A noite de maio xa chegou ao terceiro andar daquel vello edificio da rúa Marqués de Barberá. Chegou ao cuarto coas paredes mal pintadas de branco.
E a Eva vaime pedir que ispa o seu corpo.
Fágoo.
Ela está de pé e eu voume movendo moi amodo, arriba e abaixo, bicando o seu corpo que vai quedando sen as pezas de vestir, cada vez máis nu.
Encántame cando lle vou baixando a braga, que eu estou agachado diante dela, e as miñas mans, ao mesmo tempo que a peza, escorregan polas súas pernas abaixo.
A Eva move os pés para se liberar da braga; hai unha timidez tenra nos seus movementos.
Olla para min, a sorrir.
E despois tamén vai querer que eu me ispa, que descubra eu mesmo, diante dela, a miña excitación.