Pasou pola axéncia e xa non habia ninguén. Nacho estaria nalgun
servizo e Micha raras veces ia polas tardes. Sobre a mesa do vello
deixou o sobre co talón e os cartos, agás os quince mil pesos que
acordaran que lle pertencian a el polo traballo.
Antes de ir á casa detivo-se nun hipermercado
onde se aprovisionou de viandas e bebidas. El non adoitaba beber alcool,
agás cervexa, asi que mercou catro botellas dunha marca alemá, e
pensando en Inés, que nen cervexa bebia, mercou unha botella de auga
mineral francesa. Era unha sofisticación que lle queria oferecer en son
de paz, case parecia unha excentricidade. As viandas estaban pensadas
para unha cea fria: tres tipos de paté, catro ou cinco clases de queixo,
salmón frio, xamóm doce, morangos e nata montada, tarta xelada...
Parecia suficiente para a cea de duas persoas que non eran desas que
botan meia vida falando de comida
Mauro tiña alugado un apartamento na parte
baixa da cidade. Era un edifício de nova construción no meio das
restantes casas vellas. Rompia dun xeito brutal a harmonia da rua, ainda
que na licenza de construcción puñan-lle unhas condicións que lle
pereceron leoninas ao construtor. Como se fose unha vinganza, el mangou
ali un bódrio cheo de alumínios, laxeado de materiais de imitación
que se imitan a si mesmos, estreito e angosto
en todos os sentidos, porque sen rebasar a altura das casas colindantes
que teñen dous andares e faiado, el fixo catro andares, faiado
habitábel e sótao para garaxe. Non conforme coa fealdade que acadou
con todo isto, en riba da porta de entrada do edifício plantou-lle un
enorme letreiro no que di que foi construído por el e pola sua dona en
tal ano. Cada andar está dividido en dous apartamentos, un que dá á
rua e outro que mira para os pátios traseiros das casas da rua
paralela. Nun destes, o que corresponde ao terceiro andar, vive Mauro.
Xa compartian o ceu sol e lua cando chegou
Mauro á sua vivenda, composta dun salón-cociña, un dormitório e un
cuarto de baño, pequeniño como de xoguete. Sempre que chegaba á casa
o primeiro que facía era prender o xira-discos, que continuaba a sua
andaina no lugar onde fora interrompida anteriormente. Desta vez a voz
de Mick Jagger dicia:
And time waits for no
one.
And it won't wait for me.
Time waits for no one.
And it won't wait for me.
|
Tratou de
ordenar algo o habitáculo. Non é que quixese causar-lle a Inés unha
boa impresión, porque ela xa estaba acostumada a compartir con el unha
suportábel desorde, mais tamén desexaba mostrar-lle unha certa deferéncia
naquela ocasión.
Preparou a mesa e sentou-se a agardar lendo
unha revista. Mick Jagger continuaba advertindo, a quen quixer escoitá-lo,
que o tempo non se debe desperdiciar.
Men they build towers
to their passing.
To their fame everlasting.
Here he comes choppinhg and reaping.
Hear him laugh at their cheating.
|
Sobresaltou-se
lixeiramente cando sentiu que chamaban á porta. Foi abrir. Surprendeu-se
ao ver que
era Inés, porque desde o primeiro momento ela tiña unha chave da casa
de Mauro. Preferiu non dicer nada sobre aquilo, se chamaba e non abria
coa sua chave era porque queria marcar algunha diferenza entre pasado e
presente. Franqueou-lle o paso e, despois de fechar a porta, foi detrás
dela.
Non me podo quedar moito
dixo Inés ao ver a mesa preparada.
Ti sempre te foche cando che deu a gana, nunca te retiven á forza nen
con enganos espetou-lle Mauro como para lle dar a entender que non Ile
importaba. Mais supoño que te sentarás un pouco para que falemos.
Sentou-se a rapaza no mesmo lugar en que o facia case sempre, un sofá
que encaraba ao televisor e cabo do cal estaba a mesa co xira-discos.
