Centro de Documentación da AELG
O sorprendente debut de Xabier Quiroga cunha ambiciosa novela de seiscentas páxinas
Autores/as relacionados/as:

     Unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar o que, quizais, non sabemos de nós mesmos.

 

    Atuado na braña relata a teima de Luís, un personaxe acomodado e triunfador, na procura do seu pasado. Un segredo revelado pola nai convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces, pero tamén supón reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra, os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacáble persecusión que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga á descuberta duns feitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar. Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar o que quizais, non sabemos de nós mesmos. Historia longa, á vella usanza, constitúe o sorprendente debut literario de Xabier Quiroga, un escritor que ten raíces no Saviñao.