1. INTRODUCIÓN
Resulta bastante difícil, por veces, ter unha
relación de todos os títulos que aparecen publicados ao longo dos anos
en cuestión de literatura. Se nos cinguimos a todo o que aparece
publicado en galego eonaviego ou sobre o eonaviego e mesmo por
eonaviegos aínda que sexa en galego padrón, a lista é
satisfactoriamente ampla. Non é que se trate de libros, visto que na
maioría dos casos as edicións neste formato son caras, mais si ao
menos de todo tipo de títulos, publicados as máis das veces en
revistas, que permiten seguir o rastro dos traballos aparecidas até a
data. As linguas que aparecen na lista bibliográfica a seguir son o
galego eonaviego, o galego padrón e algunhas mostras en portugués, é
dicir, o ámbito galego-portugués, visto que tamén os autores
eonaviegos utlilizan esta lingua en certos casos como medio de
expresión. Portanto, a literatura eonaviega ten uns límites se se
quere chamar así abondo imprecisos, visto que no noso recompilatorio
figuran moitos autores que non son propriamente eonaviegos mais si
publicaron en medios eonaviegos, o que nos dá pé a incluílos aquí.
Non citamos, así e todo, todos os materiais de autores eonaviegos que
están publicados fóra do ámbito do ultraoccidente asturiano en galego
padrón, porque tal lista sería extremadamente longa.
Esta nosa relación inclúe todos os títulos literarios ou
paraliterarios publicados en eonaviego ou galego padrón en Asturias e
en certos casos en Madrid (tamén dúas cousas en portugués), así como
as obras do mesmo xénero publicadas na Internet. As obras da rede
están ora na Biblioteca Virtual Eonaviega, cuxo enderezo é:
ou na revista virtual Agora ou Nunca,
cuxa ubicación está en Portugal (baixo a codirección de António
Marques e Xavier Frías). O seu enderezo é:
Incluímos por igual obras de creación,
traducións e estudos literarios. Amecemos tamén algún estudo
literario publicado fóra de España sobre a literatura galega que
outramente tería difícil referencia.
As referencias das tres revistas principais ás que facemos referencia
son:
AF= A
Freita, MDGA, Eilao (Asturias).
BVEN = Biblioteca Virtual Eonaviega, Colectivo Cotarelo
Valledor.
OE = O Espello, suplemento literario de A Freita,
MDGA, Eilao (Asturias)
AoN= Agora ou Nunca, |
Sinalamos igualmente o tipo de traballo
do que se trata (conto <infantil>, relato, estudo, artigo <de
literatura>, etc.) Somos perfeitamente conscientes de que faltan
moitas entradas bibliográficas, mais esperamos que ao menos a maioría
das obras estean presentes e que o traballo sexa significativo del labor
literario que se fai no Eo-Navia. Repárese en que moitos autores
galegos publicaron nalgunha das revistas eonaviegas e que ao mesmo tempo
hai abondas traducións de escritores estranxeiros.
Outro elemento que é significativo é a importancia crecente que ten a
edición na rede. No caso da revista O Espello, alén da súa edición
en papel, ten outra en liña que pode ser visitada no enderezo:
Xorde unha reflexión sobre el valor que
ten a edición na rede no caso de culturas que se expresan nunha lingua
minorizada, como é o caso eonaviego, cuxos medios son bastante
inferiores aos que se teñen en Galiza para o galego común. A primeira
experiencia foi a da revista Agora ou Nunca, encetada en 1999 e que
malia non ser unha revista na que se publiquen exclusivamente textos en
eonaviego, si é certo que serviu para difundir a literatura escrita
nesta variante galega en igualdade de condicións cos textos redixidos
en galego común e portugués.
Doutra banda, a Biblioteca Virtual Eonaviega converteuse nun ponto de
referencia para a difusión de textos soltos de todos os xéneros, mesmo
teatro, que doutro xeito serían difíciles de publicar. A grande
avantaxe das publicacións en liña é que poden ser consultadas en
calquera momento e desde calquera parte do Planeta.
2. REPERTORIO
ALAS, Leopoldo «Clarín» (2000): Relatos. In BVE. Trad. de
Xavier Frías Conde.
ARAGUAS, Vicente (1996): Escolma de "O gato branco", in
OE 2,
páxs. 15-16. Poemas.
ARAGUAS, Vicente (1998): A chuvia en Nantes, Oda a Luis Mariño, in
OE
5, páx. 13. Poema.
