E O ATLÁNTICO COMEZA A TRANSFORMARSE EN PONTE ENTRE O CEARÁ E A GALICIA...
A análise literaria permite albiscar varios camiños. O estudioso da literatura pode restrinxirse á análise estructural da obra literaria. buscando os seus aspectos "técnicos". a corrente literaria a cal está vencellada, ou demais elementos similares, mais pode igualmente traspoñer eses límites, e estudia-la repercusión, no traballo do escritor, da realidade do seu pobo.
Cremos que a literatura, ademais de busca-lo deleite estético, pode ser un canal de difusión ideolóxica. A ideoloxía; non como filiación partidaria, mais como manifestación dos valores do autor, é perfectamente aceptable e moitas veces non podemos ignora-la súa presencia na obra de arte literaria. Dentro desa concepción, ou ata sen programa predefinido, moitos autores acaban por facer da súa obra un instrumento de denuncia, ou polo menos de reflexión sobre os problemas da súa xente.
Nese sentido, o estudioso amante da literatura, a través da súa investigación sobre ese tipo de autor, pode sentirse partícipe dese proceso de (re-)construcción da sociedade, dando a súa contribución, aínda que mínima, para a comprensión dos problemas do seu País. O crítico brasileiro Antonio Candido defende, para os estudios literarios, a interacción entre literatura e vida social:
Como conjunto de obras de arte a literatura se caracteriza por essa liberdade extraordinaria que transcende as nossas servidões. Mas na medida em que é um sistema de produtos que são também instrumentos de comunicação entre os homens, possui tantas ligações com a vida social, que vale a pena estudar a correspondência e a interação entre ambas(4).
Compartimo-la opinión do poeta e ensaísta brasileiro Carlos Newton Júnior, segundo a cal unha obra de arte revela o seu carácter universal non polo seu afastamento da realidade na que está inserta, mais por responder a cuestións inherentes á natureza humana, sexa o individuo dunha ou doutra cultura, con voz propia:
A obra de Arte, por sua vez, enquanto tentativa de interpretagáo e resposta a esses questionamentos fundamentais da humanidade, a esses enigmas universais, tanto maior valor terá quanto mais for reflexo da Cultura a qual se encontra inserida, quanto mais estiver vinculada ao seu meio social, ao seu contexto histórico específico, quanto mais verdadeiramente expressar o seu cháo e o seu Povo, ou, em síntese, quanto mais nacional ela for.
Non se trata, sen embargo, de que o escritor teña que empregar con esaxeración o que se acostuma chamar "corlocal", adicándosesoamenteadescricións minuciosas da paisaxe rexional, ou reproducciónsfieis dos ambientes coñecidos dunha determinada cidade ou, aínda, á utilización en abundancia de palabras propias dundeterminado lugar, mais de desvelar como o home daquela terra reacciona ós estímulos e os obstáculos comúns a tódolos seus semellantes.
Jorge Luis Borges, en O escritor argentino e a tradigáo, rebate a excesiva preocupación dos seus contemporáneos en relación á cor local, e afirma que "...devemos pensar que o nosso património é o universo e ensaiar todos os temas"(6). Segundo Borges, ser arxentino era unha fatalidade, non era necesario buscarse ningún disfrace para revelalo.
Tamén defendemos a abordaxe de tódolos temas, mais consideramos de especial importancia as obras nas que o escritor retrata o modo de vivir (e de pensar) da súa xente, sen recaer no panfletario, postura que, xunto ó abuso de especificidade, empobrecería a obra de arte literaria.
Partindo de innumerables semellanzas encontradas entre o Ceará e a Galicia, decidimos realizar este traballo, co soporte teórico da Literatura Comparada, no cal confrontamo-las obras de dous grandes representantes das literaturas brasileira e galega, no que se refire ó seu papel de contadores das vicisitudes da vida do seu pobo na súa propia Terra, e en terra estraña: Rachel de Queiroz e Xosé Neira Vilas. O obxectivo principal dese estudio é, polo tanto, mostralas relacións entre os pobos do Ceará e da Galicia, conforme foron retratados por grandes representantes das súas literaturas, sen saca-las súas obras do panorama maior dos países onde están insertas.
