Punki 2 .- E canelo estabamos no talego dixeron que se queríamos sair antes, porque non deixabamos que os doctores aqueles fixeran experimentos connosco... ¡Pois por aí vai o rollo, colega! Que tampouco ¡les servimos para moito máis ca os homúnculos eses. ¿Por qué pensas que nos mandan ós Cabezas Rapadas para que acaben coa escoria punki? 0 cole. Lia que me pasou esta información en vídeo dixo que ia darme outro, se o conseguía, no que falan destas cousas...
Punki 1 .- ¿E quen é ese colega, ti'?
Punki 2 .- ¿Estás tolo? Non podo dicilo. Estas cousas son moi secretas. Proceden dos arquivos de extremistas...
Punki 1 .- ¿Lembras qué pasou cando nos fixeron os experimentos?
Punki 2 .- ¡De ningún xeito! Se estabamos palló . Oes, pásame algo de merda, para Pacerme un canuto.
Punki 1 .- ¡Que vale cartos, ti! Xa podías traer algunha libra para beber unha cebada.., E mellor unha litrona.
(Pásalle o haxixe ó outro).
Punki 2 .- Non me saen ben as cousas nos últimos tempos... Oes, que dixeron o outro dia pola tele que fabrican homes iguais, coma xemelgos, pero cantidá. Chámanlles atónicos,.,
Punki 1 .- Si. E tamén os outros... Punki 2 .- ¿Que outros?
Punki 1 .- Pois eses... ¿Como se chaman? Son coma robots, pero a pasta é humana, de carne, ¿sabes?
Punki 2 .- ¿Coma os dos comias? Pero iso somentes sae en "El Víbora", tío. Que non é de veras.
Punki 1 .- ¿E tódolos tíos eses que desaparecen? Punki 2 .- ¿Cales?
(Lía o canuto)
Punki 1 .- ¡Pero ti non te enteras, tío! Eses que veñen nos xornáis, nas revistas, na tele... Non se sabe quen os leva e non volven aparecer por ningures.
Punki 2 .- Pero iso vai de OVNls, ¿non?
Punki 1 .- ¡E eu que sei! Algúns din que é iso... Pero outros din que non son extraterrestres.