Centro de Documentación da AELG
Da reaparición de Xela Arias
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Revista das Letras

Da reaparición de Xela Arias ou a aparición de Antía Otero 
  
 
     É dato constatado entre os críticos a irrupción, decidida e relevante, da palabra de muller na poética galega. Tanto que falar de verso vólvese, en determinados casos, debate sobre xénero ou pulso sobre avances rexistrados no universo da creación literaria e o universo muller. E escribe Marta Dacosta: "Ósos de muller/ósos que encolleron na humidade do inverno,/de todos os invernos/ que anegaron o século''. Versos do poemario 'As amantes de Hamlet' que Espiral Maior pon nas librerias xuntos co doutras tres mulleres: 'Intempériome' de Xela Arias; 'Lembranzas da beleza triste' de Maria do Carmo Kruckenberg ou O son da xordeira de Antía Otero. Versos cos que encintar tamén un percorrido xeracional. "Entre a bruma e o negror/ da natureza,/fuximos enmeigados/polas crenzas ancestrais/ do espellismo''. Das letras de Kruckenberg, unha das representantes da primeira xeración de escritores de posguerra, ata a estrea pública como poeta de Antía Otero: "Incongruencia é decir/que a muller naceu da costela do primeiro home/cando ela foi a que lle deu o ser./Adán agochou a súa nai/ coa fin de se-lo protagonista da Historia.

     Con 'Intempériome' tamén reaparece Xela Arias sobre corazón cuestión: "A unidade componse. /Da desorde./ Desordénome, amor,/e dou co punto /único/ do centro dos abrazos.