Mauro sentou-se ao pe dela. Ambos permaneceron un intre en siléncio.
Non quero que me vaias ver máis ao traballo. Se me volven a pillar
despois do aviso que me deron, poñen-me na rua imediatamente.
E onde queres que te vexa cando desapareces misteriosamente. Ainda que
non penses que vou andar detrás de ti, a min tanto me ten que veñas
como que non veñas. O que quero saber é por que.
Escoita, Mauro
falou Inés virando-se cara a el e mirando-o fixamente
aos ollos, eu non desparecin misteriosamente, ti sabias perfeitamente
que eu non queria continuar algo que non me gosta de todo, o que pasa é
que ti non me fixeche caso, seguramente pensache, como sempre, "xa
volverá" e como non volvin por iso dis que desaparecin.
E como cres ti que debo interpretar eu que, sen máis nen máis, ti te
apresentes un dia dicendo que tes que reflexionar porque non ves as
cousas claras? Se me descoido parece unha crise mística...
Quedou Inés un anaquiño calada. Os seus formosos ollos verdes seguian o
percorrer do dedo indicador da man direita pola tea do pantalón.
Mauro ti e máis eu case non nos
coñecemos, isto non quer dicer nada,
cando estou contigo sinto-me francamente ben, sempre penso que iso é
a felicidade de duas persoas, pero é despois, cando me vou, cando teño
a rara sensación de que estiven cada vez cunha persoa distinta, cun
descoñecido.
Tes razón que é difícil de comprender, porque eu nunca che prometin
nada distinto de que tratásemos de estar ben xuntos. Seguramente che
contei poucas cousas de min, mais é que poucas cousas hai que eu queira
lembrar.
Non se trata de que me fagas a tua biografia cada vez que estamos
xuntos, a min non me importa iso, co que sei abonda-me e mesmo case me
sobra.
Por que non deixamos esta léria e
ceamos?
Non teño apetito e xa che dixen que
me teño que ir axiña. Vin porque
cho prometin pola mañá.
Pois xa
viñeche. Mais, sabes o que che digo? Nunca puden suportar ás
persoas que pasan a vida chantaxeando aos máis para que muden de forma
de ser, as persoas que, no canto de querer ou odiar aos máis por ser
como son, están arreo dicendo-lles como teñen que ser. Eu son como
son, e máis nada. Facer-se nas ruas sempre coa mosca detrás da orella
de cando te van pillar e embarcar-te para que regreses aonde ti non
queres estar, non é precisamente a mellor maneira de te converter nunha
persoa que vai por aí crendo que o próximo é digno de toda confianza.
Tampouco é unha maravilla conviver con quen non confia en ti máis do
que confia na pasma.
Calaron os dous de novo e perrnaneceron asi un tempo.
De todos os xeitos eu penso que o mellor vai ser deixá-lo por agora
falou
Inés por fin. Sempre estivemos de acordo en que isto debia durar
mentres os dous nos atopásemos ben xuntos, eu agora prefiro pensá-lo
un pouco de tempo...
Está ben, está ben
dixo Mauro visibelmente
irritado. Fai o que che dé a gana, eu tamén sei prescindir, sempre tiven que prescindir de
algo.
Ergueu-se Inés do asento e anicou-se diante de
Mauro. Pillou-lle as mans entre as dela e
mirou-no de frente.
Mauro, estou case segura de que volverei onda ti porque penso que te
amo e que seguirei amando-te, mais sinto a necesidade de comprobá-lo.
Eu tamén arrisco moito nisto, porque pode suceder que se eu chego a me
dar conta de que te quero de todas, todas, daquela ti xa non me ames.
Deixa-me ir agora para que tamén ti podas coñecer se, ademáis de estar
a gosto comigo, me necesitas.
Mauro non pronunciou nen unha palabra, se algunha debilidade
tiña non
deixaba que ninguén lla notase nunca, sempre hai alguén agardando a coñecer-che unha debilidade para se escoar polo buraco. Inés foi-se
cara a porta, abriu-na e desde ali virou-se cara ao rapaz.