ARAGUAS, Vicente / FRÍAS CONDE, Xavier (2000): "La Galice
aujourd'hui, sa langue et sa litterature", in Hopalà 2. Hopala :
Plougastel - Daoulas, 68-75. Artigo.
BABARRO GONZÁLEZ, Xoán (1995): "Escolma da Obra de Antolín S.
Mediante", in Britonia 1, páxs.. 11-71. Artigo.
BELLO, Xuan (1997): Antón Negueira Corvo, "El mulato de Boal",
in O Espello 3, páxs.: 17-18. Tradución de Crisanto Veiguela. Relato.
BELLO, Xuán (2001): Paniceiros e outros poemas, in OE 8. Poemas.
Tradución de Xavier Frías Conde.
BLANCO RAMOS, Carme (1999): Entretempo, in OE 6. Dous relatos.
BOUZA ÁLVAREZ, Fermín (1996): Antoloxía, in OE 2, páxs. 3-5. Poemas.
CARBEXE, Fredo de (1997): Mourén dos Fondales. Xeira, A Caridá.
Poemario.
CARBEXE, Fredo de (2000): Poemas in Milenio, poesía ultimísima
española (ed. de Basilio Rodríguez Cañada), Sial, Madrid. Poemas.
CONDE, Adela (1996): Salutaciois desde a mía ventá, in OE 2, páxs.:
12-14. Poemas.
CONDE, Adela (1997): Brisas, in OE 3, páxs.: 19-21. Poemas.
CONDE, Adela / VEIGUELA, Crisanto / FRÍAS CONDE, Xavier (1998):
Carreiros. Ed. Río Xuvia. Xuvia (Ferrol). Caderno de poesía.
CONDE, Adela (2000): Contos á tardiquía. Colección Castelo das
Letras. MDGA, Eilao (Asturias). Contos.
CONTE, Ánchel / FERRER FANTOBA, J. María / NABARRO, Chusé Inazio
(1998): "Escolma poética aragonesa", in OE 5, trad. de Xavier
Frías Conde.
COSTA, Abel da (2002): Choída e outros relatos, BVE.
D'LOM SUÁREZ, Covadonga (2000): Xestos, in OE 7, páxs.: 16. Poemas.
D'LOM SUÁREZ, Covadonga (2001): Ao filo da cidade, in OE 8. Poemas.
DUARTE i MONTSERRAT, Carles (1998): Poemas, in OE 5, trad. de Xavier
Frías Conde.
FALCONNI, Giovanni, (1998): Su furisteri / O forasteiro, in
OE 5, trad.
de Xavier Frías Conde.
FERNÁNDEZ, Xosé Máximo (1995): Cultivo de humanos en Arret, in
OE 1.
Eilao, Asturias, páxs. 3-6. Relato.
FRÍAS CONDE, Xavier (1995): Na compaña dos lobos, in. OE 1. Relato.
FRÍAS CONDE, Xavier (1997): AA literatura asturiana en galego dende
1975@, in Actas de la IV Xunta d=Escritores Asturianos, pp. 111-124.
SPPA. Oviedo. Comunicación sobre literatura.
FRÍAS CONDE, Xavier (1997): De costume imposible, in OE 2. Poemario.
FRÍAS CONDE, Xavier (1998) "Nos confíns da literatura galega: a
literatura galega de Asturias". In Revista de lengua y literatura
catalana, gallega y vasca. UNED. Madrid, páxs.: 223-239
FRÍAS CONDE, Xavier (1998): "A literatura galega de Asturias nos
tres primeiros cuartos do século XX", in AF 12, páxs.: 41-46.
FRÍAS CONDE, Xavier (1998): Invernía, in OE 3. Eilao (Asturias).
Poemario.
FRÍAS CONDE, Xavier (1998): Leito de vozes, in OE 4. páxs.: 19-23.
Poemas en portugués. Tamén en AoN 1 (1999).
FRÍAS CONDE, Xavier (1998): Xeitos de outono. Revista Madrygal 1. Edit.
Complutense. Madrid. Poemas.
FRÍAS CONDE, Xavier (1999) "Llenyddiaeth Aliseg ac Astwurieg: Rhai
cyffelybiaethau a rhai gwahaniaethau yn eu datblygiad <Galician and
Asturian Literatures: Some Similarities and Some Differences in their
Evolution". In Taliesin. Welsh Academy (Welsh literature promotion
agency) Cardiff. 49-57 (Welsh translation by Lowri Catrin Jones).
