Acordei. Xa era hora. Despois do desesperante tirrií..., silencio. Acendín a luz e senteime na cama. Un día máis, un idéntico, monótono e triste día máis na miña vida. Quixera seguir durmindo como antes. Durmir sen soñar. O pesadelo que acabara de ter sacárame as gañas de todo: de durmir, de soñar e de vivir. Apoiei a testa na cabeceira da cama. Nada. Os ollos pechábanseme co sono. Teño que erguerme.¡Non! Supoño que se quedo cinco minutos máis non pasará nada. Onte estiven pensando moito. Non podo pensar tanto, rematarei toleando. Prendín ás tantas da mañá. Verei a todos os meus compañeiros, terei que falar con eles e sorrir. Os rapaces estarán histéricos cos exames e eu terei que animalos, darlles os folgos que eu non teño, tranquilizalos...¿E a min quen me sorrirá, animará, dará folgos, calmará...? Xa empezo outra vez. Será millor que me erga.
Separei as mantas das pernas e sentín o aire frío da mañá. Baixei as dúas pernas á vez e calceime as chinelas. Cando me levantei, sentín como toda a habitación daba voltas e tiven que apoiar a man na parede para non caer. Fun dando tumbos ata a porta e abrina. Ía moito frío, comencei a tremer. Silencio. Escoitei o silencio, era doloroso, ferinte, humillante... Sentín o sabor ácedo da miña boca. O cansancio dos ósos, da carne, da mente... Atravesei todo o corredor, entrei no cuarto de baño e acendín a luz. Espellos. Mireime, sinceramente tiña a cara dun morto. As olleiras eran negras, profundas, longas. Estaba palidísima, branca, tétrica. Tiña as pálpebras inchadas, os ollos vermellos, sen brillo, case inexpresivos... Os beizos tamén inchados e o pelo graso e tremendamente enredado. Abrín a billa de auga fría. Escoitei o correr da auga. Estará xeada. Imaxinei a sensación de frialdade e humidade da auga das mañás.
Cheguei case a sentila e un calofrío percorreume o corpo. Por moito que p ensara e por máis que o atrasase la ter que facelo. Collín o xabón lavei as mans e despois de inclinarme mollei os ollos. Botei outra vez auga por toda a cara. Cos ollos pechados tirei da toalla. Sequeime. Subírame o sangue á cara, estaba coloradiña, tiña as pestanas pegadas unhas con outras por mor da auga.
Sentei na taza do water e sentin o frío da cerámica nas pernas e levei instintivamente as mans a elas. O ruido profundo, característico, continuo, profundamente odio so. Regresei tremando á habitación. Abrín o terceiro caixón do tocador, collín unha braga, un suxeitador, unha camiseta e unhas medias. O eterno dilema... Collín os pantalóns azuis vaqueiros e o polo de raias. Apaguei a luz e marchei con todo para o cuarto de baño. Abrín a billa da bañeira e deixei correr a auga, desprendía un vap or húmido, quente, agradable. Desvestinme moi despacio deixando caer a roupa e collín o xel. Pechei a porta. A auga estaba ardendo ata facer dano. Odio todo. A casa é fría. Terei que decidirme dunha vez por todas e poñer calefacción. O quentador está vello, ruxe e quenta demasiado a auga.
Teño que deixarlle un papel a Carmen. Non sei que quero xantar. Cada día estou máis delgada, estoume consumindo, pouco a pouco, por dentro e por fora. Aclarei o pelo e o corpo. Saín para fóra, aquilo parecía unha sauna, os espellos xa non eran tales. Enxugueime e púxenme a roupa lentamente. Abrín a porta e un pouco a fiestra. Collín o secador da alacena. Enchufeino e dirixín o aire ós espellos e o vapor fuxiu pouco a pouco da habitación. Desenredei o pelo, boteille espuma e sequeino un pouco. Recollín a bañeira, toda a roupa suxa... Dirime crema hidratante na cara e laveime os dentes. Gardei o cepillos e a pasta. Collín o reloxo, a pulseira e os aneis. Púxenmos, era bastante tarde, tiña que apurar.
