Centro de Documentación da AELG
Da carraxe e da paixón - V. Polas veas artelladas
Cairo Antelo, Xosé Manuel

Polas veas artelladas
dos teus soños historiados
esvaécensete as suores
das noites desveladas.
Fican no teu halo humidades
esfolladas dos talos cristalizados,
aloumiñándose co lambido das linguas
que xamais che souberon nomear.
Vaste diluíndo en soidades
que poboas con miradas
e énchelas de alentos
e verbas que nunca dixeches.
Vén, vén, que te acubillarei nos outeiros
segmentados dos meus dedos,
e pousareite nos beizos
o bico perenne das miñas pegadas máis fondas.

(Da Carraxe e da Paixón)