Neira Vilas, emigrante
O escritor de Gres (Ponte-ledesma), impulsor das Mocidades Galeguistas en Arxentina, reside actualmente en Cuba. A él debemos-lle obras literárias xa clasicas como "Memórias dun neno labrego", e importantes traballos de investigación como "Castelao en Cuba". Incesante animador cultural do mundo da emigración.
Xoán Carlos Garrido
- Cales son as lembranzas que garda da viclña Estrada, e de que parróquias limítrofes como San Miguel de Castro, Amols, Lolmil..., na sua Infancia aquí na Gallza?
- Teño camiñado abondo a comarca estradense, dende os meus trece ou catorce anos até cumpridos os vinte en que emigre a América. Andiven moitos camiños das parroquias que mencionas e de nutras, indo as festas e tamén traballando: medindo madeiras polos montes, naqueles anos en que os nosos piñeiros se convertían en viguetas e canteados para reconstruir a Europa desfeita pola Segunda Guerra Mundial.
- Que pegadas deixaron os emigrantes Galegos en Cuba, e particularmente os da Comarca dA Estrada?
- Os emigrantes da comarca da Estrada tiveron actividades moi semeilantes as que levaron a cabo os de outras partes de Galiza.
- Que aportacións ao desevolvimento cultural e económica da Gallza, prestou a emigración?
- Unha aportación moi importante. No orde cultural abonda con mencionar as escalas feitas dende La Habana. Os emigrantes sufragaban a construcción dos edificios, os soldos dos mestres e todo o material escolar. E mandaban, ademais de libros, máquinas de escribir e de coser.
- Un país como Gallza que sofreu a emigración, en oleadas nalguns casos de 600.000 persoas, a interpretación deste fenómeno sintetizada na frase de Castelao "En Gallza non se pide, emigra-se" parece a máis axeitada?
- A esa frase de Castelao déron-se-11e diversas interpretacións. Unha delas pode ser que os homes se van a gañar, con
dignidade, o que o Estado non lles da (e que eles deberan esixir). E logo fan o que ese Estado non fai, coma no caso das escolas, que vimos de mencionar.
- Fálenos de Waldo Alvarez Insua, un estradense que parece que obtlvo máis recoñecemento en Cuba que na sua própria Terra, na que hoxe é totalmente descoñecido.
- Foi un home de moita valía. Con so vinte anos de idade fundou en La Habana "El Eco de Galicia", importante semanario, nado en 1878, decano da nosa prensa da emigración. E corto que ideoláxicamente estaba de acordo coa presencia de España en Cuba, pero no seu periódico defendeu moitas causas xustas que Ile acarrearon serios contratempos. Por outra banda tivo sempre a Galiza como centro das suas inquedanzas, e honrou as nosas figuras máis ilustres 6 tempo que llo deu ampia cabida á nosa lingua no semanario que fundara e que durou máis de vinte anos. A figura de W. A. Insua deberla ser máis estudada. Penso que A Estrada ten o deber de faca-lo.
- Outro persoeiro Intelectual que acadou grandes éxitos en Cuba, e mesmo en New York, fol Ramón Verea Garcia, o cal no seu poyo, A Estrada, fol condeado ao olvido polo seu "antl- clerlcanismo". Pódenos apontar alguns datos que nos achegen a sua figura?.
- Pois, si. E importante, moi importante a figura de Verea, natural de Curantes. Emigrou a Cuba e logo a Arxentina. A sua obra é múltiple e significativa. A Estrada ten unha débeda con el. E autor de libros como "La religión al alcance de todos", "Contra el altar y el trono", "Catecismo libre-pensador", e outros.
- Mentres en todo Latinoamérica morren millares por enfermidades que como o Cólera, se crian xa erradicadas, en Cuba a medicina é a máis avanzada do mundo. Non cre paradóxico o tratamento que os médios de comunicación occidentais fan da sua segunda pátria apresentando-a como "Dinosáurios en vías de extinción".
- Non so na medicina. En moitos outros campos tamén. Cuba ten o máis alto nivel de vida, de educación, de sanidade de toda América Latina; alí non hai desocupados, non hai mendicantes, non hai droga; hai unha esperanza de vida e unhas porcentaxes de mortalidade infantil e uns niveis de cultura equivalentes aos dos paises máis desenvolvidos, pero por desinformación todo esto (e son so alquns datos) é escamoteado, silenciado en Europa e noutras áreas.
- A trampa da emigración consiste en que só se coñece o caso dos que tañen éxito, que veñen con ostentosos coches e adovlos a demostra-lo; e os milleiros de persoas que fracasaron e que se arrastraban polas ruas de La Habana e Bos Aires pedindo esmola 0 unha Imaxe que sempre se oculta (os mesmos fracasados se avergoñan, ocultando-o). Non cree que esta temática non fol suficientemente tratada pola literatura dun pais que como o noso, tanto a sofreu. Que autores e obras Ile parecen máis acertadas no seu tratamento?
- A literatura da emigración é pobre Está case todo por facer. O drama dos nosos paisanos gañando a vida de mil maneiras polo mundo adiante ainda non ten unha interpretación acabada, nin moito menos, na nosa literatura. Somos poucos os que tomos abordado o tema. que ten moitas facetas e latitudes. Pero na nosa literatura queda moito por andar, non so no que se refere á "quinta provincia" senón tamén á Galiza territorial. Nese camiño andamos uns cantos, con dgntdade, con seriedade, facendo cada un o que pode. Como mellor se pode.
- Cal fol a sua relación con autores da nosa comarca, e, que opinión ¡la merecen figuras como Manuel Garcia Barros.
- Tiven correspondencia con Manuel García Barros desde Buenos Aires e desde La Habana. Era un home moi uno a sua Torra, moi integrado no seu poyo. Mestre ao que non poideron domesticar en tempos de brutal domesticación; e homo moi sensible a problemática dos emigrantes. "As Aventuras de Alberto 0uiñoi" é unha significativa novela costumista.