Centro de Documentación da AELG
Ofertorio de solpores - Salmo contra a droga
Gómez Alfaro, Xosé Carlos

Dálle-la luz das túas rnans clementes
a tantas cegas sombras posuídas
que devoran as velas, ¡ai!, das vidas
a forza de xiringas envolventes.

Dálle-las ledas ás máis combatentes
que enterren nas fatais anoitecidas
pusilánimes cocas corrompidas,
éxtases e cabalos delincuentes.

Dálles mil alicerces de vontade,
sobredoses de amor e humanidade
pra segaren as sécolas da droga.

Dálle-la primavera merecida
en vez do necio tránsito da sida
que os arrastra enganosa e os afoga.