Centro de Documentación da AELG
A illa deserta (inédito) - ¿Será posible...
Máiz Togores, Xosé María

 

¿Será posible

que xa non lembres

a marusía desta praia?

¡Que será entón

daquel poema

do que me dixeches,

cando o liches

canda min

na beira do mar,

que te ceibara

do mundo e dos seus enganos!