Quedo-me coa chave da casa por se volvo
dixo baixiño.
Mauro escoitou o ruído da porta e botou-se para atrás no sofá abrindo
os brazos para abranxer o respaldo inteiro. Mick Jagger seguia a cantar.
The hand of fate on me now.
It picked me up and it knoched me dow.
I'm on the run, I'am prison bound.
The hand of fate is a heavy now.
|
Xa non tiña ganas de cear. Puxo-se en pe, tomou a cazadora e baixou á
garaxe no ascensor. Desta vez non habia ninguén agardando por el.
Pasou coa moto polo semáforo no que quedara citado con Henrique. Ainda
faltaba meia hora para as dez e non estaba. Na soleira das escadas dunha
igrexa uns rapaces bebian cervexa dunha botella que ian pasando duns a
outros. De pe, apoiado nunha esquina da mesma igrexa, un home calvo
parecia agardar por alguén.
Para facer o tempo foi dar unhas voltas
polas ruas. Hai quen, cando está nervoso toma píldoras para se
tranquilizar, hai quen fuma, Mauro daba longos paseos en moto e cando a
situación anímica era especialmente complicada, botaba-se á estrada e
papaba unha boa
ración de quilómetros.
Ás dez en ponto aparcou perto do semáforo. De lonxe viu como Henrique
baixaba polo paseo cara ao lugar do encontro. Botou-se a andar cara a
el. Ao mesmo tempo, o home calvo que agardaba de costas contra a parede
da igrexa, tamén comezou a andar cara a Henrique. Cando entre Mauro e
Henrique mediaban uns cinco metros, Mauro fixo-lle un aceno de saúdo.
Que hai, Henrique? Que tal?
O home calvo, que parecia dirixir-se tamén coa areia de lle falar a
Henrique, mirou a Mauro con cara de surpresa e de súbito, virou a sua
traxectória e alonxou-se andando a bon paso, case correndo.
Henrique e Mauro saudaron-se.
Xa sei aonde se dirixia a mulher
falou o rapaciño.
Xa mo contarás. Ceache?
Não. Não ainda.
Pois ven-te comigo, que mo contas todo mentres
ceamos xuntos na miña casa.
Montaron ambos na moto e marcharon do lugar.
Cando Mauro e Henrique
estiveron no apartamento, e antes de nada, xa Mick Jagger dicía:
A smile relieves a heart that grieves.
Remember what I said. Um not
waiting on a lady.
I'm just waiting on a friend.
Um just waiting on a
friend.
|
Sentaron-se ambos á mesa e comezaron a dar conta das viandas que Mauro
preparara para compartir con Inés.
Até a água está saborosa
dicia
Henrique bebendo e comendo con degaro.
Pois ti procura non perder bocado nen grolo, mais vai
gañando o talego
que che oferecin e conta-me que fixo a fulana.
Fui atras dela até que se meteu no portal duma casa
botou man ao peto
da camisa e tirou dela un papeliño, depois apontei o nome da rua e o
número da casa. Rua Vigal Diaz, 17. Quando entrou no portal agardei a
que se escoitasse a porta do elevador ao se fechar, então entrei e
agardei a que parasse. Parou no quarto andar.
Un traballo moi ben feito. Verdadeiramente profisional,
louvou Mauro
con sincera admiración o informe que lle rendia o rapaz E canto pasou
ali?
Exactamente desde que chegou ao andar que ia, até que voltou a sair do
edifício, passaram noventa e sete minutos.
Un talego ben
gañado falou Mauro limpando as mans nunha servilleta de
papel para, a continuación, tomar do peto un billete de mil pesetas e
pór-llo a Henrique ao alcance da man esquerda. Trato cumprido.
Obrigado
dixo o rapaz mentres gardaba o
billete no peto da sua camisa
e pondo-se de pe como para se ir.
Acaba de papar que isto é unha invitación
miña, non forma parte do
trato. Non ia comer todo isto eu só, simplesmente ocorre que tiña un
convidado que non pudo vir, asi que me vin na obriga de procurar quen me
axudase con tanto traballo acumulado.
