22 | O Pensamento é a concavidade onde a Palabra estala, se multiplica, alastra, escinde como un cancro despiedoso (o Pensamento é dor) no atordoante deserto de millóns de partículas (o Pensamento é son inexistente) que ouvean nos silencios estrondosos (o Pensamento é furia) da caverna. E por ser son e furia é (ao tempo) revolta: dor, son, furia, revolta: o Pensamento. |