Artigo.
FRÍAS CONDE, Xavier (1999): "Cancelas entreabertas". In AoN
2. Poemas en prosa.
FRÍAS CONDE, Xavier (1999): O galego exterior ás fronteiras
administrativas. VTP, Xixón. Inclúe unha completa colección de textos
da tradición oral das zonas do chamado galego exterior.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): A odisea de Pere Xil. In BVEN. Relato
infantil. En breve na colección Castelo das Letras, nº6.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): Azul e terra. ACEF. Madrid, 2000. Caderno
de poesía.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): Introdución á literatura eonaviega. In
BVEN. Estudo de literatura.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): Onde sempre estevo, in BVEN. Relato.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): Contos e cantigas eonaviegas. VTP, Xixón.
Libro recompilación de literatura oral da Terra Eo-Navia.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): El furado de Andrés, el cempés, in
BVEN.
Obra de teatro infantil.
FRÍAS CONDE, Xavier (2000): O segredo do señor abade, in OE 7, páxs.:
6-8. Relato.
FRÍAS CONDE, Xavier (2001): 36 haikus, in AoN 6.
FRÍAS CONDE, Xavier (2001): Onde sempre estevo. in BVEN. Relato.
FRÍAS CONDE, Xavier (2001): Terra á vista! in BVEN. Peza de teatro.
FRÍAS CONDE, Xavier (2001): Temos tanto que calar. In OE 8. Poemas.
FRÍAS VIANA, Elena (2000): Salada de contos, in BVEN. Contos infantís.
GARCÍA, Antón (2000): O pelegrín valente., in BVEN. Conto. Trad. de
Xavier Frías Conde.
GONZÁLEZ, Henrique (Quique de Roxíos) (1999): Teño dolo da túa
risa,
in OE 6. Poemas.
GONZÁLEZ, Henrique (Quique de Roxíos) (2000): Contos para nenos bos,
ruíos e de oitenta anos, in BVEN. Contos infantís. En breve na
colección Castelo das Letras, nº 5.
GONZÁLEZ, Humberto (1996): Poemas en prosa, in OE 2, páxs. 17-18, trad.
de Xavier Frías Conde.
GONZÁLEZ, Humberto (1998): Escolma de "As esferas do tempo",
in OE 5, trad. de Xavier Frías Conde.
GONZÁLEZ IGLESIAS, Maite (1997): "Plantas", in OE 3, páxs.:
13-14, trad. de Crisanto Veiguela. Relato.
GONZÁLEZ, Susana e VEIGUELA, Victoria (2000): Simbiose. ACEF. Madrid.
Poemario.
GRIMM (2000): Contos de Grimm. Colección Castelo das Letras, MDGA,
Eilao (Asturias). Trad. de Xavier Frías Conde.
Grupo poético TROSTOLONS (1998): Escolma poética friulana, in OE 5,
trad. de Xavier Frías Conde.
HERNÁNDEZ, Pau Joan (1997): Gloria e caída de Indaleci Vidal, in
OE 3,
páxs. 3-8, trad. de Xavier Frías Conde. Relato.
IGLESIAS FERNÁNDEZ, Lluis Aique (1998): O reloxo de Anne Marie, in OE
4, páxs.: 7-9. Trad. de Xavier Frías Conde. Relato.
LAVESEDO, Daniel (2001): Polavila e outros relatos. In BVEN. Relato.
LÓPEZ SILVA, Inma (1998): Hora Senlleira, in OE 4, páxs.: 10-14.
Relato.
LÓPEZ SILVA, Inma (2000): "Grupos e antigrupos, asasinatos,
cánticos e espectáculos na poesía do Grupo dos 90"., in AF 15,
páx.: 15-31. Artigo.
LÓPEZ SILVA, Xosé Antonio (2001): Microrrelatos, in OE 8. Contos.
LOZA PÉREZ, Ángeles & LÓPEZ IGLESIAS, Carmen & CASCUDO
SÁNCHEZ, Josefina & CASCUDO NOCEDA, Rafael (1995): Xelín y Toxo,
Servicio de Publicacións do Principado de Asturias, Oviedo, 1995.
MARÍN ESTRADA, Pablo Antón (1995): Como seres humanos, in OE 1. páxs.
11-14, trad. de Xavier Frías Conde.
MARIÑO DAVILA, Esperanza (1998): "Todo a Cen", de Jaureguizar,
in OE 4, páxs.: 23-27. Artigo.
