Centro de Documentación da AELG
Bibliografía do autor
Autores/as relacionados/as:
Santiago Prol (Maceda, 1960) e mestre e investigador. Autor do poemario Alga e fungo (1999) e colaborador da revista poética universitaria Dorna dende 1982. Como investigador e autor do ensaio João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal (Deputación de Ourense, 2002), Conversas con Francisco Carballo (ANT, 2002) coautor con Xan Carballa] , 10 anos de imprensa comunista galega (Abrente Editora, 2005) [libro colectivo], Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República (Grupo Academia Postal, 2006), Benigno Álvarez, un comunista no Galiza dos anos 30 (ANT, 2008), Nobres vencellados ao Castelo de Maceda (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2009), As caras do Entroido ourensán (Deputación de Ourense, 2009) [libro colectivo] e de diversos traballos sobre outros fillos sobranceiros de Maceda [Quiroga Palacios, Manuel Vidal, Gómez Gayoso, García Mosquera, Iáñez de Nóvoa, Xoán Babarro, Paco Nóvoa, Ramón Caride, Bieito Seara...] dende comezos da década dos noventa do século pasado en A Nosa Historia, Encrucillada, Auria, Vianova, Abrente, Alcatruz e nos xomais La Región, La Voz de Galicia e no semanario A Nosa Terra. Como animador cultural comisariou as exposicións Benigno Álvarez, a mirada de transparencias cordiais (1997), Exposición fotográfica e documental no centenario do nacemento de Quiroga Palacios en Maceda (2000) e a permanente João da Nova, O descubridor galego do século XVI (2002). Ten impartido conferencias sobre os grandes de Maceda en diversos foros, programas monográficos (RNE en Galicia, Radio Galega, Radio Euskadi ...) e asinado traballos a prol da recuperación do Felo, a máscara tradicional do Entroido na contorna de Maceda.