Centro de Documentación da AELG
Sedna
Máiz Togores, Xosé María
Autores/as relacionados/as:
Fonte: O Chioleiro(III)

Sedna

Os inuit viven nas rexións árticas de América, nun territorio propio, que é catro veces España e con case 250.000 habitantes, chamado Nunavut (=a nosa terra) e que “obtiveron” (¡vaia sarcasmo!) de Canadá no ano 1999. Son coñecidos tamén como esquimós, pero este termo é pexorativo, xa que significa mesmamente “devorador de carne”. Cada membro da familia ten adxudicada unha tarefa de seu e todos eles desenvolven unha vida nómada, seguindo as migracións dos animais que cazan: caribúes (=renos), osos, baleas e tenreiras de mar; aproveitando deles, nunha tradición milenaria, tódalas partes posibeis para comer, agocharse e facer as súas casas e ferramentas de caza. Ata que os “novos americanos” os botaron da súa terra, estes pobos indios verdadeiramente americanos viviron nela dende hai varios miles de anos, cando chegaron de Asia a través do estreito de Behring. (Por iso é un sarcasmo falar de “obtención” cando esa terra era deles).
Para os inuit, Sedna é o espírito do reino dos xeos e do mar, xa que vive no fondo do mar e ten poder sobre tódolos animais acuáticos. Coma o seu control sobre o mar é total, e a supervivencia dos inuit depende del, o poder que ten esta fermosísima muller é absoluto. Estes homes teñen (¿ou tiñan?) a crenza de que o éxito ou o fracaso da pesca depende do impredecíbel estado de ánimo de Sedna.
Segundo a lenda, Sedna era unha belísima e asallosa muller, cortexada un día si e outro tamén polos mozos inuit, pero ela rexeitábaos case con noxo e aborrecemento. O pai, farto de tantas rabechas desta loura e fermosa muller de xeo, obrigouna a casar cun can, cousa que acirritou moitísimo ós seus despeitados pretendentes de sempre. Despois de “librar” varios fillos, o pai sentiu mágoa dela, e, trastallado o corazón, afogou no mar o can. Como non podía manter ela soa os seus fillos, abandonounos e tornou vivir chea de tristura con seus pais. Ela deixou de rir e revellouse fuxidiamente. Pero un día, un paxaro disfrazado de home pediulle a Sedna que casara con ela. Casaron e viviron xuntos; mais, ó pouco tempo, ela descubriu que o seu home era un fulmar (ave mariña semellante á gaivota e propia do norde de Europa), polo que o dorido pai “obrigouna” a abandonar o seu home e fuxiren na súa barca. O fulmar atopounos en alta mar e coas súas ás