Centro de Documentación da AELG
Muller pra lonxe: 1955-1985 - Escolma. "ANDAS as ruas coma se fora a praia..."
Novoneyra, Uxío
m1unovoneyramullerpralonxe001.html

ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller para lonxe
pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario

chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair


                                                            1969