MARIÑO DAVILA, Esperanza (1998): "A condición feminina en Mark
Twain", in AF 11, páxs.: 30-38.
MARIÑO DAVILA, Esperanza (1999): Dous relatos, in OE 6. Relatos.
MARIÑO DAVILA, Esperanza (2000): Pentesilea, in BVEN. Relato. Tamén en
OE 8 (2001).
MARIÑO DAVILA, Esperanza (2000): Zabornín e Dolfo, in OE 7, Eilao
(Asturias). páxs.: 10. Relato.
MARQUES, António (1998): Viagem à terra da chuva, in AF 13, 72-76.
Artigo.
NÚÑEZ, Marta / GUILLÉN DOPICO, Amanda (2000): Vidas Cruzadas, in
OE
7, páxs.: 8-9. Relato.
Ó CONGHAILE, Micheál (2000): De Comhrá Caillí, in OE 7, páx.:
13-14. Trad. Xavier Frías Conde
PEREIRA VALCÁRCEL, Manuel (1998): Errare humanum est, in OE 4, páxs.:
3-6. Relato.
PITA, Charo (2000): Dous contos, in BVEN. Dous relatos para adultos.
PITA, Charo (2000): Igor é xa todo un home, in BVEN. Relato infantil.
PITA, Charo (2000): Horror Vacuo, in OE 7, páxs.: 10-11. Relato.
PONCELAS ABELLA, Aquilino (2000): Aú-la xente, in OE 7, páxs.: 3-4.
Relato.
REGUEIRO, Natalia (2001): "A transversal ponte intercultural do
Grupo Bilbao", in OE 8. Artigo.
RODRÍGUEZ CAÑADA, Basilio (1999): As adolescentes (escolma
poética),
in OE 6. Poemas. Trad. de Xavier Frías Conde.
RICO, Xosé (1995): Matinada, in OE 1, páx.: 16. Poema.
SAINT-EXUPÉRY, Antoine (2000): El Principín, in BVEN. Trad. de Xavier
Frías Conde.
SEARA, Teresa (1998): "Singraduras", in AF 11, páxs.: 24-29.
Artigo.
SUÁREZ, Xosé Miguel (1996): "Apuntes sobre a literatura en galego
asturiano", in Lletres Asturianes 58. páxs..21- 22.
VÁZQUEZ FREIRE, Xavier (1998): Arañeira e outros poemas, in OE 4,
páxs.: 17-18. Poemas.
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (1995): Se hai que cantar, in OE 1, páxs.:
18-19. Poema.
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (1996): Remembranças, in OE 2, páxs.:10-11.
Poemas.
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (1997): El leite mouro, in OE 3, páxs.:
15-16. Relato.
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (1998): Naturaleza marina, in OE 4, páxs.:
15-16. Tamén en AoN 1 (1999).
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (1998): "Cinco poetas do Eo-Navia da
xeración de 90 en lingua galega: a procura da identidade nas raíces da
memoria", in L'oficiu d'escritor, Actes de la V Xunta d'escritores
asturianos. SPPA, Oviedo, páxs.: 69-83. Artigo.
VEIGUELA MARTINS, Crisanto (2001): A vida sempre e sobretodo. ACEF,
Madrid. Poemario.
VEIGUELA, Victoria (1999): Velaiveñen, in OE 6. Poemas. Tamén en AoN 6
(2001)
VEIGUELA, Victoria (2000): Lentamente, in BVEN. Poemas.
VEIGUELA, Victoria (2001): Seis poemas, in OE 8. Poemas.
VILALAÍN, Salvador (1999): Ladrón, ladrón, in OE 6. Relato.
VILAREYO, Xaviel (1999): Os novos poemas, Xeira, A Caridá.
VILLALTA, L. (2001): "Dous Relatos", in OE 8. Contos.
VILLAR LOZA, Conrado (1999): Un feixe de tapiegadas [Facsímil da
edición de 1922 y partituras d'Etelvino Méndez Martínez],
Consellería de Cultura, Principado de Asturias.
VV.A.A. (2000): Mostra de poesía galesa contemporánea, in OE 7, páx.:
12-13. Trad. de Xavier Frías Conde.
VV.AA (2002): Entrerríos. in BVE. Relatos de Xosé Máximo Fernández,
P.A. Marín Estrada, Charo Pita, Xavier Frías e Cristóbal Ruitiña.
|