Centro de Documentación da AELG
Culturismo
Seoane, Xavier
Autores/as relacionados/as:

-¿Qué tal, tío?
-Guay. ¿E ti?
-O. K., kamikaze.
-¿Onde vas?
-Al tajo. ¿E ti?
-Pshá...
-¿E o sábado?
-A tope, ¿e ti?
-Brutal. Pallá.
-¿Onde abrevaches?
-Arizona, O Kaníbal, Maracaná...
-¿E as pibas?
-Total, tronco, total.
-¿Ligaches buga?
-O do vello. O 7º de Cabaleiría, macho.
-¿Tiraba?
-Como os da pasma. Pura válvula.
-¿E a onde merda vas?
-Pal tugurio. Recado.
-¿Con ese tocho?
-¿Isto? Boh. Éche un encargo. Un diccionario. De 95.000 palabras. Los maestros, macho. Pa flipar el capullo del enano, que chapa. Mira. Pesa un güevo. Prefiro facer pesas. Culturismo, ya.
-No veas. Puro rollo. Pesa a diola.
-Máis cás do xinasio. Aí es ná.
-Abur, vaqueiro.
-Abur, comanche.

------------------
P. D.: A edicións Xerais, pola saída do seu “Gran Diccionario Xerais da Lingua”, de 95.000 entradas.