Centro de Documentación da AELG
Xosé Neira Vilas
xuño de 1997
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Revista do Colexio de Porto do Son

Xosé Neira Vilas

Biografía

Así é a súa vida

Xosé Neira Vilas naceu en Gres, unha aldea do concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra, no ano 1928. Filio de labregos tivo que compaxinar os traballos do campo coa asistencia á escola. Despois traballou nun serradoiro mentras estudiaba comercio por correspondencia. Procurou completar a súa formación lendo todo o que tiña ó seu alcance. En 1949 emigra a Arxentina, como moitos dos galegos daquela época. Alí, ó mesmo tempo que desempeña os traballos máis dispares, segue a estudiar e colabora cos intelectuais galegos exiliados. En 1957 casa coa escritora cubana (filla de galegos) Anisia Miranda, coa que segue na actualidade, e fixa a súa residencia en Cuba. Neira Vilas volta a Galicia en 1972.

Esta é a súa obra.

Para adultos:
"Xente no rodicio", 1965.
"Camiño bretemoso", 1967.
"Historias de emigrantes", 1968.
 A muller de ferro", 1969.
"Remuíño de sombras", 1973.
"Aqueles anos de Moncho", 1977.
"Querido Tomás", 1980
"Tempo novo", 1987.
"De cando Suso foi carteiro", 1988.

Para os nenos e nenas:
"Memorias dun peno labrego", 1961
"Espantallo amigo", 1971.
"O cabaliño de buxo", 1971.
"Cartas a Lelo", 1971.
"A marelaTaravela",1974.
"Cantarelas e contos praxente miúda", 1975.
"Contos vellos pra rapaces novos", 1983
"Chegan forasteiros", 1993

Os alumnos e alumnas de 4° A lemos as obras que Xosé Neira Vilas ten escritas para nenos e nenas. Non sabiamos moito sobre o autor, polo que tivemos que facer unha pequena investigación na Biblioteca do noso colexio. Despois de coñecer algúns datos sobre a súa vida, quixemos coñecelo un pouco máis polo miúdo e escribímoslle unha carta na que ¡le preguntamos algunhas cousas que nos interesaba coñecer e que el, moi amablemente, contestou.

- ¿Por que decidiches marchar para a Arxentina?
- Marchei á Arxentina para estudiar. Si. Eu traballaba na oficina dun serradoiro na aldea, pero quería estudiar e aquí non había onde. Fun a Buenos Aires para estudiar pola noite e traballar de día.

- ¿Que lugar che gusta máis para vivir Arxentina, Cuba ou Galicia?
- Arxentina para vivir non me gusta. Gústame sobre todo Galicia. E gústame moito Cuba, un país marabilloso.

- A "profe" díxonos que hai anos nas escolas non se ensinaba a nosa lingua, ¿como fixeches ti para aprender a escribila tan ben?
- Falei sempre galego. Era a lingua da miña familia e dos da miña comarca. O castelán comecei a aprendelo cando fun á escola, ós 7 anos. Na Arxentina esperta a miña vocación, xa latente dende antes, de escritor. Comezo a publicar nos xornais, e logo publico libros. Sempre en galego. Unicamente escribo en galego. Coma tantos escritores escribiamos dun xeito intuitivo, sen normalización, que non existía, pero con bastante unidade entre nós todos (os pouquiños que eramos nos anos cincuenta). Máis tarde o galego normalizouse e ha¡ unha pautas para todos. Pero a normalización é o de menos. Eu tiña unha lingua materna moi rica, con moitas palabras, e o importante era escribir nela, ir convertendo en palabra escrita o que só fora lingua oral, non importaba se había normas ou non.

- Polo que sabemos da túa vida, non fuches moito á escota. ¿ Considérala necesaria para nós? ¿ Non poderiamos aprender sen ela ?
- A escola non só é necesaria, é imprescindible para andar pola vida. Para elevarse coma seres humanos, adquirir unha cultura no máis amplo sentido, e en última instancia tamén para gañarse a vida. Eu fixen a escola primaria, seguín estudios por correspondencia dende os trece anos e logo, en Buenos Aires, estudie¡ música, xornalismo, literatura e moitas cousas máis. Dende entón non deixei de estudiar. Ha¡ que estudiar toda a vida.

- Cando eras pequeno, ¿ que che gustaba máis, o traballo no campo ou o da escola?
- Gustábame máis a escola, pero o traballo no campo tamén había que facelo. E ás veces, sobre todo no verán, gañaba o dereito a ir á escola erguéndome ás catro da mañá e inda máis cedo, paratraballar. Despois la á escola. Na miña casa tiñan o correo, e tres veces na semana la busca-las cartas a cinco Km. Cando la para a escola xa camiñara, a pé,
claro, dez quilómetros, cinco de ida e cinco de volta. "De cando o Suso foi carteiro" conta as experiencias daquel momento.

- ¿De cal das túas obras te sentes máis orgulloso?
- Non teño unha preferencia definida. Son coma un pai cando ¡le preguntades que filio prefire. Diravos que os quere a todos igual.

- ¿Cal foi o que máis traballo che custou?
- Tódolos libros custan traballo. E a miña obra é moi diversa, porque ha¡ obras de ficción (novelas, contos) e outras de investigación. Poida que unha das máis traballosas teña sido "Castelao en Cuba"

- ¿Que che gusta máis escribir para nenos ou para maíores?
- Gústame máis escribir para nenos. É máis gratificante. Achégame máis ó neno que eu fun, e a infancia é unha etapa entrañable para todos. Sempre a recordamos. Sempre recordaredes vós esta etapa de agora.

- ¿Que proxectos tes? ¿Estás escribindo algún libro novo?
- Estou rematando un libro que se titula "Galegos que loitaron pola independencia de Cuba". Pronto estará finalizado e publicarase neste ano.

As nenas e nenos de 4° A ternos un novo amigo, Xosé Neira Vilas.