Obrigado
volveu a dicer o convidado.
Dou-che por cumpridas todas as formas de agradecimento e urbanidade de
aqui aos proximos cen anos, asi que non me amoles máis con obrigados e
si señores.
Quedou o rapaz un pouco cortado con aquel rechazo de Mauro polas suas
manifestacións de agradecimento e seguiu a comer en siléncio.
Cantos anos tés?
espetou-lle Mauro de súbito.
Tenho
dezasseis, senh...
Non te cortes, home, non te cortes, que tampouco
é iso riu Mauro. E a que andas por aqui?
Ja vê, a vender panos de papel nos semáforos.
Home iso xa o sei.
Quero dicer que como viñeche
parar aqui.
Voçê nao será polícia?
preguntou Henrique con cara asustada.
Podes estar seguro de que non. Nen sequer cando xogaba de neno a
policias e ladróns, fun nunca policia, sempre ladrón. Está tranquilo
que por min podes ficar aqui para sempre.
Há ja um ano que passamos a fronteira toda a família junta, mas nesta
cidade estou só.
Quedaron novamente calados. Agora xa non comian. Só xogaban cos vasos
mentres tomaban groliños, Mauro de cervexa e Henrique de auga mineral
francesa.
Mauro interrompeu o siléncio
Henrique Podo fazer-lle uma
pergunta?
Ti pergunta o que quixeres, sempre que eu non estexa na obriga de che
responder.
Voçê... Tu és un detective.
Poderia-se dicer que si, ainda que na realidade non son máis que
auxiliar dun detective. O que non está tan mal, tendo en conta que non
hai nen seis meses que era o recadeiro da axéncia.
Logo sabes procurar pessoas desaparecidas?
As desaparecidas, polo xeral, non as topa ninguén. As perdidas fan o
posíbel por ser achadas e as que se esconden son as que eu, ás veces
topo.
Eu queria topar nesta cidade uma irmã minha que ando a procurar, como
deveria fazer?
Depende, mais eu son quen de te convidar a cear un dia, o que non quer
dicer que traballe por amor á arte. De todos os xeitos conta-me a tua
história, que sempre pode aparecer por casualidade cando un anda noutro
chollo.
A minha irmã tem dezassete anos e deveu chegar aqui há uns seis
meses.
Para comezar non podíamos ter menos.
Ela
foi-se porque o nosso pai começou a dizer, cuando estaba bêbedo,
que a ia matar. Maria do Céu ficou grávida do dono dum bar no que o
meu pai a meteu para que ajudasse na cozinha. Dous meses antes de nascer
a criança ele inteirou-se e Maria do Céu fugiu. Um dia o velho chegou
bêbedo como sempre e começou a bater na mãe até deixá-la por morta,
então ele também tivo que fugir por medo a que o detivessem por
assasinhato. Eu levei minha mãe e os meus irmãos pequenos a outro
lugar longe da raia seca, assim, se o meu pai chega a saber que a velha
não morreu e quer voltar, não dará connosco, mas quero que Maria do
Céu saiba onde estamos. E se ela quer voltar que volte.
E por que pensas que veu aqui?
Quando fugiu, a mim disse-me que viria procurar a vida por esta cidade.
Non parece difícil topá-la, porque por isto que me dis ela quer poder
ser topada. Esta noite non teño traballo que facer e teño algo de
pasta, daremos unhas voltiñas a ver se sabemos algo. Ti onde moras?
Estou a dormir num barco varado numa praia que há por trás dum
hospital, não sei como se chama.
Chama-se a
Pedreiriña.
Ainda que não sei se poderei seguir ali muito tempo, porque hoje
quando estava para amanhecer despertaram-me umas vozes. Assustei-me e
quando tentava fugir do barco descobriram-me. Eran quatro. Um correu
atrás de mim sem me dar colhido.
Por unha noite podes dormir aqui, mais despois procuras acobillo pola
tua conta. Nesta casa podemos dar ceas, pero non damos camas.
