Da seguinte vez que a vexo, pregúntolle como se sentiu despois daquel xantar.
Ela dime que tamén notou moita enerxía, que chegou á casa e que se puxo a bailar.
Que aquela tarde sentiu a música mesmamente no sangue.
Que a música lle ía percorrendo os brazos, as pernas..., o corpo todo.
E que berrou mentres bailaba.