña actividade literaria pero nunca quixen traballar nunha redacción, nun xornal, nunha radio, na televisión... non obstante os últimos anos da miña vida laboral en Cuba pois si que traballei nunha publicación, desde os 53 anos ata os 60 que me xubilei traballei como redactor xefe _j da revista "Zum Zum" para nenos, e publicabamos nada menos que 250.000 exemplares tódolos meses, con traballos de investigación, moi prof esionaliz¿uda; esa foi a miña ultima etapa da vida laboral.
- ¿Como foi a túa volta a Galicia e os comenzos da "Fundación Neira Vilas" nesta casa onde naciches?
- No ano 1990-91 eu doei esta casiña onde nacera, herdeina dos meus pais e fixen doación dela coa condición de que fose restaurada e se crease nela unha biblioteca publica, e creouse este centro aquí na aldea de Grés que é o único do seu tipo en toda a Galicia do rural, aquí ternos unha biblioteca, un salón de actos, un museo, e realizamos un traballo cultural importante. Como exemplo podo dicirche que dende a creación da "Fundación Neira Vilas" prestamos para levar a casa mais de tres mil tomos de libros no rural; contamos coa axuda das institucións galegas e cunha axuda importante de tódalas editoras galegas que doaron todos estes libros que ves aquí.
- ¿Que papel pensas que teñen que xogar os intelectuais no proceso de dignificación nacional de Galicia?
- Un papel importantísimo, xa polo feito de posuír o privilexio de ser mais ou menos pensante penso que ten un papel fundamental, de ser tamén unha alerta e unha conciencia colectiva. En canto o proceso de reafirmación da identidade galega ten un papel fundamental, primeiro escribindo e facéndoo o mellor que poida, pero logo tamén escribindo en canto a ideas que conteñan esa mesma reivindicación da identidade de Galicia, o seu papel é fundamental.
- ¿Como ves os novos escritores que están saíndo agora?, ¿Pensas que están o suficientemente comprometidos con Galicia como nación e cos sectores mais desfavorecidos do pobo?
- Mira ha¡ moitos matices, en canto o compromiso con Galicia xa o hai desde o momento en que escriben en galego, iso xa é un compromiso, para un escritor nacido en Galicia aínda segue sendo unha bandeira o feito de utilizar o galego. Agora, en canto a solidariedade cos mais desfavorecidos... pois non todos a exercen. O compromiso pode ser intelectual pero non sempre social, o idioma galego é un idioma de clase, a min dicíame un día na Habana Raimón que en Valencia falaban catalán os que se erguían antes das dez da mañá, e falan catalán os que teñen ingresos inferiores a 100.000 pesetas, era unha lingua de clase. Os que se erguen despois das dez ou teñen ingresos superiores a tanto, eses xa falan castelán .
En certa maneira iso é o que vén pasando en Galicia, non tanto agora que ha¡ unha clase media que se incorporou a lingua e á cultura galega; a lingua vai entrando no ensino, nos medios de comunicación, e xa a cousa vai cambiando un pouco pero, en fin... aínda é unha lingua de clase; e aínda que o escritor sexa digamos de dereita, se utiliza o galego dalgunha maneira esta utilizando un idioma que ata o outro día era o idioma dos pobres clasistamente falando, era o idioma dos labregos, dos que comían broa, e dos que andaban cos zocos polos leiras, dos que eran caseiros e dos mariñeiros. Hoxe pois, pode haber incluso un escritor que non comparta as preocupacións dos marxinados, dos deixados, dos mais desfavorecidos e que utilice o galego igualmente.
Así é que hoxe hai cercos matices, hai un compromiso con Galicia o utilizar a lingua pero si me preguntas ata onde chega a solidariedade cos mais desfavorecidos, iso xa varía segundo quen. Penso que a maioría dos escritores en galego si que teñen unha preocupación social; pero non diría que son o 100%.
- ¿Como ves o futuro do país nos próximos dez ou vinte anos?
- Iso de metérmonos en profecías é unha cousa moi... eu penso que desde o punto de vista cultural fanse moitas cousas, nos últimos anos fixéronse moitas cousas aínda que non todas acertadas, de todas maneiras no plano cultural hai que dicir que nos últimos anos lévanse dados pasos importantes. No tema social, pois que sei eu... lévanse feito moitas estradas, moitas vías de comunicación, pero o que pase en Galicia de aquí a catro, cinco ou dez anos non dependera só de Galicia, dependerá do que pase no Estado, do que pase en Europa e do que pase no mundo.
Eu penso moito nestes dous aspectos, que xunto a que o país avance, hai que ver que grado de solidariedade cos deixados do mundo se produce, e tamén me preocupa a ecoloxía; a destrucción que se está facendo do ambiente en todas partes.
Salvador Soutullo Carolo.