Tenho que voltar ao barco a procurar as minhas cousas. Estám ali
todas, se não mas tiraram aqueles homes.
Como queiras. Agora imos dar unha volta polos lugares onde podan dar
razón da tua irmá, se está por estes contornos.
Saíron do apartamento e baixaron a
procurar a moto.
O primeiro local no que entraron foi o Memphis. Era un local que estaba
situado nos arrabaldes da cidade. Por fora era un caseto de blocos sen
lucir ao que se lle praticaran unhas xanelas mesmo debaixo do beiril do
tellado de uralita. En riba da porta, unha luz vermella indicaba de que
tipo de local se trataba. A decoración interior era austera a máis non
poder. Unha barra de madeira de piñeiro barnizado. Duas mesas situadas
nas esquinas do local, mesmo diante de outros tantos bancos que
percorrian o ángulo que formaban as paredes, e un par de taburetes.
Luces de tons azulados contribuían a consevar o nivel de escuridade que
as actividades próprias do local requerian.
Cando entraron Mauro e Henrique non habia nengun cliente dentro.
Arrimaron-se á barra e imediatamente acudiu a rapaza que se topaba por
dentro do mostrador.
Boa noite
dixo a muller cruzando os brazos por baixo do xeneroso peito
e apoiando-os na superfície de madeira. Que vos
poño?
Unha cervexa e unha tónica
falou Mauro, xa que acordaran que Henrique
permaneceria calado o máis posíbel a fin de non chamar demasiado a
atención sobre
da sua presenza.
Non tardaron en se achegar as outras duas mulleres.
Xesus! Naceu un corvo branco!
dixo unha delas abrazando a Mauro.
Era unha muller morena como de trinta ou trinta e cinco anos, case tan
alta como Mauro e con meia dúcia de quilos demais. Ainda asi estaban
suficientemente ben repartidos como para que non parecese, a primeira
vista, que lle sobraban, pois parte deles contribuían a lle conformar
unhas poderosas ancas, que de perdé-las, de seguro que se ia con elas o
noventa por cento do seu encanto, que é tanto como dicer a ruína da
sua indústria nunha economia libre de mercado.
Ceibou-se Mauro do abrazo da muller.
Sei-che de moitos sítios onde a cervexa é máis barata e gosto máis
de ti ás cinco da tarde. Favorecen-te os Ienes raios do sol da tardiña.
A outra muller era baixa. Levaba o pelo curto e todo de ponta. Non teria
máis de vinte anos e catro ou cinco pequenas cicatrices no rosto, lonxe
de afeá-la, axudaban a criar nela un encanto especial, o mistério de
ser posuidora dunha história que contar.
A que estaba no mostrador puxo as bebidas e foi-se sentar ao fondo,
debaixo dunha luz. Colleu un labor e comezou a facer renda.
A que me invitas?
estaba a lle dicer a do pelo curto a
Henrique.
A lle dar á badela
interveu rapidamente Mauro. Deixa o rapaz en paz
que ven comigo para me termar das gafas da moto.
Pois conversa queda-che-me moita toda a noite
dixo a muller. Vou-me
sentar un pouco.
Acouga aí
falou a morena, Mauro é un bon amigo
meu e non precisa
convidar mentres non haxa máis clientes. Conta-me, come che vai Mauriño?
Dabute,
Carballesa, dabute, por iso veño pouco por aqui, porque non teño penas que che contar, e a ti o que che vai é escoitar como che
contan as penas os tios. Ti es unha madraza, Carballesa.
Non me chames Carballesa, chama-me
Toña. Esta é Lídia.
E un verdadeiro pracer
dixo Mauro facendo un remedo de exaxerada
reveréncia. As novas adquisicións que
veñen a incrementar a corte do
Merexildo, sempre é un placer coñecé-las, paran tan pouco e viaxan
tanto que teñen a cultura dos que ven moito mundo.
