AS aves da tua
morte foron os muricegos que non vira en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!
Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros paxariños
mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.
Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorza ó decorrer polo pranto baixiño.
E nin inda agora nin para ti teño outra voz.
10
noite
10/10/67