Quén
é esa que sobe a encosta de Cortiña Grande
pasado
Castromau
coberta
co pano rameado e sobre o pano a molida e sobre a molida a
canastra
comprida
canastra e ateigada con bolas de pantrigo
aroupadas
en liño cru?
Quén
aquela que corta pola Chaira de Amoroce
na
mao a corna do alicornio co seu dente de allo
e
tremerosa
non
coa lúa aos pés senón espidos éstes
duros
de se esfregar nas laxes de calzadas mil?
Quén
a que o corazón se lle pon seixo
do
medo aos mortos e á presenza silente
do
das dúas ourellas
e
camiña soteira e mesmo se arrandea p'ra ir vende-lo pan
precisamente
no feirón de Santa Eufemia de Milmanda?
Quén
a que non ostenta escudos no colo
ou
arredor do colo de marfín
nin
no seu embigo Salomón mata sedes de mirra
nin
devece por amar irmao de ventre e teta
en
cavernas altas do deserto
nin
é celebrada por cincocentas raíñas nin por oitenta concubinas
nin
por arrebaños de mozas complementarias
nin
amosa o menor interese
en
ver o amado en figura de animal macho bravo
a
pacer nos cotos todo bruto
nin
nota os seus peitetes ser cabirtos
nin
moito menos cachos de dátil zucarado
para
o padal do antes dito amado amo?
Quén
é a escalazada
esa
que viaxa senlleira polos vieiros da dor
a que
a penas ten de seu artesa e auga da Fonte de Baixo
e
compra grao ao rico e paga dese grao maquía
e
paire e cría fillos bravos con destino á miseria
e
goza embute co querido circunstancial
e ten
o brazo rexo e con regos da testa rega
a
masa que será fogaza saborosa para os tratantes e labregos
abastados
coas
súas labregas fartas coma marrás
fagueren
compaña ao pulpo e a outras cousa finas?
Serei
siescaso eu esa que marcha engorde
e non
se dobra su o peso da mercadoría
e
olla fixa as torres do castelo ao que non dá chegado
e
maldice do mundo?
Il
será agora tu este poeta
que
alenta o teu alento e bombea teus sangues
e te
relembra amada avoa altiva escrava
en
terra de lobos?