Centro de Documentación da AELG
Maldades Curativas
22 de xuño de 2002
Rodri García
Autores/as relacionados/as:
Fonte: La Voz de Galicia

MALDADES CURATIVAS, Rodri García.

A maldade pode ser un medicamento, pero para iso hai que tomala con humor, con moito humor. Polo menos esa é a pegada que deixa a lectura deste libro co que Martínez Pereiro (Xosé Luís, porque hai outros) gañou o premio Vicente Risco de literatura fantástica. O título dalgún dos cinco capítulos xa leva ó sorriso: Visita guiada á fábrica de cretinos, A vocación imbécil do mar ou o explícito Propiedades curativas da maldade. No apartado sobre a visita guiada poden lerse cousas como que “as musas non madrugan para non pisar os sapos e porque, desde o Convenio de Musas pola Liberación celebrado en Liébana e revisado en Cabrales baixo o patrocinio dunha importante multinacional do refresco, teñen dereito a cinco horas de libertinaxe, catro pagas extraordinarias...”. Este feixe de historias, algunhas de só 36 palabras, hai que lelo con calma, saboreando cada argallada, cada ironía, cada orixinalidade, que son moitas.

Reseña sobre A embaixada do vinagre, Ed. Sotelo Blanco, Santiago, 2002.
Aparecida na páxina 11 do Suplemento FUGAS, La Voz de Galicia de 22 de Xuño de 2002.