Tes uns amigos que son moi graciosos
dixo Lídia. Este fai piadas
para que nos divirtamos e o meniño que trai con el fai-lle graza a miña
cara e fíta-me como se tivese monos nela.
Entrou un cliente e a da renda foi-no servir. Estaba completamente
borracho. A Carballesa fixo-Ile un aceno á da barra e esta obrigou-no a
lle mostrar os cartos antes de servi-lo. Puxo-lle un
güisque recén pasado do garrafón á botella preparada para que non se
pudese volver a encher. O cliente mandou a metade dunha viaxe. Pousou o
vaso no mostrador, pero sen solta-lo da man. Comezou a falar coa muller
que o servira, que deseguida o convenceu de que a convidase a unha copa
que puxo doutra botella distinta. Entón o home comezou a berrar que por
que a el lle botara doutra botella. Que aquilo era unha estafa e que era
veneno. Todo misturado con palabróns e xuramentos. A muller trataba
infrutuosamente de calmá-lo, mais el cada vez berraba máis. Mauro,
Henrique e as duas mulleres miraban a cena en siléncio. O borracho
ergueu o vaso na man, e cando parecia que ia beber outro grolo, mandou-llo
á muller á cara que deu un berro espantoso. Mauro achegou-se ao home
e colleu-no por un brazo para virá-lo cara a el, pero non lle fixo
falta, porque aquel deu volta con rapidez e tirou-lle un golpe coa
direita que Mauro esquivou a duras penas. Cando o puño pasou pertiño da
orella esquerda do rapaz, este deu-se conta de que traía forza
suficiente como para pór patas arriba a un boi, asi que, aproveitou o
paso da cara do home para lle mandar un forte golpe na caluga que deu co
borracho en terra. Cando intentou erguer-se, Mauro lanzou-lle unha
patada nun lado da cabeza que puxo ao borracho a dormir.
Colleu-no pola parte de riba da xaqueta e comezou a arrastá-lo cara a
fora cando Toña lle dixo que non o botase asi, que ainda non pagara.
Agachou-se a muller enchendo o branco vestido de anca, remexeu nos petos
do horne, deu-lle un billete a Lídia e esta foi á caixa, colleu o
cámbio e a Carballesa meteu-llo no mesmo peto de onde sacara os cartos.
Nestas o home comezou a acordar e foi-se sentando no chan. Mauro
achegou-lle un puño aos ollos e o home ergueu as mans coas palmas cara
ao rapaz, aceno que este entendeu como sinal de paz. Axudou-lle a se
erguer, acompañou-no á porta e foi-se caladiño.
Mauro regresou ao mostrador e bebeu un grolo longo de cervexa.
Grazas,
Mauriño dixo a Carballesa.
Que forte es
falaba Lídia mentres lle apalpaba
os bíceps.
Favor por favor, Carballesa
dixo por fin Mauro, ven-te a aquela mesa
que quero falar contigo.
Foron-se sentar lonxe dos máis. Henrique e Lídia quedaron sentados nun
banquiño que percorria o anaco de parede que quedaba até a porta e que
se situaba tan perto da barra que facia as veces dos taburetes que non
habia. A terceira muller despira a blusa e, en suxeitador, secaba o
güisque do seu corpo.
O Merexildo contrata rapazas das que
veñen do outro lado da raia para
os seus tugúrios, non é asi? perguntou Mauro falando
baixiño.
Con frecuéncia, mais aqui, no Memphis, hai tempo que non temos
nengunha.
E nas outras?
perguntou outra vez o rapaz.
Segundo Merexildo, para nós é como se non existisen. Estexamos na que
estexamos, o mundo comeza na porta e remata na porta. Nen hai Merexildo
nen hai outras barras, el nomea unha encarregada e ela é a que manda.
Aqui a encarregada son eu. Non debo chamar a Merexildo a non ser que
haxa algun problema grave, sempre é el o que me chama a min. Se
quixeres falar con el, virá fechar.
Non me contes a tua vida, Carballesa, que non levo pano. Eu quero saber
en que barras hai rapazas novas que veñen do outro lado da raia, sen
papeis e con problemas.