Corrín para a cociña. Fixen o almorzo. Almorcei. Freguei. Deixeille a nota a Carmen dicíndolle que me fixera de xantar o que ela quixera, que me daba igual. Gracias. Dei xeille cartos tamén para a compra. Lavei os dentes outra vez. Apaguei todo. Collín o maletín e o chaquetón. Pechei a porta. Baixei as escaleiras. Atravesei polo xardín. Abrín o garaxe. Saíu Iz correndo, brincando e ladrando. Tiña gañas de xogar. Acariñeino e abrín a porta do coche. Saín e pechei o portal, non quería que ningún veciño se levara un susto con lz, aínda que era un can moi bo, ladraba aberto cando cheiraba a alguén descoñecido. Acendín a radio para non pensar. Iso, para non pensar.
...«Welcome to the Hotel California. Such a lovely place (such a lovely face)...»
Piso un pouco o acelerador, agora xa estou mellor de tempo, cambeo as marchas, poño o intermitente... Ás veces creo que todos os días topo coa mesma xente meti da nos seus mesmos coches. Acendín a calefacción. Este inverno la acabar comigo, métese o frío nos ósos e o peor non é ¡so, o peor é que tamén se me mete o inverno no corazón, está xeado, bloque de duro xeo, inaccesible, frío, escurridizo... Aínda faltaba para o amencer. Aquí os amenceres son tan fermosos. O sol nace entre os montes, dache de cheo nos ollos, cégate uns segundos, medra e medra, sube... e despois morre. Pero os solpores xa son outras historias que algún día contarei. Agora tiña garda ¿non? Esperemos que falte alguén porque boxe non me quero quedar cos meus compañeiros. Despois exame cos de C.O.U. ¿Pasariame? «... you can check out any time you like, but you can never leave.»
Eles sempre me din que ¡les pido de mais. Canto máis lle pida máis dan e despois todo lles parece moi sinxelo. Freo un pouco, poñó o intermitente. Cos que me río é coa clase de segundo. Onte mandeilles que me fixeran unha poesía. ¡Nin que lles pedira a lúa! A ver que me traen hoxe, non se¡ por que teño a impresión que me vou levar unha sopresa. Sa cheguei, freo, apago, saco o cinto, collo as cousas, pecho o coche e camiño firme cara a sá de profesores ¡Bos días! Bos días. Alí estaba María; achegue¡me, ofrecínlle un pito. Colleuno, acendeuno e acendeume o meu. Que tal hoxe. Ben, e tí.
-Teño dous exames. Agora, a segunda cos de COU. Téñenme tola, non paran de protestar. Ah.... ¿e tí atopache piso?
-Non, aínda non. Fun buscar onte. Había un moi preto pero ...¡o precio! Ademáis tiña moitísima humidade. ¿E tí? -díxome coa voz nun fío, nerviosa-. ¿Como estás? ¿Acostúmaste?
-Sí. Sí. Non a mire¡ ós ollos. Púxenme o pelo mollado por tras da orella e tireille unha boa calada ó pito. Para cambiar de tema pedinlle o xornal. Deumo e sumerxinme de cheo nel. A verdade estaba tan deprimente coma de costume «Morren tres persoas o estalar unha granada». «Un psicópata mata trece nenos en Sudáfrica»... Embutinme coas noticias. Comencei a pensar outra vez. A vida. Cando ía en COU o que máis desexaba por riba de ir estudiar a Santiago era estar onde estou agora. A carreira rematada, un traballo, unha casiña preto do mar, un coche, un can... e alguén que me quera ó meu carón... xa se¡ que a casa é de aluguer e aínda estou pagando as letras do coche, pero era o meu soño. E os soños non saben de letras. Tanto esperar e agora que case o teño, son moi feliz. Case real, «...alguén que me...» ¡O timbre! Parece como se a miña vida transcurrise entre uns sons moi agudos e insoportables, que se empeñan en espertarme das miñas ensoñacións. Corrín cara a aula. Estaban colocando as mesas, as últimas olladas os apuntes... Bos días. Non vos preocupedes que é moi fácil.