¿Espellismo ou realidade?
Ninguén me dixo que estabas alí.
De súpeto
unhas pernas
enfundadas nunhas vingativas medias
desacougaron
e cubriron de feridas
a tranquilidade da miña espera.
Eras ti, claro.
¿Agasallo do demo
ou aloumiño dun anxo?
Estiven dous minutiños
a observarte
e parecéronme dous séculos
de camiños longos
e crecentes lamelas.
¿Espellismo ou realidade?
Por un momento
soñei que tornabas a min
coas mans ben abertas.