Sabes perfeitamente que dese xénero hai en todas. Se non é un dia é
outro, pero en todas.
Asi que por aqui xa hai tempo que non ves nengunha...
Desde hai ano e meio que levo eu aqui de encarregada, só houbo duas, e
ti coñecia-las a ambas.
Unha alta xa velluza que se chamaba Roberta ou Alberta, ou algo asi?
perguntou
Mauro.
Esa. E a outra foi unha negra, forte e ben armada...
dixo Toña pondo
as duas maus por diante do peito.
Xa me lembro. Nengunha delas é a que eu
ando a procurar. Mais ti tes que saber algo máis do que me estás a
dicer, e isto non é pagar un favor como é debido, Carballesa.
Estou-che dicendo todo canto sei,
Mauriño. De verdade que non sei a
xente que hai nas outras barras do Merexildo, e como non estamos
sindicadas, tampouco che podo dicer que é o que hai por aí adiante.
Pero se ti
foses unha rapaza nova que acabas de chegar e queres gañar
un carto, a onde acudirias?
Seguramente a algunha amiga que me levase a onde convén...
Que é o Merexildo
rematou Mauro a frase da muller.
Ou outros moitos. Todos están desexando renovar e a todos lles
interesa ese tipo de material. Sempre están na corda bamba e non dan
problemas. Se non se portan ben e crean algun problema, din-lles que as
van denunciar e expulsión... Por iso son as que máis lles interesan a
todos.
Grazas,
Toña. Supoño que me dirias a verdade. Non lle vaias contar ao
Merexildo que ando nisto, que non quero encabrear-me contigo nen polo
que dis que non sabes nen polo que agora sabes dixo Mauro sorrindo.
Non tivo tempo de dicer nada Toña sobre o que acababa de escoitar,
porque naquel momento escoitouse no local o son dunha enorme bofetada.
Viraron-se os dous a un tempo e viron a Henrique tirado no chan e Lídia
diante del con ar de ameaza.
Meniño da merda
dicia irritada. Non di palabra, está a noite inteira
ollando para min como se eu acabase de vir da lua, e agora pon-se a me
pasar os dedos pola cara, tocando xustamente onde quero que ninguén me
toque.
Andou Mauro até chegar a onde estaban os prortagonistas do incidente.
Axudou a se erguer ao caído e con el polo brazo saiu fora.
Meia hora despois estaban noutro local
que parecia feito polo mesmo arquitecto que fixera o Memphis. Este
chamaba-se Arizona e tamén era propriedade do Merexildo, que tiña certa
debilidade polos nomes tirados das novelas do oeste.
Habia uns sete ou oito clientes, o que significaba para este tipo de
lugares unha auténtica aglomeración. Catro mulleres atendian a duras
penas a todos os homes que ali habia. Distribuían-se polo escaso espazo
habitábel do local de maneira similar ás do lugar do que procedian os
dous rapaces, unha atendia a barra desde dentro e as outras tres
repartian-se a atención dos clientes desde fora. Esta atención
consistia en facé-los beber e convidá-las a elas a cámbio do direito,
non escrito, do cliente a pór as mans onde máis lles petase en cada
momento.
Mauro e Henrique procuraron un lugar discreto, ainda quedada a pouca luz
e o entretido que estaba o persoal foráneo, poderia-se dicer que
calquer sítio permitia pasar inadvertido.
Non tardou en se lles achegar a rapaza que servia a quen
lle pediron
unha cervexa e unha tónica. Cando lles trouxo as bebidas Mauro debruzou-se
para lle falar.
Di-lle a Fernanda que corte co calvorota e que se achegue por aqui.
E logo, non vos vallo eu?
perguntou a rapaza pretendendo un ton
sedutor, pero que resultaba tan profisionalizado que non enganaba a
ninguén.
Para o que quero agora non. Outro dia hei volver para che dicer para
que me podes valer ti. Agora fai o que che dixen.
