Centro de Documentación da AELG
A história xamáis contada de Brancaneves e o Rei Artur - Outra parte de A historia xamáis contada de Brancaneves e o Rei Artur
Rábade, Tino

para proseguir a busca do Graal. Sen eles tampouco podía loitar contra a Raíña. Pero agora estamos nós... e ademais ¡Temos que salvar a Brancaneves!
GRUÑÓN.- E ti que tanto falas do Graal ¿rías de nós porque andamos a buscar a Pedra Misteriosa? E non sei como vas atopar ese Graal se non tes cabaleiros...
ZAPATEIRO.- (Retranqueiro) Si, polo visto só dispoño dalgúns arianos...
GRUÑÓN.- ¡Es moi simpático!
SABIO.- (Solemne) Pero contas tamén co poder que che outorga a sabedoría dos nosos antergos.                    TRAAMUNDA.- (Tamén solemne) ¡Iso!
ZAPATEIRO.- Desde logo, non hai moito onde escoller... Mocoso.- (Esbirra) Non contes comigo. Estas cousas danme frío.
SABIO.- ¡Está ben! Deixemos as discusións. (Ao Zapateiro) ¿É certo que ti es Artur, o noso rei lexítimo?             ZAPATEIRO.- É certo.
TRAAMUNDA.- Iso po... podemos sa... sabelo axiña. (Estende os brazos e o bastón cara ao Zapateiro para facer un esconxuro) ¡Eu invócote, Rei Artur! ¡Se estás no corpo deste home manifesta a túa presencia!
(Fica todo escuro. Entre lóstregos e luces de cores, prodúcese un grande balbordo)
CHORóN.- ¡Que medo! ¡Non vexo nada!
FELIZ.- ¡Que lindo! Son foguetes.
GRUÑÓN.- Ti es parvo. Estragáronse os fusibles e por cima temos treboada.
MOCOSO.- (Esbirra) ¡E a min que me senta tan mal a humidade!
SABIO.- ¡Calade e tede móis respecto! Son as forzas da natureza desencadeadas polo encantamento da feiticeira.
DORMIDOR.- Xa é noite, ¿cando nos imos deitar?
(cando volve a luz, o Zapateiro aparece ataviada como un rei. O seu porte e ademáns son agora os de Artur)
TODOS.- ¡Ooooh!
SABIO.- ¡Era verdade o que; dicía a lenda!
TRAAMUNDA.- Pois claro que era. ¿Que pensabas? Son unha profesional dos encantamentos.                               GRUÑÓN.- Non sei... non sei... Poderla ser un disfrace.
TRAAMUNDA.- Po... pois agora esco... coita atentamente o que che vou dicir, Artur. Eu ta ... tamén son ví... víctima de un fe... feitizo de Morgana. Ela era a mi... mija rival. As dilas pre... pretendiamos co... conquistar ao bo mozo que... que era Merlín. Pero se... será mellor que cho co... conte o a... anano Sabio.
SABIO.- Un día moi fermoso, cando saiamos para o traballo, atopamos na porta unha cesta cun bebé. As súas roupas brancas brillaban ao sol como a neve. Era unha nena e por iso chamámoslle Brancaneves. Ao medrar comprobamos que era tan boa e inocente como a roupa que leva posta sempre. É unha nena coa alma branca e pura como a mesma neve.
ARTUR.- Certo.
SABIO.- Cando a túa madrasta casou co Rei os cartos non chegaban a nada e houbo moitas discusión con Gruñón. E as cousas foron aínda peor cando o Rei morreu. A Raíña fíxose co poder en Ofiusa e a súa cobiza