Ver de que xeito Rachel de Queiroz e Xosé Neira Vilas retratan nas súas obras as cuestións dos pobos cearense e galego, que sofren na súa Terra e teñen que migrar é, de certa forma, continua-la súa escritura e auxilialos na divulgación desa realidade, buscando apropia identidade. Estudalos baixo unha perspectiva comparatista é tentar volver posible un diálogo que podería nunca realizarse.
Os actuais estudios de Literatura Comparada xa non se preocupan pola busca das "fontes", nin polas nocións de orixinal e imitado. Pensan hoxe no estudio das relacións intertextuais que se establecen entre as varias literaturas. O interese do comparatista pode residir nun elemento común existente en textos que nunca tiveron calquera contacto que se poida verificar, sequera cronolóxico:
...toda comparaçáo necessita de um 'tertium comparationis', isto é, de uma norma teórica que cabe descobrir via reflexáo hermenéutica: enfatiza-se menos a 'fonte' e mais o processo de apropriagáo/ transformagáo a que o novo texto a submete; neutralizam-se as nogóes de originalidade, de precedéncia, de antecipagáo; equilibram-se, no juízo valorativo, os textos, dando-se maior importáncia á rede de relagóes que eles estabelecem entre si e com os demais, anteriores ou simultáneos'.
Non buscamos, polo tanto, comprobar que Rachel de Queiroz coñeceu a obra de Neira Vilas antes de escribi-los seus libros, ou a situación inversa (como querían os antigos estudiosos comparativistas) 8, mais reflexionar sobre as relacións posibles entre as súas obras. A partir dun "tertius" que non se fundamenta no contacto previo entre os textos, mais na analoxía de contextos, vamos procurar u n " trasfondo extraliterario común a los diversos miembros de la comparación" (9).
Ese contexto común é o sentimento de pertenza de ámbolos escritores á Terra natal e ó propio pobo, do cal se ocupan repetidamente no seu labor literario.
Rachel de Queiroz e Xosé Neira Vilas, no conxunto das súas obras, ofrécennos innumerables posibilidades de análise. Un estudio comparativo da súa producción literaria revela grandes puntos de encontro entre as culturas de que son transmisores, permití ndonos, a través desa comparación, coñecer mellor tanto o Ceará e a Galicia como outras terras, pois: "...uma perspectiva comparatista pressupóe que un encontro de duas culturas permite colocar em evidéncia certos elementos que náo apareceriam se o estudo fosse conduzido no interior de uma só cultura" (10). Buscamos atopar, con este estudio comparativo das obras de Rachel e Neira Vilas, moitas referencias culturais das cales trata Schmeling:
Aunque no es usual conocer en profundidad el conjunto de autores y obras de otras¡ iteraturas, en cambio sí leemos con relativa frecuencia algunas de sus obras, quizá porque esperamos que nos aporten referencias paralelas a nuestros valores culturales y porque confiamos comprender la intención de autores de otras nacionalidades o extranjeros".
Coa axuda da Teoría da Literatura Comparada, tentamos percibi-los puntos de aproximación entre as literaturas brasil e¡ra e galega, canto áfunción dos seus fabuladores como representantes do seu pobo e contadores do seu mundo e de outros mundos.
Mostramos, pois, no noso estudio sobre O quinze e Memorias dun neno labrego, como os seus autores personifican, a principio, o narrador sedentario descrito por Walter Benjamín no seu estudio O narrador; considerapóes sobre a obra de Nikolai Leskov. Coas contribucións de Angela Gutiérrez sobre as figuras do falador e do fabulador, na súa obra Vargas Llosa e o romance possível da América Latina, aquí transmutamos ese narrador benjaminiano na imaxe do fabulador sedentario, contador da propia Terra.
Mencionamos aínda o seu papel de fabuladores migrantes, contadores de outras terras, na análise de algunhas das súas historias curtas e, finalmente, constatamos que, en Dóra, Doralinae Querido Tomás, Rachel e Neira Vilas evolucionan, chegando a fabuladores artífices, pois deteñen os tesouros narrativos do Ceará, da Galicia e de outros mundos.
Rachel, emblema do pobo cearense, e Neira Vilas, símbolo do pobo galego, pola literatura atópanse, recoñécense, danse as mans e subverten a xeografía, transformando o Atlántico en Ponte, por onde, a partir de agora, viaxan dunha Terra a outra.