Afastou-se a camareira e foi falar cunha muller tinxida de loiro que
conversaba, entre grandes gargalladas, cun home totalmente calvo e que,
ao rir, abaneaba un enorme bandullo que ameazaba con mandar polo ar os
botóns da camisa. Ollou a loira cara a onde se achaban os dous amigos e
fixo un aceno de asentimento coa cabeza. Achegou a sua boca á orella do
calvo e falou-lle baixiño. O home ollou para a camareira do outro lado do mostrador e debruzou-se
para iniciar o palique con ela.
Chegou a reclamada ao pe dos rapaces e deseguida
recoñeceu o Mauro.
Mauro! Meu
filliño querido! comezou a dicer abrazando-se
nel. Canto
tempo sen nos ver, meu queridiño. Que te trai por aqui?
Ver-te, Fernanda, ver-te. Xa sabes que non podo pasar moito tempo sen
te ver.
Ai, que cousas tes! E non me vas apresentar o teu
amiguiño? Pero se é
un neno! Ti queres procurar-me un follón se aparece por aqui a pasma
con ganas de bronca. Leva de aqui este crio antes de que se monte un
círio.
Tránqui, Fernanda, tránqui. Encanto me digas unha
cousiña, xa nos
imos. Anda toma algo, que non quero que diga o Merexildo que lle entreteño ao persoal sen facer gasto.
Fernanda fixo-lle un aceno á encarregada de servir a barra que
deseguida se apresentou cun vaso co que aparentaba ser güisque con zelo.
Que me queres perguntar?
falou apremiante.
Teño moito interese en botar unha parrafada cunha rapaza que veu do
outro lado da raia e pode andar no negócio desde hai uns tres meses,
ainda que é moi probábel que quen a teña en plantel, xa haberá cinco
ou seis meses que contactase con ela.
Co que me estás a dicer non me fas pensar en ninguén.
Pudera ser que
teña un fillo moi pequeno, parece-me que é un paxariño á medida das gaiolas do Merexildo.
A muller pareceu quedar a pensar en algo. Bebeu un grolo do contido do
vaso.
Pois non che podo axudar, non sei de tal
pombiña.
Podes-me axudar pondo as antenas en funcionamento e se osmas algo,
chamas-me á axéncia e deixas-lle o recado a Micha.
Conta comigo
afirmou Fernanda.
Agora falamos dunhas licións que temos
pendentes ti e máis eu,
porque o curso ainda non rematou e quedan-che
algunhas cousas por aprender.
De seguro, mais agora ando nas praticas das
primeiras licións. Cando domine ben esta parte,
reanudarei o curso, perde coidado respondeu Mauro
rindo, mentres Henrique ollaba alternativamente para
un e outro. Agora volve co calvo, que á do mostrador
acumula-se-lle o traballo e non dá feito.
Virou-se Fernanda cara aonde asinalaba Mauro e despois volveu abrazar o
rapaz e lle dar bicos no pescozo.
Ti ven por aqui sempre que quixeres. Se convidas, convidas, e se non
que lle den bertorella ao Merexildo, ti es o meu fillo... Como se dicia?
Putativo.
Iso, o meu
fillo putativo. Se sei algo da tua amiga, xa te avisarei.
Despediron-se os tres e os rapaces saíron do local. Montaron na moto e
regresaron á cidade. Mauro ofereceu-se para levar a Henrique até a
Pedreiriña, mais o rapaz insistiu en ir a andar e só. Mauro, como tiña
por costume, non insistiu. Quedaron en que deixarian pasar uns dias
antes de se volver a ver para lle dar tempo a Fernanda a facer algunhas
averiguacións. Mauro confiaba máis nela que na Carballesa, ainda que
se dicia que a Carballesa coñecia todo canto facia o Merexildo polo dia
ou pola noite.
Henrique ceibou unha nova série de frases de agradecimento que Mauro
rexeitou dicendo que todo isto non significaba que el pensase en perder
nen un só minuto do seu tempo en lle axudar, se iso lle supuña perder
de gañar un peso.
|